Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1054/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1054/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jessica Alejandra Sánchez García contra Franquicias Silvassa, S.L. Colección Hogar Home, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto:

Xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 1 de outubro de 2014.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 11 de agosto de 2014. Púxose de manifesto un erro material no salario da traballadora, tal e como manifestou esta en escrito do 29 de setembro de 2014.

Parte dispositiva.

Procede rectificar a sentenza ditada neste procedemento no seguinte sentido:

– No feito probado primeiro, onde di: «salario mensual de 14.904 euros», debe dicir: «salario anual de 14.904 euros».

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación a Franquicias Silvassa, S.L. Colección Hogar Home, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de outubro de 2014

A secretaria xudicial