Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35544

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014 pola que se procede a realizar convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral do cadro da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Prazas: 1 (unha) técnico en infraestruturas.

Tipo de contrato: temporal de remuda a tempo parcial (75 %).

Proceso selectivo: concurso-oposición libre.

As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, avenida de la Marina, 15 de Vilagarcía de Arousa, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es

Quen desexe tomar parte nas probas selectivas desta convocatoria cursarán a súa solicitude utilizando o modelo que figura como anexo II destas bases.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios:

– Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

– Páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 1 de agosto de 2014

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa