Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de licitación de xestión do servizo de piscina climatizada e de ximnasio municipal.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Cambados.

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo de piscina climatizada e de ximnasio municipal.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Tipo de licitación: 3.473.311,20 €. Garantía provisional: 30.000,00 €.

5. Obtención de documentación e información: Concello de Cambados. Praza do Concello, 1, 36630 Cambados. Teléfono: 986 52 09 43. Correo electrónico: contratación@cambados.es. Web: www.cambados.es

6. Requisitos específicos do contratista: os recollidos na cláusula 6ª do prego.

7. Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no DOG.

8. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello. Das 8.30 ás 14.30 horas (luns a venres). Das 9.00 ás 13.00 (sábados).

9. Apertura de ofertas: no lugar, día e hora que se sinale no taboleiro de anuncios do Concello.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Cambados, 12 de setembro de 2014

Luís Aragunde Aragunde
Alcalde