Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2014/036-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/036-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación de LMT, CT Leboráns, expediente D.I.: 13.207.

Situación: concello de Ames.

Características técnicas:

Adecuación da liña de media tensión aérea a CT Leboráns, a 20 kV, cunha lonxitude de 278 m, coa orixe no apoio nº 53/8 existente de LMTA. NEG-805 Santiago 5, en condutor LA-56/54,6 mm2, e final no CT Leboráns (expediente 13.207).

Adecuación do centro de transformación en edificio non prefabricado CT Leboráns, aumento de potencia a 100 kVA con relación de transformación de 20.000/400/230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

P.A.
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial