Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35586

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 22 de xullo de 2014 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes no Instituto Galego de Consumo como organismo autónomo da Consellería de Economía e Industria.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro) regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da devandita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente, establecendo no seu punto segundo as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación destes.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante esta orde do Instituto Galego de Consumo regúlanse os ficheiros de datos de carácter persoal, del dependentes e que se recollen nos anexos

Artigo 2. Contido

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento asociado, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación de ficheiros, está contida nos anexos desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal, incluídos nos ficheiros do Instituto Galego de Consumo regulados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo, e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados nos anexos. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas observarase o disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle ao Instituto Galego de Consumo, encadrado na Consellería de Economía e Industria.

Nos anexos detállanse a unidade ante a que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. Nos anexos aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión ou organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros

No anexo II desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O titular do órgano responsable dos ficheiros establece no citado anexo o destino que se vaia dar aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

Ficheiros baixo a responsabilidade do Instituto Galego de Consumo (Consellería de Economía e Industria).

1. Ficheiro. Relacións informativas coa cidadanía e entidades.

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades

Finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas co Instituto Galego de Consumo

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Fontes accesibles ao público

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura e correo electrónico

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo

15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

2. Ficheiro. Relacións administrativas coa cidadanía e entidades.

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades

Finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións, análises no laboratorio, e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación co Instituto Galego de Consumo

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas co Instituto Galego de Consumo

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo e sinatura

Datos de características persoais

Datos de información comercial

Datos económicos, financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalles de emprego

Datos de transaccións

Datos relativos á comisión de infraccións

Outro tipo de datos

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outras administracións públicas

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo

15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Medio

3. Ficheiro. Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades.

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades

Finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que o Instituto Galego de Consumo manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos ao Instituto Galego de Consumo

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas co Instituto Galego de Consumo

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica e sinatura

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Axencia Tributaria

Consello de Contas da Xunta de Galicia

Caixas e bancos que teñan acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución dos pagamentos

Organismos da Seguridade Social

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Consumo

Avenida de Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo

15707 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

4. Ficheiro. Recursos humanos.

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal do Instituto Galego de Consumo: mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal do Instituto Galego de Consumo

Procedemento de recollida de datos

Declaracións e formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Administracións públicas

Entidades privadas: mutua de prevención de riscos laborais concesionaria do servizo de vixilancia da saúde

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, número de Seguridade Social/mutualidade, nome e apelidos, teléfono, enderezo, número de rexistro persoal

Datos de características persoais

Datos económicos, financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalles de emprego

Datos relativos á comisión de infraccións

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Organismos da Seguridade Social

Facenda Pública e Administración Tributaria

Bancos, caixas de aforro e caixas rurais

Mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo

15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Medio

5. Ficheiro. Actividades dirixidas á cidadanía.

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía

Finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, actividades formativas

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras persoas físicas

Administracións públicas

Fontes accesibles ao público

Outras administracións públicas

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo postal e electrónico

Datos de características persoais

Datos de circunstancias sociais

Datos de detalles de emprego

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Outros órganos da Administración do Estado

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo

15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Alto

6. Ficheiro. Rexistro.

Denominación do ficheiro

Rexistro

Finalidade e usos previstos

Xestión do rexistro de entrada e saída do Instituto Galego de Consumo

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura

Datos de características persoais

Datos de información comercial

Datos económicos, financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalles de emprego

Datos de transaccións

Datos relativos á comisión de infraccións

Outro tipo de datos

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Administracións municipais de Galicia

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo

15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Medio

7. Ficheiro. Seguridade e control de acceso.

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso

Finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas do Instituto Galego de Consumo

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións do Instituto Galego de Consumo

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos e cámaras de videovixilancia

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, número de rexistro persoal, teléfono, imaxe e sinatura

Outros datos identificativos: matrícula

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Forzas e corpos de seguridade do Estado

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo

15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

ANEXO II
Ficheiros para suprimir

Ficheiros baixo a responsabilidade do Instituto Galego de Consumo (Consellería de Economía e Industria).

1. Ficheiro. Laboratorio de Consumo de Galicia.

Denominación do ficheiro

Laboratorio de Consumo de Galicia

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Dispoñer dunha base de datos que recolla as peticións de analíticas e consultas que se demandan no laboratorio de consumo. Xestión de analíticas e consultas e a elaboración de estatísticas

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas físicas que soliciten unha analítica dun produto

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 29 de outubro de 2004 pola que se modifica a do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se procede á creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal correspondente ao Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal do Instituto Galego de Consumo

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro: Relacións administrativas coa cidadanía e entidades creado por esta orde

2. Ficheiro. Rexistro de Organizacións de Consumidores e Ususarios de Galicia.

Denominación do ficheiro

Rexistro de Organizacións de Consumidores e Ususarios de Galicia

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Base de datos que recolle o Rexistro das Organizacións de Consumidores, número efectivo de socios e datos destes. O obxecto é a comprobación de requisitos para a súa alta no Rexistro das Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Organizacións de consumidores e usuarios de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Industria e Comercio e se procede á creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal correspondente ó Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal do Instituto Galego de Consumo

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Rexistro creado por esta orde

3. Ficheiro. SACO (Sistema Automático de Consumo).

Denominación do ficheiro

SACO (Sistema Automático de Consumo)

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das reclamacións de expedientes de actuacións, sancións administrativas na área de información ao consumidor

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Aquelas persoas que presentan unha reclamación ou realicen unha consulta sobre algún tema de consumo

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Industria e Comercio e se procede á creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal correspondente ó Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal do Instituto Galego de Consumo

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro: Relacións administrativas coa cidadanía e entidades creado por esta orde

4. Ficheiro. SAR (Sistema de Arbitraxe de Consumo).

Denominación do ficheiro

SAR (Sistema de Arbitraxe de Consumo)

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestionar as reclamacións por vía da arbitraxe de consumo

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Aquelas persoas que presentan unha reclamación e que soliciten a súa resolución pola vía da arbitraxe

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Industria e Comercio e se procede á creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal correspondente ao Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia