Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45234

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (301/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 301/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap contra Casal Munín, S.L., José Manuel Couselo Juncal, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou sentenza número 388 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza:

En Santiago de Compostela o 25 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, estes autos rexistrados co número indicado en materia de seguridade social, promovidos por instancia de Fremap, asistida polo letrado Sr. Amigo Estrada, contra José Manuel Couselo Juncal, asistido pola letrada Sra. Señor Sánchez, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), debidamente representado polo letrado Sr. Requejo Gutiérrez e fronte a Casal Munín, S.L., que non compareceu malia constar debidamente citada, dítase esta resolución con base nos seguintes

(...)

Resolvo:

Que estimo a demanda formulada por Fremap contra José Manuel Couselo Juncal, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Casal Munín, S.L. e, en consecuencia, declaro a responsabilidade compartida da mutua demandante nun 55,53 % e da mercantil Casal Munín, S.L. nun 44,77 % respecto da prestación por accidente de traballo que o INSS lle recoñeceu ao traballador demandado, e condeno os demandados a se ateren a esta declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado por escrito ou comparecencia no termo de cinco días contados desde o seguinte ao da notificación da sentenza.

Así o acordo, mando e asino Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Casal Munín, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial