Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 5 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican acordos de incoación de expediente sancionador en relación co plan de inspección en materia de industria, realizado ao abeiro da Orde do 23 de xullo de 2013, devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra ditou os acordos de incoación de expediente sancionador en cumprimento do plan de inspección realizado ao abeiro da Orde do 23 de xullo de 2013 pola que se aproba o Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, solicitando a xustificación do cumprimento das condicións regulamentariamente exixibles para a súa inscrición no Rexistro de Empresas Instaladoras/Mantedoras; a súa non xustificación constitúe infracción grave segundo o artigo 31 da Lei 21/1992, de industria.

Intentada a notificación dos acordos de incoación de expediente sancionador relacionados no anexo, de conformidade co disposto no artigo 59.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselles aos interesados o acordo de incoación de expedientes sancionadores para que poidan ter coñecemento deles, segundo o disposto no artigo 59.5º da referida lei.

Advírtese aos interesados que, de conformidade co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselles un prazo de 15 días para presentar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra cantas alegacións e/ou documentos consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 5 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Ponvedra

ANEXO
Relación de acordos de incoación de expedientes sancionadores no
procedemento IN635C

Nº expte.

Reclamante

Enderezo

Concello

Causa

2014/110

Rele Calefacción, S.L.

Lugar da Carrasqueira, núm.134, Tirán

Moaña

Non achegar a documentación solicitada

2014/137

Davila Vidal, Diego

R/ Padín, número 27

Vigo

Non achegar a documentación solicitada

2014/13

Agrupación Técnica de Ventilación

R/ Ruiseñor, número 4

Vigo

Non achegar a documentación solicitada

2014/73

Instelgarpi, S.L.

Soutullo-Noalla, número 57

Sanxenxo

Non achegar a documentación solicitada