Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45784

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de abril de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 28 de abril), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos).

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.7. da convocatoria, publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7. da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13. da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 22 de outubro de 2014

José Manuel González González
Presidente do tribunal