Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42834

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 23 de setembro de 2014 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (código de procedemento IN223A).

missing image file

A Orde do 12 de marzo de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 56, do 21 de marzo de 2014, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN223A).

No artigo 1.4, parágrafo primeiro do anexo I-Bases reguladoras, establece a consideración de actuacións subvencionables sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17.

O artigo 17.1 do anexo I-Bases reguladoras, establece que o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, na respectiva xefatura territorial, da correspondente documentación, tendo de prazo para presentala ata o 31 de outubro de 2014.

Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e o longo proceso de avaliación e co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o artigo 17.1 do anexo I da orde, ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte dos beneficiarios/as.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería de Economía e Industria en materia de comercio interior, e en exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do artigo 17.1 do anexo I da Orde do 12 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN223A).

O primeiro parágrafo do artigo 17.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«1. Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar, na respectiva xefatura territorial, a seguinte documentación, en orixinal ou copia compulsada, e ten de prazo para presentala ata o 1 de decembro de 2014: (...)».

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria