Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33681

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2014 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000,00 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 27 de marzo de 2014, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000,00 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes). As ditas bases foron publicadas mediante Resolución do 26 de maio de 2014 (DOG núm. 103, do 2 de xuño).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Téndose ratificado con data do 8 de xullo de 2014 a adhesión da entidade financeira Bankia, S.A., cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Bankia, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000,00 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), asinado o 26 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica