Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34802

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014/15.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ordena un sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que poida responder con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, na súa alínea terceira do artigo único, introduce a alínea 10 no artigo 3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e crea os ciclos de formación profesional básica, con indicación de que serán de oferta obrigatoria e carácter gratuíto.

Así mesmo, na alínea trinta e tres e seguintes da Lei orgánica 8/2013, modifícase a Lei orgánica 2/2006, incluíndo os ciclos formativos dentro da formación profesional do sistema educativo, como medida para facilitar a permanencia dos alumnos e as alumnas no sistema educativo e ofrecerlles maiores posibilidades para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Na disposición derradeira quinta (calendario de implantación) da Lei orgánica 8/2013, na alínea 4, establécese que os ciclos de formación profesional básica substituirán progresivamente os programas de cualificación profesional inicial. O primeiro curso dos ciclos de formación profesional básica implantarase no curso escolar 2014/15, no cal se suprimirá a oferta de primeiro curso dos programas de cualificación profesional inicial.

De acordo co artigo 7 do Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, se aproban catorce títulos profesionais básicos, se fixan os seus currículos básicos e se modifica o Real decreto 1850/2009, do 4 de decembro, sobre expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os títulos profesionais básicos terán a mesma estrutura que o resto dos títulos das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.

Ademais dos catorce títulos aprobados polo citado Real decreto 127/2014, no Real decreto 356/2014, do 16 de maio, adicionalmente, establécense sete títulos de formación profesional básica do catálogo de títulos das ensinanzas de formación profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, establece a estrutura, a organización e a regulamentación xeral da formación profesional do sistema educativo, e as directrices que deben cumprir os currículos dos ciclos formativos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e autoriza a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do disposto nel.

Así mesmo, co obxectivo de establecer os currículos dos ciclos da formación profesional básica e aspectos específicos destas ensinanzas, estase a tramitar o decreto que desenvolve a súa concreción para Galicia. Logo de sometido o texto do decreto aos preceptivos trámites de exposición pública para posibles achegas e tendo recibido o informe dos correspondentes órganos de participación e consulta no ámbito educativo, é preciso, para garantir o cumprimento do calendario de implantación establecido na disposición derradeira quinta da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, ditar esta orde, que ten por obxecto regular aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014/15.

Nesta orde faise unha translación literal daqueles preceptos do decreto en trámite necesarios para a implantación do primeiro curso das ensinanzas de formación profesional básica, incluíndo xa as achegas realizadas no iter procedemental do decreto por parte tanto das persoas e das entidades interesadas como dos órganos de participación e consulta.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

CAPÍTULO I
Aspectos xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto regular aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014/15.

2. Será de aplicación nos centros docentes públicos e privados do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional básica.

Artigo 2. Finalidade e obxectivos da formación profesional básica

Ademais dos fins e os obxectivos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos profesionais básicos, segundo o artigo 40.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, contribuirán, ademais, a que o alumnado adquira ou complete as competencias da aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo.

Artigo 3. Persoas destinatarias da oferta obrigatoria das ensinanzas de formación profesional básica

A oferta obrigatoria dos ciclos formativos de formación profesional básica está destinada ao alumnado escolarizado que cumpra os requisitos de acceso a estas ensinanzas, regulados no artigo 15 do Real decreto 127/2014, e cuxo grao de adquisición das competencias non sexa o adecuado para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e, a pesar disto, sexa o adecuado para que poida alcanzar o título profesional básico.

CAPÍTULO II
Organización das ensinanzas

Artigo 4. Ordenación das ensinanzas de formación profesional básica

As ensinanzas de formación profesional básica forman parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénanse en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.

A duración dos ciclos formativos de formación profesional básica será de 2.000 horas, equivalentes a dous cursos académicos a tempo completo.

Artigo 5. Tipos de módulos profesionais

Os ciclos formativos de formación profesional básica incluirán os seguintes módulos profesionais:

a) Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

b) Módulos asociados aos bloques comúns establecidos no artigo 42.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, que garantirán a adquisición das competencias da aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo:

b.1) Módulo de Comunicación e sociedade I, e módulo de Comunicación e sociedade II, nos cales se desenvolven competencias do bloque común de Comunicación e ciencias sociais, que abranguen as seguintes materias:

1ª) Lingua galega.

2ª) Lingua castelá.

3ª) Lingua estranxeira.

4ª) Ciencias sociais.

b.2) Módulo de Ciencias aplicadas I e módulo de Ciencias aplicadas II, nos cales se desenvolven competencias das materias do bloque común de Ciencias aplicadas, que abrangue as seguintes materias:

1ª) Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.

2ª) Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.

c) Módulo de formación en centros de traballo.

Artigo 6. Titoría e orientación

1. A acción titorial e a orientación académica e profesional terán un papel significativo en cada un dos cursos para guiar o alumnado na transición ao mundo laboral ou académico, así como nos plans de acollemento no centro.

2. Cada grupo de formación profesional básica contará cunha titoría de, polo menos, unha hora lectiva semanal en cada curso.

3. A persoa titular da dirección do centro designará entre o profesorado que imparta docencia no grupo de alumnos ou alumnas un titor ou unha titora, que se encargará da orientación académica e profesional do alumnado e realizará as funcións establecidas no artigo 59.1 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

4. No plan de acción titorial do centro deseñaranse actividades específicas para o alumnado dos ciclos de formación profesional básica. Estas actividades centraranse fundamentalmente nos seguintes aspectos:

a) Técnicas de estudo e organización do traballo.

b) Resolución de conflitos.

c) Fomento da responsabilidade individual e da autoestima.

d) Habilidades comunicativas.

e) Traballo en grupo.

f) Destrezas que permitan programar e xestionar o futuro educativo e profesional.

g) Información e orientación que garantan ao alumnado unha adecuada toma de decisións sobre o seu itinerario educativo e profesional ao termo do ciclo de formación profesional básica.

5. A titoría contará con especial colaboración e asesoramento dos departamentos de Orientación ou de Información e Orientación Profesional dos centros integrados de formación profesional. Deberase contar coa participación do orientador ou da orientadora dentro da aula naquelas actividades que así veñan determinadas no plan de acción titorial. De igual xeito, a dirección do centro poderá propor a participación doutro profesorado na acción titorial.

6. Se nos departamentos de Orientación ou de Información e Orientación Profesional está incorporado/a algún profesor ou algunha profesora que impartan a área de formación e orientación laboral nos ciclos de formación profesional de grao medio ou de grao superior, desenvolverán como membros do Departamento de Orientación as funcións recollidas no artigo 22 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, especialmente no relativo ao marco legal de traballo e das relacións laborais, os procedementos de inserción profesional e os recursos profesionais e laborais existentes.

7. No caso de alumnado que no curso previo non estivese escolarizado, o Departamento de Orientación ou, de ser o caso, o de Información e Orientación Profesional reunirán toda a información salientable do último centro onde estivese escolarizado.

Artigo 7. Distribución por cursos dos módulos profesionais

1. Os módulos profesionais que forman as ensinanzas de cada un dos ciclos formativos de formación profesional básica organizaranse en dous cursos académicos, respectando a distribución para o primeiro dos cursos e a duración do anexo II.

2. Sen prexuízo do establecido no anexo II e no calendario escolar do curso académico 2014/15, respectando a distribución dos módulos profesionais para o primeiro dos cursos, o centro educativo, no exercicio da súa autonomía, determinará a distribución horaria semanal dos módulos profesionais e da titoría. O centro poderá dispor de ata un 10 % da carga horaria anual do ciclo formativo, sempre e cando a duración de cada módulo non se modifique en máis dun 25 % e non sexa inferior á establecida no real decreto polo que se establece o currículo básico do título.

3. No período en que se curse o módulo de formación en centros de traballo, observarase o horario laboral establecido no convenio colectivo ou na normativa laboral aplicable á empresa en que se realice.

Artigo 8. Oferta educativa

A consellería con competencias en educación establecerá a oferta dos ciclos de formación profesional básica para o curso 2014/15.

Artigo 9. Organización das ensinanzas en dous centros

1. Atendendo ás características dos centros educativos, poderase organizar a docencia de cada ciclo formativo de forma compartida entre dous centros, de maneira que os módulos asociados a unidades de competencia se impartan nun centro, que será o centro de referencia, e o resto dos módulos noutro centro, que será o centro asociado.

2. O alumnado pertencerá, para os efectos académicos e administrativos, ao centro de referencia.

3. A dirección do centro de referencia establecerá coa dirección do centro asociado, baixo a supervisión da inspección educativa, o procedemento para a planificación das ensinanzas e a coordinación do equipo docente do grupo.

CAPÍTULO III
Ordenación académica das ensinanzas

Artigo 10. Currículo dos ciclos formativos

En canto que non se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia os currículos básicos regulados no Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, e no Real decreto 356/2014, do 16 de maio, para cada un dos títulos de formación profesional básica, os centros educativos desenvolverán o currículo dos ciclos formativos con base no establecido no anexo I para o módulo de Comunicación e sociedade I e para o módulo de Ciencias aplicadas I, e para o resto de módulos nos anexos dos citados reais decretos.

Artigo 11. Programacións

Os centros educativos desenvolverán o currículo dos ciclos formativos da formación profesional básica mediante a elaboración das correspondentes programacións para cada módulo profesional, segundo o artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Artigo 12. Unidade formativa de Seguridade e saúde laboral

Os resultados de aprendizaxe e os contidos relativos aos riscos específicos e ás medidas de prevención nas actividades profesionais correspondentes ao perfil profesional de cada título profesional básico, que os alumnos e as alumnas deberán adquirir con anterioridade ao comezo do módulo de Formación en centros de traballo, serán os da unidade formativa de Seguridade e saúde laboral do anexo IV. Para estes efectos, a dirección do centro educativo, en función da dispoñibilidade de recursos, determinará en que módulo profesional se imparte esta unidade formativa, que será certificable pero non avaliable.

Artigo 13. Matrícula

1. A matrícula realizarase para cada un dos cursos en que se organicen as ensinanzas que conforman o ciclo formativo.

2. Os traslados de matrícula na formación profesional básica rexeranse polo capítulo V da Orde do 12 de xullo de 2011.

Artigo 14. Avaliación

Con carácter xeral, na avaliación e no desenvolvemento dos procesos de avaliación nas ensinanzas de formación profesional básica observarase o establecido nos capítulos VIII, IX e X da Orde do 12 de xullo de 2011 e, en particular:

a) A avaliación dos alumnos e as alumnas dos ciclos de formación profesional básica terá carácter continuo, formativo e integrador, permitirá orientar as súas aprendizaxes e as programacións educativas e realizarase por módulos profesionais.

b) O alumnado matriculado nun centro terá dereito a un máximo de dúas convocatorias anuais en cada un dos catro anos en que pode estar a cursar estas ensinanzas para superar os módulos en que estea matriculado, excepto o módulo de formación en centros de traballo, que poderá ser obxecto de avaliación unicamente en dúas convocatorias.

c) Os alumnos e as alumnas, sen superaren o prazo máximo establecido de permanencia, poderán repetir cada curso unha soa vez como máximo, aínda que, excepcionalmente, poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo do informe favorable do equipo docente.

d) A avaliación estará adaptada ás necesidades e á evolución dos alumnos e as alumnas, nomeadamente no caso de persoas en situación de discapacidade, para as cales se incluirán medidas de accesibilidade que garantan unha participación non discriminatoria nas probas de avaliación.

A perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo regulado no artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011 non será de aplicación ao alumnado de ciclos de formación profesional básica.

Artigo 15. Certificación e acreditación da formación

Con carácter xeral, en materia de certificación e acreditación da formación académica observarase o establecido no capítulo XII da Orde do 12 de xullo de 2011.

Artigo 16. Reclamación contra as cualificacións

Regularase segundo o establecido no capítulo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011.

Artigo 17. Validacións e exencións

1. Aplicarase a normativa vixente en materia de validación e exención de módulos profesionais incluídos nos títulos profesionais básicos, nas condicións e mediante os procedementos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia.

2. Segundo o artigo 19 do Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, o alumnado matriculado nun ciclo de formación básica que cursase previamente un programa de cualificación profesional inicial poderá solicitar a validación:

a) Do módulo profesional de Ciencias aplicadas I, se superou os módulos formativos obrigatorios do ámbito científico-tecnolóxico.

b) Do módulo profesional de Comunicación e sociedade I, se superou os módulos formativos obrigatorios do ámbito de comunicación e do ámbito social, e un módulo de lingua estranxeira que fose establecido pola consellería con competencias en educación ou ben de oferta dos centros, no ámbito das súas competencias.

As solicitudes de validacións destes dous módulos dirixiranse á dirección do centro educativo e serán remitidas polo centro á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que resolverá segundo proceda.

CAPÍTULO IV
Alumnado con necesidades educativas especiais

Artigo 18. Escolarización

O alumnado con necesidades educativas especiais que curse un ciclo formativo da formación profesional básica incorporarase, con carácter xeral, co resto do alumnado matriculado no programa.

Artigo 19. Flexibilización modular

1. Cando as necesidades de apoio específico así o xustifiquen, este alumnado poderá ser autorizado para cursar os módulos do ciclo formativo, mantendo a carga semanal prevista con carácter xeral para cada curso académico:

a) Cunha temporalización e distribución por cursos distinta á establecida con carácter xeral.

b) Excepcionalmente, de xeito fragmentado por cursos cunha ampliación a dous ou a tres anos.

2. O procedemento de solicitude de flexibilización modular será o seguinte:

a) Logo de comezado o curso académico e realizada a sesión de avaliación inicial, a dirección do centro presentará a oportuna solicitude no servizo territorial de Inspección Educativa correspondente para que se emita informe ao respecto. Á solicitude deberáselle achegar a seguinte documentación:

1º. Informe que xustifique a necesidade da medida, elaborado polo Departamento de Orientación ou polo Departamento de Información e Orientación Profesional en colaboración co profesor ou a profesora que exerzan a titoría.

2º. Conformidade expresa do pai e da nai, ou de quen teña asignada a representación legal do alumno ou da alumna, en caso de ser menor de idade, ou a súa propia, se é maior de idade.

3º. Fotocopia compulsada do expediente académico.

4º. Proposta da nova distribución horaria para cursar as ensinanzas, no caso dunha temporalización e distribución distinta á xeral, ou proposta de desenvolvemento curricular de cada módulo en máis dun ano, no caso da fragmentación por cursos e, de ser o caso, de medidas de reforzo educativo ou de adaptación do currículo dentro dos límites previstos na normativa vixente.

b) O servizo territorial de Inspección Educativa remitirá toda a documentación, xunto co seu informe, ao xefe ou á xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a quen lle corresponderá a autorización ou denegación da flexibilización.

Por iniciativa tanto do servizo territorial de Inspección Educativa como da xefatura territorial, poderáselle requirir ao equipo de orientación específico a elaboración dun informe complementario ao respecto.

3. O prazo para presentar as solicitudes de flexibilización perante o servizo territorial de Inspección Educativa será ata o 31 de outubro de cada curso académico.

A resolución da autorización da flexibilización comunicarase ao centro no prazo dun mes, para a súa comunicación á persoa interesada.

4. Para os efectos de rexistro nas actas de avaliación, o alumnado autorizado para flexibilizar o período de escolarización para a realización do programa será cualificado con PC (pendente de cualificar) nos módulos en que non corresponda a súa cualificación.

Artigo 20. Programas formativos de formación profesional básica

1. Os alumnos e as alumnas con necesidades educativas especiais poderán cursar programas formativos adaptados ás súas necesidades que lles permitan dar continuidade á súa traxectoria académica ou profesional, nos centros educativos que a consellería con competencias en educación autorice.

2. Os programas formativos terán unha duración dun curso académico.

3. Estes programas inclúen módulos profesionais de títulos profesionais básicos e outros módulos de formación apropiados para a adaptación ás súas necesidades. Esta formación complementaria seguirá a estrutura modular e os seus obxectivos estarán definidos en resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos.

4. Os programas formativos incluirán os seguintes módulos profesionais de títulos profesionais básicos:

a) Módulos asociados ao bloque común: Comunicación e sociedade I, e Ciencias aplicadas I.

b) Módulos asociados a unidades de competencia recollidos no anexo III para cada un dos programas.

5. A duración mínima de cada un dos módulos será a establecida nos currículos básicos establecidos no Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, e no Real decreto 356/2014, do 16 de maio.

6. Os centros educativos autorizados para impartir programas formativos poderán solicitar á consellería con competencias en educación a inclusión doutros módulos para o curso 2014/15, antes do 15 de setembro de 2014.

7. Así mesmo, os programas formativos incluirán a unidade formativa de Formación en centros de traballo. Esta unidade formativa incluirá soamente os resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación do módulo profesional de formación en centros de traballo do título profesional básico correspondente que estean asociados aos resultados de aprendizaxe dos módulos incluídos no programa formativo.

A duración mínima da unidade formativa de Formación en centros de traballo será de 160 horas.

8. Ao alumnado matriculado en programas formativos seralle de aplicación a flexibilización modular regulada no artigo 19.

9. Nos módulos asociados aos bloques comúns poderanse establecer as adaptacións curriculares necesarias para atender as necesidades educativas dun alumno ou dunha alumna.

10. Aos programas formativos de formación profesional básica seralles de aplicación o regulado no capítulo III desta orde.

CAPÍTULO V
Profesorado

Artigo 21. Profesorado

1. En materia de docencia nos módulos profesionais observarase o establecido no artigo 20 do Real decreto 127/2014.

2. No caso de que o módulo profesional de Comunicación e sociedade I ou o módulo profesional de Comunicación e sociedade II sexan impartidos por un profesor ou unha profesora dunha especialidade diferente á que é propia da Lingua inglesa, deberá acreditar, polo menos, o nivel B2 nesta lingua do Marco común europeo de referencia para as linguas.

A parte do currículo correspondente a Lingua inglesa poderá ser impartida, como unha unidade formativa independente, por profesorado da especialidade de Inglés, nas seguintes condicións:

a) A unidade formativa de Comunicación en lingua inglesa terá unha carga horaria de 59 horas no módulo de Comunicación e sociedade I.

b) A programación da unidade formativa deberá realizarse de forma coordinada co profesorado encargado da docencia do resto do módulo, manterá o principio globalizador destas ensinanzas e deberá garantir a adquisición do conxunto de resultados de aprendizaxe do módulo.

3. Procurarase que o número de profesores e profesoras que impartan docencia nun mesmo grupo de formación profesional básica sexa o máis reducido posible, respectando os elementos educativos e o horario do conxunto dos módulos profesionais incluídos no título.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e a Secretaría Xeral Técnica para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Currículo dos módulos asociados aos bloques comúns de primeiro curso
de ciclos de formación profesional básica

1.1. Módulo profesional: Comunicación e sociedade I.

• Código: MP3011.

• Duración: 206 horas.

1.1.1. Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá I.

• Código: MP3011_13.

• Duración: 88 horas.

1.1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral en lingua galega e en lingua castelá, aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición e as normas lingüísticas básicas.

– CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais.

– CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral.

– CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións.

– CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua, así como as normas lingüísticas, na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero.

– CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución.

• RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos breves seleccionados estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo.

– CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade.

– CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos.

– CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discriminatorios desde a perspectiva de xénero.

– CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformuláronse as conclusións obtidas.

– CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñecendo usos e niveis da lingua e pautas de elaboración.

– CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso.

– CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título.

– CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escritos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformulación das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comunicación escrita.

– CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario adecuado ao contexto.

– CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas.

• RA3. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura castelá anteriores ao século XIX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA3.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua castelá no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA3.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA3.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA3.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua castelá a partir de textos literarios.

• RA4. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura en lingua galega anteriores ao século XX, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal.

– CA4.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua galega no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas.

– CA4.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumentos protocolizados de recollida de información.

– CA4.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais.

– CA4.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos.

– CA4.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da literatura en lingua galega a partir de textos literarios.

• RA5. Coñece a formación da lingua galega e da lingua castelá e as distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas, sendo consciente da necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo.

– CA5.1. Analizáronse as características de formación da lingua galega e da lingua castelá.

– CA5.2. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá anteriores ao século XX.

– CA5.3. Analizáronse os fenómenos de contacto de linguas, atendendo a situacións de bilingüismo, diglosia, interferencias e conflito lingüístico.

– CA5.4. Valorouse a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos.

1.1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá.

• Textos orais.

• Aplicación de escoita activa na comprensión de textos orais.

• Pautas para evitar a disrupción en situacións de comunicación oral.

• Intercambio comunicativo: elementos extralingüísticos da comunicación oral; usos orais informais e formais da lingua; adecuación ao contexto comunicativo.

• Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral. Organización da frase: estruturas gramaticais básicas en lingua galega e en lingua castelá.

• Composicións orais: exposicións orais sinxelas sobre feitos da actualidade; presentacións orais sinxelas; uso de medios de apoio (medios audiovisuais e TIC).

BC2. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá.

• Tipos de textos. Características de textos de propios da vida cotiá e profesional.

• Estratexias de lectura: elementos textuais.

• Pautas para a utilización de dicionarios diversos.

• Estratexias básicas no proceso de composición escrita.

• Presentación de textos escritos en distintos soportes. Aplicación das normas gramaticais e ortográficas en lingua castelá e en lingua galega.

• Textos escritos. Principais conectores textuais en lingua castelá e en lingua galega. Aspectos básicos das formas verbais nos textos, con especial atención ás perífrases verbais, á concordancia e a coherencia temporal e modal. Funcións substantiva, adxectiva e adverbial do verbo. Sintaxe (enunciado, frase e oración; suxeito e predicado; complemento directo, indirecto, de réxime, circunstancial, axente e atributo) Estruturas subordinadas (substantivas, adxectivas e adverbiais).

• Léxico específico da familia profesional do título.

BC3. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX.

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua castelá desde a Idade Media ata o século XVIII.

• Narrativa: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria.

• Poesía: temas e estilos recorrentes segundo a época literaria. Interpretación.

• Teatro: temas e estilos segundo a época literaria.

BC4. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX.

• Pautas para a lectura de fragmentos literarios.

• Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

• Características estilísticas e temáticas da literatura en lingua galega desde a Idade Media ata o século XIX.

• A literatura medieval.

• A literatura dos Séculos Escuros.

• A literatura do século XIX: etapas e obras máis significativas.

BC5. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas.

• A formación da lingua galega e da lingua castelá.

• Características das etapas da historia social da lingua galega e da lingua castelá ata o século XIX.

• Análise dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).

• Adopción de actitudes positivas cara á normalización da lingua galega e coñecemento do proceso.

• Valoración do plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

• Crítica dos prexuízos lingüísticos.

1.1.2. Unidade formativa 2: Comunicación en lingua inglesa I.

• Código: MP3011_23.

• Duración: 59 horas.

1.1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, elaborando presentacións orais de pouca extensión, ben estruturadas, relativas a situacións habituais de comunicación cotiá e frecuente de ámbito persoal, público ou profesional.

– CA1.1. Aplicáronse as estratexias de escoita activa para a comprensión precisa das mensaxes recibidas.

– CA1.2. Identificouse a intención comunicativa básica de mensaxes directas ou recibidas mediante formatos electrónicos, valorando as situacións de comunicación e as súas implicacións no uso do vocabulario empregado.

– CA1.3. Identificouse o sentido global do texto oral que presenta a información de xeito secuenciado e progresivo en situacións habituais frecuentes e de contido predicible.

– CA1.4. Identificáronse trazos fonéticos e de entoación común e evidente que axuden a entender o sentido xeral da mensaxe.

– CA1.5. Realizáronse presentacións orais breves de textos descritivos, narrativos e instrutivos dos ámbitos persoal, público ou profesional, de acordo cun guión sinxelo, aplicando a estrutura de cada tipo de texto e utilizando, de ser o caso, medios informáticos.

– CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas adaptadas a contextos diferentes (formal, non formal e situacións profesionais), e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases e palabras de situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA1.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronuncia comprensible, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes.

– CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

– CA1.9. Identificáronse as normas de relacións sociais básicas e estandarizadas dos países onde se fale a lingua estranxeira.

– CA1.10. Identificáronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

• RA2. Participa en conversas en lingua inglesa utilizando unha linguaxe sinxela e clara en situacións habituais frecuentes dos ámbitos persoal ou profesional, activando estratexias de comunicación básicas.

– CA2.1. Dialogouse, de xeito dirixido e seguindo un guión ben estruturado, utilizando un repertorio memorizado de modelos de oracións e conversas breves e básicas, sobre situacións habituais frecuentes e de contido altamente predicible.

– CA2.2. Mantívose a interacción utilizando estratexias de comunicación sinxelas para amosar o interese e a comprensión.

– CA2.3. Utilizáronse estratexias básicas de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira, como a observación da persoa interlocutora e a procura da súa axuda para facilitar a bidireccionalidade da comunicación.

– CA2.4. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, segundo o propósito comunicativo do texto.

– CA2.5. Expresouse con certa claridade, utilizando unha entoación e unha pronuncia comprensibles, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

• RA3. Elabora textos escritos breves e sinxelos en lingua inglesa, en situacións de comunicacións habituais e frecuentes dos ámbitos persoal, público ou profesional, desenvolvendo estratexias estruturadas de composición, e aplica estratexias de lectura comprensiva.

– CA3.1. Leuse o texto de xeito comprensivo, recoñecendo os seus trazos básicos, o seu contido global, e analizouse a súa intención e o seu contexto.

– CA3.2. Identificáronse as ideas fundamentais e a intención comunicativa básica do texto.

– CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, en situacións habituais frecuentes, de contido moi predicible.

– CA3.4. Completáronse e reorganizáronse frases e oracións, atendendo ao propósito comunicativo e a normas gramaticais básicas.

– CA3.5. Elaboráronse textos breves e adecuados a un propósito comunicativo, seguindo modelos estruturados.

– CA3.6. Utilizouse o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional.

– CA3.7. Amosouse interese pola boa presentación dos textos escritos, respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas, e seguindo sinxelas pautas de revisión.

– CA3.8. Utilizáronse dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos dos procesadores na composición dos textos.

– CA3.9. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación.

1.1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa.

• Ideas principais en chamadas, mensaxes, ordes e indicacións moi claras.

• Descrición xeral de persoas, lugares e obxectos dos ámbitos profesional e público.

• Narración e explicación sobre situacións habituais e frecuentes do presente, do pasado e do futuro.

• Léxico, expresións e frases sinxelas frecuentes para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal ou profesional.

• Recursos gramaticais. Tempos e formas verbais en presente e pasado; verbos principais, modais e auxiliares. Funcións comunicativas asociadas a situacións habituais e frecuentes. Elementos lingüísticos fundamentais. Marcadores do discurso para iniciar, ordenar e finalizar.

• Pronuncia de fonemas ou grupos fónicos de carácter básico que presenten maior dificultade.

• Uso de rexistros axeitados nas relacións sociais.

• Estratexias fundamentais de comprensión e escoita activa.

• Formatos electrónicos máis usuais.

BC2. Participación en conversas en lingua inglesa.

• Estratexias de comprensión e escoita activa para iniciar, manter e rematar a interacción.

• Elaboración de mensaxes e textos sinxelos en lingua inglesa.

• Comprensión da información global e da idea principal de textos básicos cotiáns, dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Léxico frecuente para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás e sinxelas dos ámbitos persoal, público ou profesional.

• Composición de textos escritos moi breves, sinxelos e ben estruturados.

BC3. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa.

• Elementos lingüísticos fundamentais atendendo aos tipos de textos, aos contextos e aos propósitos comunicativos tendo en conta un enfoque centrado no uso da lingua e na súa dimensión social.

• Propiedades básicas do texto.

• Estratexias e técnicas de compresión de lectura.

• Estratexias de planificación e de corrección escrita.

• Estratexias de expresión e de interacción escrita.

• Usos sociais da lingua: información xeral, opinión e valoración.

• Funcións comunicativas máis habituais dos ámbitos persoal, público ou profesional en medios escritos.

• Coherencia espacio-temporal e cohesión a través do uso de recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito.

• Contidos léxico-semánticos sinxelos e básicos da lingua inglesa.

• Tempos e formas verbais. Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

• Estruturas gramaticais básicas.

• A oración simple e a oración composta con and/or/but.

• Dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos.

1.1.3. Unidade formativa 3: Sociedade I.

• Código: MP3011_33.

• Duración: 59 horas.

1.1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Valora a evolución histórica das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga, así como as súas relacións coas paisaxes naturais, analizando os factores e os elementos implicados e desenvolvendo actitudes e valores de aprecio do patrimonio natural e artístico.

– CA1.1. Describíronse mediante a análise de fontes gráficas as principais características dunha paisaxe natural e recoñecéronse esas características no contorno máis próximo.

– CA1.2. Explicáronse a localización, o desprazamento e a adaptación ao medio dos grupos humanos do período da hominización ata o dominio técnico dos metais por parte das principais culturas que o exemplifican.

– CA1.3. Relacionáronse as características dos fitos artísticos máis significativos do período prehistórico coa organización social e co corpo de crenzas e valoráronse as súas diferenzas coas sociedades actuais.

– CA1.4. Valorouse a persistencia destas sociedades nas actuais, en especial, no territorio galego e peninsular, identificando e comparando as súas principais características.

– CA1.5. Discrimináronse as principais características que require a análise das obras arquitectónicas e escultóricas mediante exemplos arquetípicos, diferenciando estilos canónicos.

– CA1.6. Xulgouse o impacto das primeiras sociedades humanas na paisaxe natural, analizando as características das cidades antigas e a súa evolución na actualidade no territorio galego e peninsular.

– CA1.7. Analizouse a persistencia en Galicia, na Península Ibérica e nos territorios extrapeninsulares españois das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga.

– CA1.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA1.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo.

• RA2. Valora a construción do espazo europeo ata as primeiras transformacións industriais das sociedades agrarias, analizando as súas características principais, así como a súa persistencia na sociedade actual e no contorno inmediato.

– CA2.1. Analizouse a transformación do mundo antigo no medieval, recoñecendo a evolución do espazo europeo, as súas relacións co espazo extraeuropeo e as características máis significativas das sociedades medievais en Galicia e en España.

– CA2.2. Valoráronse as características das paisaxes agrarias medievais e a súa persistencia nas sociedades actuais galega e española, identificando os seus elementos principais.

– CA2.3. Valoráronse as consecuencias da construción dos imperios coloniais en América nas culturas autóctonas e nas europeas.

– CA2.4. Analizouse o modelo político e social da monarquía absoluta durante a Idade Moderna nas principais potencias europeas, así como as súas peculiaridades en Galicia e en España.

– CA2.5. Valoráronse os indicadores demográficos básicos das transformacións na poboación europea, española e galega durante o período analizado.

– CA2.6. Describíronse as principais características da análise das obras pictóricas a través do estudo de exemplos arquetípicos das escolas e dos estilos que se suceden en Europa, en España e en Galicia desde o Renacemento ata a irrupción das vangardas históricas.

– CA2.7. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do perfil do título, analizando as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecnolóxicos.

– CA2.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA2.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo en equipo.

1.1.3.2. Contidos básicos.

BC1. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural.

• Paisaxes naturais: aspectos xerais e locais.

• Sociedades prehistóricas.

• Nacemento das cidades: hábitat urbano e a súa evolución; gráficos de representación urbana; sociedades urbanas antigas; cultura grega (extensión, trazos, fitos principais e características esenciais da arte grega); cultura romana (características esenciais da arte romana); sociedades prehistóricas e antigas no territorio galego e peninsular.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (guións, esquemas, resumos, etc); ferramentas sinxelas de localización cronolóxica; vocabulario seleccionado e específico.

BC2. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna.

• Europa medieval: persistencia de usos e costumes (espazo agrario e as súas características); contacto con outras culturas.

• Europa das monarquías absolutas: grandes monarquías europeas (localización e evolución sobre o mapa no contexto europeo); monarquía absoluta en España; evolución do sector produtivo durante o período.

• Colonización de América.

• Galicia na época medieval e moderna.

• Estudo da poboación: evolución demográfica do espazo europeo; comentario de gráficas de poboación (pautas e instrumentos básicos).

• Evolución da arte europea, española e galega das épocas medieval e moderna. Pautas básicas para o comentario de obras pictóricas.

• Tratamento e elaboración de información para as actividades educativas: recursos básicos (resumos, fichas temáticas, biografías, follas de cálculo ou similares, etc); vocabulario específico.

1.1.4. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa capaz de recoñecer as características básicas dos fenómenos relacionados coa actividade humana e mellorar as súas habilidades comunicativas.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra coñecementos básicos relativos a ciencias sociais, lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua inglesa, estará enfocada ao uso de ferramentas básicas da análise textual, á elaboración de información estruturada oral e escrita, á localización espacio-temporal dos fenómenos sociais e culturais, ao respecto pola diversidade de crenzas e ás pautas de relación cotiá en distintas sociedades e grupos humanos, involucrando o alumnado en tarefas significativas que lle permitan traballar de xeito autónomo e en equipo.

Para facilitar a organización dos contidos, este módulo divídese en tres unidades formativas: Comunicación en linguas galega e castelá I, Comunicación en lingua inglesa I, e Sociedade I.

A lingua galega e literatura, e a lingua castelá e literatura abórdanse desde un enfoque comunicativo que xustifica o seu tratamento integrado nunha única unidade formativa. En calquera caso, de acordo coa lexislación vixente, no proceso de ensino e aprendizaxe débense usar ambas as linguas nas destrezas de comprensión e de produción para que o alumnado finalice esta formación sendo competente nas dúas.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo estarán orientadas a:

– Concreción dun plan personalizado de formación que teña como obxectivo lograr a integración do alumnado nas situacións de aprendizaxe propostas, mediante a aplicación de estratexias motivadoras.

– Potenciación da autonomía na execución das actividades e na xestión do seu tempo de aprendizaxe, no ámbito das competencias e dos contidos do ámbito sociolingüístico.

– Realización de dinámicas sobre o desenvolvemento de habilidades sociais que favorezan o asentamento de hábitos de disciplina e de traballo individual e en equipo.

– Uso de estratexias, recursos e fontes de información ao seu alcance, fomentando o uso das TIC, que contribúan á reflexión sobre a valoración da información necesaria para construír explicacións estruturadas da realidade.

– Uso de métodos globalizadores (proxectos, centros de interese, etc.) que permitan a integración do alumnado nas actividades de aprendizaxe, concretado nunha metodoloxía de traballo que os relacione coa actualidade.

– Programación de actividades que se relacionen, sempre que sexa posible, con capacidades que deriven do perfil profesional.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coa aprendizaxe das linguas están relacionadas con:

– Uso da lingua na interpretación e na elaboración de mensaxes sinxelas orais e escritas, mediante o seu uso en distintos tipos de situacións comunicativas e textuais do contorno do alumnado.

– Uso dun vocabulario adecuado ás situacións do seu contorno, que orientará a concreción dos contidos, das actividades e dos exemplos utilizados no módulo.

– Selección e execución de estratexias didácticas que faciliten a autoaprendizaxe e que incorporen o uso da lingua en situacións de comunicación o máis reais posible, utilizando as posibilidades das tecnoloxía da información e da comunicación (correo electrónico, SMS, internet, redes sociais, etc.).

– Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo que permita a integración do alumnado nas actividades educativas con garantía de éxito.

– Apreciación da variedade cultural e de costumes presentes no contorno do alumnado, en relación coas necesidades derivadas do uso da lingua con distintos falantes.

– Desenvolvemento de hábitos de lectura que permitan a satisfacción coa produción literaria mediante o uso de textos seleccionados acordes ás súas necesidades e características.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo en relación coas ciencias sociais están relacionadas con:

– Integración motivadora de saberes que permitan ao alumnado analizar e valorar a diversidade das sociedades humanas.

– Utilización de recursos e fontes de información ao seu alcance para organizar a información que extraia, para favorecer a súa integración no traballo educativo.

– Recoñecemento da pegada do pasado na vida diaria mediante a apreciación da diversidade dos grupos humanos e os seus logros ao longo do tempo.

– Valoración dos problemas do contorno do alumnado a partir da análise da información dispoñible e da formulación de explicacións xustificadas e a reflexión sobre a súa actuación ante estas, en situacións de aprendizaxe pautadas.

– Potenciación das capacidades de observación e criterios para a satisfacción coas expresións artísticas mediante a análise pautada de producións artísticas arquetípicas, apreciando os seus valores estéticos e temáticos.

1.2. Módulo profesional: Ciencias aplicadas I.

• Código: MP3009.

• Duración: 175 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Resolve problemas matemáticos en situacións cotiás, utilizando os elementos básicos da linguaxe matemática e as súas operacións.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de números e utilizáronse para interpretar adecuadamente a información cuantitativa.

– CA1.2. Realizáronse cálculos con eficacia mediante cálculo mental ou mediante algoritmos de lapis e calculadora (física ou informática).

– CA1.3. Utilizáronse as TIC como medio de procura de información.

– CA1.4. Operouse con potencias de expoñente natural e enteiro aplicando as propiedades.

– CA1.5. Utilizouse a notación científica para representar números moi grandes ou moi pequenos e operar con eles.

– CA1.6. Representáronse os números reais sobre a recta numérica.

– CA1.7. Caracterizouse a proporción como expresión matemática.

– CA1.8. Comparáronse magnitudes establecendo o seu tipo de proporcionalidade.

– CA1.9. Utilizouse a regra de tres para resolver problemas en que interveñen magnitudes directamente e inversamente proporcionais.

– CA1.10. Aplicouse o xuro simple e composto en actividades cotiás.

• RA2. Recoñece as instalacións e o material de laboratorio e valóraos como recursos necesarios para a realización das actividades prácticas.

– CA2.1. Identificáronse as técnicas experimentais que se vaian realizar.

– CA2.2. Manipuláronse adecuadamente os materiais instrumentais do laboratorio.

– CA2.3. Tivéronse en conta as condicións de hixiene e seguridade para as técnicas experimentais que se vaian realizar.

• RA3. Identifica propiedades fundamentais da materia nas formas en que se presenta na natureza, manexando as súas magnitudes físicas e as súas unidades fundamentais en unidades de sistema métrico decimal.

– CA3.1. Describíronse as propiedades da materia.

– CA3.2. Practicáronse os cambios de unidades de lonxitude, masa e capacidade.

– CA3.3. Identificouse a equivalencia entre unidades de volume e capacidade.

– CA3.4. Efectuáronse medidas en situacións reais utilizando as unidades do sistema métrico decimal e utilizando a notación científica.

– CA3.5. Identificouse a denominación dos cambios de estado da materia.

– CA3.6. Identificáronse, con exemplos sinxelos, diferentes sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos.

– CA3.7. Identificáronse os estados de agregación en que se presenta a materia e utilizáronse modelos cinéticos para explicar os cambios de estado.

– CA3.8. Identificáronse sistemas materiais en relación co seu estado na natureza.

– CA3.9. Recoñecéronse os estados de agregación dunha substancia dada a súa temperatura de fusión e de ebulición.

– CA3.10. Establecéronse diferenzas entre ebulición e evaporación utilizando exemplos sinxelos.

• RA4. Utiliza o método máis adecuado para a separación de compoñentes de mesturas sinxelas en relación co proceso físico ou químico en que se basea.

– CA4.1. Identificouse e describiuse o que se considera substancia pura e mestura.

– CA4.2. Establecéronse as diferenzas fundamentais entre mesturas e compostos.

– CA4.3. Discrimináronse os procesos físicos e químicos.

– CA4.4. Seleccionáronse, dunha listaxe de substancias, as mesturas, os compostos e os elementos químicos.

– CA4.5. Aplicáronse de xeito práctico diferentes separacións de mesturas por métodos sinxelos.

– CA4.6. Describíronse as características xerais básicas de materiais en relación coas profesións, utilizando as TIC.

– CA4.7. Traballouse en equipo na realización de tarefas.

• RA5. Recoñece como a enerxía está presente nos procesos naturais, describindo fenómenos simples da vida real.

– CA5.1. Identificáronse situacións da vida cotiá en que se pon de manifesto a intervención da enerxía.

– CA5.2. Recoñecéronse diversas fontes de enerxía.

– CA5.3. Establecéronse grupos de fontes de enerxía renovable e non renovable.

– CA5.4. Amosáronse as vantaxes e os inconvenientes (obtención, transporte e utilización) das fontes de enerxía renovables e non renovables, utilizando as TIC.

– CA5.5. Aplicáronse cambios de unidades de enerxía.

– CA5.6. Amosouse, en diferentes sistemas, a conservación da enerxía.

– CA5.7. Describíronse procesos relacionados co mantemento do organismo e da vida en que se aprecia claramente o papel da enerxía.

• RA6. Localiza as estruturas anatómicas básicas discriminando os sistemas ou os aparellos a que pertencen e asociándoos ás funcións que producen no organismo.

– CA6.1. Identificáronse e describíronse os órganos que configuran o corpo humano e asociáronse ao sistema ou ao aparello correspondente.

– CA6.2. Relacionouse cada órgano, sistema e aparello coa súa función e indicáronse as súas asociacións.

– CA6.3. Describiuse a fisioloxía do proceso de nutrición e identificouse a función das estruturas anatómicas dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

– CA6.4. Describiuse a fisioloxía do proceso de reprodución e identificouse a función das estruturas anatómicas do aparello reprodutor.

– CA6.5. Detallouse como funciona o proceso de relación e identificouse a función das estruturas anatómicas dos sistemas nervioso e endócrino.

– CA6.6. Utilizáronse ferramentas informáticas para describir adecuadamente aparellos e sistemas.

• RA7. Diferencia a saúde da doenza, relacionando os hábitos de vida coas doenzas máis frecuentes e recoñecendo os principios básicos de defensa contra elas.

– CA7.1. Identificáronse situacións de saúde e de doenza para as persoas.

– CA7.2. Describíronse os mecanismos encargados da defensa do organismo.

– CA7.3. Identificáronse e clasificáronse as doenzas infecciosas e non infecciosas máis comúns na poboación, e recoñecéronse as súas causas, a súa prevención e os seus tratamentos.

– CA7.4. Relacionáronse os axentes que causan as doenzas infecciosas habituais co contaxio producido.

– CA7.5. Describiuse a acción das vacinas, dos antibióticos e doutras achegas da ciencia médica para o tratamento e a prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.6. Recoñeceuse o papel das campañas de vacinación na prevención de doenzas infecciosas.

– CA7.7. Describiuse o tipo de doazóns e os problemas que se producen nos transplantes.

– CA7.8. Recoñecéronse situacións de risco para a saúde relacionadas co contorno profesional máis próximo.

– CA7.9. Deseñáronse pautas de hábitos saudables relacionados con situacións cotiás.

• RA8. Elabora menús e dietas equilibradas sinxelas diferenciando os nutrientes que conteñen e adaptándoos aos parámetros corporais e a situacións diversas.

– CA8.1. Discriminouse entre o proceso de nutrición e o de alimentación.

– CA8.2. Diferenciáronse os nutrientes necesarios para o mantemento da saúde.

– CA8.3. Recoñeceuse a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico no coidado do corpo humano.

– CA8.4. Relacionáronse as dietas coa saúde, diferenciando entre as necesarias para o mantemento da saúde e as que poden conducir a unha mingua desta.

– CA8.5. Realizouse o cálculo sobre balances calóricos en situacións habituais do contorno.

– CA8.6. Calculouse o metabolismo basal e os seus resultados e representouse nun diagrama establecendo comparacións e conclusións.

– CA8.7. Elaboráronse menús para situacións concretas, investigando na rede as propiedades dos alimentos.

• RA9. Resolve situacións cotiás, utilizando expresións alxébricas sinxelas e aplicando os métodos de resolución máis axeitados.

– CA9.1. Concretáronse propiedades ou relacións de situacións sinxelas mediante expresións alxébricas.

– CA9.2. Simplificáronse expresións alxébricas sinxelas utilizando métodos de desenvolvemento e factorización.

– CA9.3. Resolvéronse problemas da vida cotiá en que cumpra a formulación e a resolución de ecuacións de primeiro grao.

– CA9.4. Resolvéronse problemas sinxelos utilizando métodos gráficos e as TIC.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Resolución de problemas mediante operacións básicas.

• Recoñecemento e diferenciación dos tipos de números. Representación na recta real.

• Utilización da xerarquía das operacións.

• Interpretación e utilización dos números reais e das operacións en diferentes contextos.

• Notación científica. Representación e operacións de suma, resta, multiplicación e división.

• Proporcionalidade directa e inversa. Regra de tres. Comparación de magnitudes.

• As porcentaxes na economía.

• Técnicas de procura de información coas tecnoloxías da información e da comunicación.

BC2. Recoñecemento de materiais e instalacións de laboratorio.

• Normas xerais de traballo no laboratorio.

• Normas de seguridade e hixiene no laboratorio.

• Materiais de laboratorio: tipos e utilidade.

• Técnicas experimentais. Manexo da instrumentación do laboratorio na realización de actividades prácticas.

BC3. Identificación das formas da materia.

• Unidades de lonxitude, capacidade e masa no sistema métrico decimal: cálculos, equivalencias e medidas. Uso da notación científica.

• Materia: propiedades.

• Clasificación da materia segundo o seu estado de agregación e composición.

• Estados de agregación: sólido, líquido e gasoso. Temperatura de fusión e de ebulición.

• Sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos. Estados de agregación dos materiais na natureza.

• Natureza corpuscular da materia. Cambios de estado e modelos cinéticos.

BC4. Separación de mesturas e substancias.

• Substancias puras e mesturas: identificación, descrición e diferenciación.

• Substancias puras: elementos e compostos. Táboa periódica.

• Técnicas básicas de separación de mesturas no laboratorio. Procesos físicos e químicos que interveñen.

• Características básicas dos materiais relacionados co perfil profesional.

• Traballo en equipo: repartición de tarefas, normas, orde e elaboración de informes.

BC5. Recoñecemento da enerxía nos procesos naturais.

• Manifestacións da enerxía na natureza: fontes de enerxía e procesos en que esta intervén.

• Fontes de enerxía renovable e non renovable: identificación. Vantaxes e inconvenientes de cada unha.

• A enerxía na vida cotiá: identificación de situacións próximas.

• Formas de enerxía e a súa transformación. Lei de conservación da enerxía.

• Enerxía, calor e temperatura. Unidades máis habituais do Sistema Internacional.

BC6. Localización de estruturas anatómicas básicas.

• Niveis de organización da materia viva. Órganos, aparellos e sistemas. Relacións entre eles e as súas funcións.

• Fisioloxía do proceso de nutrición: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

• Fisioloxía do proceso de relación: sistemas nervioso e endócrino.

• Fisioloxía do proceso de reprodución: aparello reprodutor e desenvolvemento embrionario.

BC7. Diferenciación entre saúde e doenza.

• Saúde e doenza: concepto e diferenciación.

• Tipos de doenzas: infecciosas e non infecciosas; doenzas de transmisión sexual. Causas, prevención e tratamentos.

• Mecanismos encargados da defensa do organismo. Sistema inmunitario.

• Hixiene e prevención de doenzas. Tratamento fronte ás doenzas infecciosas. Vacinas.

• Transplantes e doazóns.

• Saúde mental: prevención de drogodependencias e de trastornos alimentarios.

• Hábitos de vida saudables relacionados coas doenzas máis frecuentes e con situacións cotiás.

BC8. Elaboración de menús e de dietas.

• Alimentos e nutrientes: diferenciación. Recoñecemento de nutrientes presentes nos alimentos.

• Alimentación e saúde. Hábitos saudables relacionados coa alimentación.

• Concepto e elaboración de dietas. Tipos de dietas. Elaboración de menús.

• Hábitos saudables relacionados coa alimentación. Importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico.

BC9. Resolución de ecuacións sinxelas.

• Progresións aritméticas e xeométricas.

• Tradución de situacións da linguaxe verbal á alxébrica.

• Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, multiplicación e factor común.

• Desenvolvemento e factorización de expresións alxébricas. Identidades notables.

• Resolución de ecuacións de primeiro grao cunha incógnita.

• Aplicación de métodos gráficos de resolución de problemas.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo contribúe a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén a formación para que o alumnado sexa consciente tanto da súa propia persoa como do medio que o rodea.

Os contidos deste módulo contribúen a afianzar e aplicar hábitos saudables en todos os aspectos da vida cotiá.

Así mesmo, utilizan a linguaxe operacional das matemáticas na resolución de problemas de índole diversa, aplicados a calquera situación, tanto na vida cotiá como na vida laboral.

A estratexia de aprendizaxe para o ensino deste módulo, que integra ciencias como as matemáticas, a química, a bioloxía e a xeoloxía, enfócase aos conceptos principais e aos principios das ciencias, involucrando o alumnado na resolución de problemas sinxelos e na realización doutras tarefas significativas, e permítelle traballar de xeito autónomo para construír a súa propia aprendizaxe e culminar en resultados reais xerados por el mesmo.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo versarán sobre:

– Utilización dos números e das súas operacións para resolver problemas.

– Recoñecemento das formas da materia.

– Recoñecemento e uso de material de laboratorio básico.

– Identificación e localización das estruturas anatómicas.

– Realización de exercicios de expresión oral, aplicando as normas básicas de atención ao público.

– Importancia da alimentación para unha vida saudable.

– Resolución de problemas, tanto no ámbito científico como no cotián.

ANEXO II
Distribución trimestral dos módulos que constitúen os ciclos de formación profesional básica, duración anual e distribución horaria semanal
en períodos lectivos

Ciclo formativo de formación profesional básica de Servizos administrativos:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3001. Tratamento informático de datos.

204

7

• MP3003. Técnicas administrativas básicas.

179

6

• MP3004. Arquivamento e comunicación.

146

5

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Electricidade e electrónica:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I

206

7

• MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas.

296

10

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

233

8

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Fabricación e montaxe:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3020. Operacións básicas de fabricación.

179

6

• MP3021. Soldadura e carpintaría metálica.

175

6

• MP3022. Carpintaría de aluminio e PVC.

175

6

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Informática e comunicacións:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos.

233

8

• MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

296

10

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Cociña e restauración:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3005. Atención á clientela.

58

2

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3034. Técnicas elementais de preelaboración.

175

6

• MP3035. Procesos básicos de produción culinaria.

179

6

• MP3036. Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación.

117

4

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Mantemento de vehículos:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3043. Mecanizado e soldadura.

175

6

• MP3044. Amovibles.

208

7

• MP3045. Preparación de superficies.

146

5

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Agroxardinaría e composicións florais:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3051. Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos.

117

4

• MP3053. Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría.

175

6

• MP3055. Operacións básicas en instalación de xardíns, parques e zonas verdes.

117

4

• MP3056. Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.

120

4

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Peiteado e estética:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3060. Preparación do contorno profesional.

87

3

• MP3062. Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua.

117

4

• MP3064. Lavado e cambios de forma do cabelo.

175

6

• MP3065. Cambio de cor do cabelo.

150

5

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Servizos comerciais:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3001. Tratamento informático de datos.

204

7

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3069. Técnicas básicas de merchandising.

179

6

• MP3070. Operacións auxiliares de almacenaxe.

146

5

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Carpintaría e moble:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3074. Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados.

281

10

• MP3075. Instalación de elementos de carpintaría e moble.

160

5

• MP3077. Materiais e produtos téxtiles.

88

3

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Reforma e mantemento de edificios:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3082. Albanelaría básica.

234

8

• MP3086. Reformas e mantemento básico de edificios.

179

6

• MP3087. Traballos de pavimentación exterior e de urbanización.

116

4

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Arranxo e reparación de artigos téxtiles e de pel:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3091. Reparación de artigos de marroquinaría e elaboración de pequenos artigos de gornicionaría.

175

6

• MP3092. Reparación de calzado e actividades complementarias.

150

5

• MP3101. Confección de artigos téxtiles para decoración.

204

7

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Tapizaría e cortinaxe:

Curso

Módulo

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3077. Materiais e produtos téxtiles.

88

3

• MP3100. Confección e montaxe de cortinas e estores.

237

8

• MP3101. Confección de artigos téxtiles para decoración.

204

7

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Vidraría e olaría:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3005. Atención á clientela.

58

2

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3105. Reprodución de moldes.

116

4

• MP3106. Conformación de pezas cerámicas.

239

8

• MP3107. Acabamento de produtos cerámicos.

116

4

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Actividades agropecuarias:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3051. Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos.

117

4

• MP3052. Operacións auxiliares de obtención e colleita de cultivos.

237

8

• MP3114. Operacións básicas de manexo da produción gandeira.

175

6

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Actividades marítimo-pesqueiras:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3140. Mantemento de equipamentos auxiliares en barcos de pesca.

267

9

• MP3142. Mantemento de motores en barcos de pesca.

204

7

• MP3143. Seguridade e primeiros auxilios en barcos de pesca.

58

2

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Aloxamento e lavandaría:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3077. Materiais e produtos téxtiles

88

3

• MP3093. Lavado e secado de roupa.

117

4

• MP3094. Pasada do ferro e embolsamento de roupa.

116

4

• MP3130. Posta a punto de habitacións e zonas comúns en aloxamento.

208

7

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Aproveitamentos forestais:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3053. Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría.

175

6

• MP3119 Traballos de aproveitamentos forestais.

237

8

• MP3121. Colleita de produtos forestais.

117

4

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Artes gráficas:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3005. Atención á clientela.

58

2

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3123. Informática básica aplicada en industrias gráficas.

117

4

• MP3124. Traballos de reprografía.

177

6

• MP3125. Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos.

177

6

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Industrias alimentarias:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3070. Operacións auxiliares de almacenaxe.

146

5

• MP3133. Operacións auxiliares na industria alimentaria.

146

5

• MP3134. Elaboración de produtos alimentarios.

237

8

Total 1º

(FCE)

910

31

Ciclo formativo de formación profesional básica de Informática de oficina:

Curso

Módulo profesional

Duración

anual en horas

Períodos
lectivos

• MP3009. Ciencias aplicadas I.

175

6

• MP3011. Comunicación e sociedade I.

206

7

• MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.

296

10

• MP3031. Ofimática e arquivamento de documentos.

233

8

Total 1º

(FCE)

910

31

ANEXO III
Programas formativos para alumnado con necesidades educativas especiais

Módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional básica:

Programa formativo

Módulo profesional

Producións agrícolas

• MP3051. Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos

• MP3052. Operacións auxiliares de obtención e colleita de cultivos

Xardinaría e viveirismo

• MP3053. Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría

• MP3055. Operacións básicas en instalación de xardíns, parques e zonas verdes

• MP3056. Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes

Reprografía

• MP3124. Traballos de reprografía

• MP3125. Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos

Servizos de restauración

• MP3036. Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación

• MP3037. Técnicas elementais de servizo

• MP3038. Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas

Lavandaría

• MP3077. Materiais e produtos téxtiles

• MP3093. Lavado e secado de roupa

• MP3094. Pasada do ferro e embolsamento de roupa

Peiteado

• MP3060. Preparación do contorno profesional

• MP3061. Coidados estéticos básicos de uñas

• MP3064. Lavado e cambios de forma do cabelo

• MP3065. Cambio de cor do cabelo

Carpintaría

• MP3074. Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados

• MP3075. Instalación de elementos de carpintaría e moble

• MP3076. Acabamentos básicos da madeira

Costura

• MP3095. Arranxos e adaptacións en pezas de vestir e roupa de fogar

Cerámica

• MP3105. Reprodución de moldes

• MP3106. Conformación de pezas cerámicas

• MP3107. Acabamento de produtos cerámicos

ANEXO IV
Unidade formativa de Seguridade e saúde laboral

Duración:

• Duración: 30 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

• Recoñece os dereitos e as obrigas dos/das traballadores/as e empresarios/as relacionados/as coa seguridade e a saúde laboral enmarcados na normativa básica en materia de prevención de riscos laborais.

– Relacionáronse as condicións laborais coa saúde do/da traballador/a.

– Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde dos/das traballadores/as.

– Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– Analizáronse os dereitos á vixilancia e á protección da saúde no sector ou nos sectores relacionados co título.

– Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas dos/das traballadores/as en materia de prevención de riscos laborais.

– Determináronse os xeitos de representación dos/das traballadores/as na empresa en materia de prevención de riscos.

– Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– Valoráronse as medidas de protección específicas de traballadores/as sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

• Participa na avaliación das situacións de risco derivadas da súa actividade profesional determinando as condicións de traballo e identificando os factores de risco máis habituais do sector ou dos sectores relacionados co título.

– Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos ámbitos de traballo relacionados co perfil profesional do título.

– Clasificáronse os factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais no sector de actividade do perfil.

– Identificáronse os factores de risco específicos no sector ou nos sectores relacionados co título.

– Describíronse os tipos de danos derivados de accidentes de traballo e as doenzas profesionais relacionados co perfil profesional do título.

– Identificáronse as situacións de risco más habituais nos ámbitos de traballo específicos do sector ou dos sectores relacionados co título.

– Realizáronse avaliacións elementais de riscos nun ámbito de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• Determina as medidas de prevención de riscos e de protección no seu ámbito laboral e identifica os protocolos para o seguimento e o control das actuacións preventivas básicas.

– Definíronse as técnicas e as medidas de prevención elementais e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias.

– Xustifica a importancia de actuacións preventivas básicas, tales como a orde, a limpeza e o mantemento en xeral.

– Describe os protocolos de seguimento e de control das actuacións preventivas básicas.

– Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– Seleccionáronse os equipamentos de protección individual axeitados para as situacións de risco atopadas.

– Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos.

– Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– Describiuse a composición e o uso da caixa de urxencias.

– Identificouse e clasificouse a documentación resultante das actividades e medidas de prevención de riscos realizadas e aplicadas na empresa.

– Distinguíronse os elementos do plan de prevención de riscos dun centro de traballo relacionado co sector ou cos sectores relacionados co título.

– Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

Contidos básicos:

Seguridade e saúde laboral:

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Definición de seguridade e saúde laboral.

• Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas dos/das traballadores/as e empresarios/as.

• Órganos de representación e participación dos/das traballadores/as en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Protección de traballadores/as especialmente sensibles a determinados riscos.

Participación na avaliación de riscos profesionais xerais e específicos do sector ou dos sectores relacionados co título:

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais da empresa.

• Análise de factores de risco específicos no sector ou nos sectores relacionados co título.

• Determinación dos danos á saúde do/da traballador/a que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Os accidentes de traballo e as doenzas profesionais.

Aplicación, seguimento e control das medidas de prevención de riscos e de protección na empresa:

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu ámbito laboral.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Seguimento e control das actuacións preventivas básicas.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Elaboración e conservación da documentación relacionada co sistema de prevención de riscos.

• Plan de prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en ámbitos de traballo.

Orientacións pedagóxicas:

Esta unidade formativa contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector relacionado co título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre a análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación, o seguimento e o control dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo relacionado co título.