Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45111

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a aspirante dispón dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguiente ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3 se tivese a condición de funcionaria de carreira da Administración da Xunta de Galicia estará exenta de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberá presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependese para acreditar tal condición

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que a aspirante que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como funcionaria de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orden da convocatoria, contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguiente ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de noviembre, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2014

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal

ANEXO

Núm.

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

Total

1

53178632X

Pérez Rodríguez, Sabrina

13,84

11,59

Exenta

25,43