Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41792

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2014 pola que se convoca a xornada A xustiza que vén.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2014 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócase a xornada A xustiza que vén, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O principal obxectivo desta xornada é coñecer, pola natureza dos relatores, as liñas mestras do deseño da xustiza nos próximos anos, tanto na súa organización territorial como funcional, poñendo de manifesto as novidades que presenta a nova lexislación orgánica do poder xudicial e a súa incidencia na actividade de todos os profesionais implicados na xustiza.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– Luces e sombras da xustiza.

– Poder xudicial e xustiza. Necesidades do presente. Posibilidades de futuro.

– O futuro da xustiza. Que opinan os profesionais?

3. Destinatarios.

Persoal ao servizo da Administración de Xustiza, notarios, rexistradores da propiedade e mercantís, avogados, procuradores, profesores e alumnos das universidades galegas e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: 30 de setembro de 2014.

Horario: mañá.

Duración: 5 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/

O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 28 de setembro de 2014.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41 e 981 54 62 39.

7. Modificacións.

A EGAP resérvase a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

8. Certificado de asistencia oficial.

Ao final da xornada entregarase un certificado de asistencia a aquelas personas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización e o selo oficial da institución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública