Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42411

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a especialista en medicina do traballo.

Por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 4 de xuño de 2012 (DOG núm. 113, do 14 de xuño) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de vinculacións temporais da categoría de médico/a especialista en medicina do traballo no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data do 14 de xullo de 2012 que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.

Por Resolución do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 116, do 19 de xuño) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e puntuacións provisionais obtidas.

Rematado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base oitava da resolución de inicio do prazo de inscrición (DOG núm. 113, do 14 de xuño),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de médico/a especialista en medicina do traballo.

Segundo. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base oitava da Resolución do 4 de xuño de 2012, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do 29 de setembro de 2014. Resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG núm. 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos