Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41305

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 setembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe.

Primeiro.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para o corpo e a especialidade seguinte:

– Corpo de mestres.

Especialidade

Titulación exixida

Audición e Linguaxe

Título de mestre/a ou título de grao correspondente na especialidade de Audición e Linguaxe.

Título de profesor/a de educación xeral básica na especialidade de Audición e Linguaxe.

Título de mestre/a de ensino primario na especialidade de Audición e Linguaxe.

Diplomado/a en Logopedia.

Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión regulada de Logopeda.

Segundo.

Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Terceiro. Prazo de solicitude

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Modelo de solicitude

O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es /substitutos

Quinto. Comisión baremadora

A asignación da puntuación que lle corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial Docente non Universitaria.

Sexto. Requisitos dos candidatos e candidatas

a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.

b) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Sétimo. Baremo

O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da Mesa Sectorial Docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 31 de xullo de 2013, DOG do 12 de agosto), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director general de Centros y Recursos Humanos