Advertidos erros no Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, publicado no Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio de 2014, procédese a efectuar as oportunas rectificacións:
– Na páxina 20587, no artigo 28.1, onde di: «no rexistro da xefatura territorial da consellería competente en materia de montes que corresponda», debe dicir: «no rexistro da delegación territorial da Xunta de Galicia que corresponda».
– O anexo II (nas páxinas 20613 e 20614), o anexo III (nas páxinas 20615, 20616 e 20617), o anexo IV (nas páxinas 20618, 20619 e 20620), o anexo VI (nas páxinas 20637 e 20638), o anexo VII (nas páxinas 20639 e 20640), o anexo VIII (nas páxinas 20641, 20642 e 20643), o anexo IX (nas páxinas 20644 e 20645) e o anexo X (nas páxinas 20646 e 20647) deben substituírse polos seguintes: