Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45396

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación do prazo de resolución do procedemento de aprobación do proxecto de delimitación do polígono de expropiación de terreos pertencentes a particulares incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do Plan xeral de ordenación municipal no Rebel (Vilalonga).

A Corporación Municipal en pleno, en sesión que tivo lugar o 13 de outubro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: ampliar o prazo de resolución –coa notificación que corresponda– do procedemento de aprobación do proxecto de delimitación do polígono de expropiación de terreos pertencentes a particulares incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do PXOM de Sanxenxo, no Rebel (Vilalonga). Relación de propietarios e de bens e dereitos afectados (expediente nº EM-001/14), por tres meses máis, contados desde o 28 de outubro de 2014, ao abeiro do disposto no artigo 42.6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo: proceder a publicar nun dos xornais de maior circulación da provincia de Pontevedra o sometemento a información pública do proxecto de delimitación do polígono de expropiación de terreos pertencentes a particulares incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do PXOM de Sanxenxo, no Rebel (Vilalonga). Relación de propietarios e de bens e dereitos afectados, redactado por Rafael Vázquez Abal e Juan Lorenzo Ramírez, cuxa aprobación inicial tivo lugar por medio de acordo do Concello Pleno adoptado en sesión do 28 de xullo de 2014.

Terceiro: notificarlles este acordo plenario aos interesados no expediente e proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, nun dos xornais de maior circulación da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo.

Sanxenxo, 14 de outubro de 2014

Catalina González Bea
Alcaldesa