Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes ao servizo, por lotes, de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de desenvolvemento rural sustentable, eixe 1, actuación 1.22.-CA.3. (expediente PA 1/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 1/2014.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20517

2. Obxecto do contrato:

a) Servizo de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, para o cal cómpre executar 45 accións formativas distribuídas en tres (3) lotes.

b) Lote 1: curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros. Lote 2: curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadora. Lote 3: curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 107, do 6 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 141.750,00 €. De conformidade co artigo 20, un. 9º, da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, o servizo obxecto deste contrato está exento de IVE. O dito importe está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 50 % a través do Programa de desenvolvemento rural sustentable, eixe 1, actuación 1.22.-CA.3. Para o lote 1: trinta e seis mil euros (36.000,00 €); para o lote 2: cincuenta e sete mil setecentos cincuenta euros (57.750,00 €), e para o lote 3: corenta e oito mil euros (48.000,00 €).

5. Adxudicación e formalización dos contratos:

– Lote 1:

a) Data de adxudicación: 2.9.2014.

b) Data da formalización do contrato: 10.9.2014.

c) Contratista: UTE Agaca-Fcae.

d) Importe da adxudicación: 27.000,00 €, exento de IVE.

– Lote 2:

a) Data de adxudicación: 2.9.2014.

b) Data da formalización do contrato: 10.9.2014.

c) Contratista: Estudios Rafer, S.L.

d) Importe da adxudicación: 40.419,23 €, exento de IVE.

– Lote 3:

a) Data de adxudicación: 11.9.2014.

b) Data da formalización do contrato: 16.9.2014.

c) Contratista: Prosem Consultoría Estratégica, S.L.

d) Importe da adxudicación: 34.455,00 €, exento de IVE.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral