Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014252AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de agosto de 2014, a xefa territorial da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014252AL-CO incoado a Inversiones Mejicanas de las Islas Caimán, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Inversiones Mejicanas de las Islas Caimán, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula e, lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de agosto de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014252AL-CO.

Interesada: Inversiones Mejicanas de las Islas Caimán, S.L. (Marita Ron Café Bar).

DNI/NIF/CIF: B70283320.

Último enderezo coñecido: Cantón Pequeno, 23,15003 A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004 do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007): anexo II: capítulo I: 1, 2.a), c), 4; capítulo II: 1.a), b), c), d), e), f), 2, 3; capítulo VI: 2; capítulo XII: 1, 2 e artigo 5: 1, 2.a), b), c), d), e), f), g), 3, 4.a), b), c), 5.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo): artigo 50.1.e), artigo 51.1. Parágrafos: 1º, 8º, 10º, 11º.

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001): artigo 10.1.2.a), b), c), d), e), f), g), 3. Artigo 12.

– Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) (DOG nº 205, do 26 de outubro): artigo 4.1.a), b), 2.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 400 €.