Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45117

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 24 de setembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar mediante Orde do 10 de xullo de 2014 (DOG nº 163, do 28 de agosto), e de conformidade co establecido nas bases da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 10 de xullo de 2014.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles. Todo isto de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, na súa redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o anterior.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos á citada persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. O xefe da unidade en que cause baixa a persoa, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnarse directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

NRP: 3602507046A2068.

Grupo: A1.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos.

Apelidos e nome: Pérez Santiago, Alfonso Manuel.

Código: TR. A99.10.001.36440.001.

Denominación: xefe/a do centro.

Nivel: 28.

Centro de destino: Centro de Seguridade e Saúde Laboral de Pontevedra.

Localidade: Redondela (Rande).