Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41796

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 10 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe.

Advertido un erro no referido anuncio, publicado no DOG nº 176, do 16 de setembro de 2014, é preciso facer a seguinte corrección:

– Na páxina 41305, no punto primeiro, onde di: «Titulación exixida: Diplomado/a en Logopedia», debe dicir: «Título de mestre/a ou título de grao correspondente e diplomado/a en Logopedia».

Onde di: «Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión regulada de Logopeda», debe dicir: «Título de mestre/a ou grao correspondente que habilite para o exercicio da profesión regulada de Logopedia».