Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45825

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui

EDICTO (336/2013).

Eu, María del Mar Santa Cruz Mojón, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, por este edicto

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 336/2013, seguido por instancia de Millennium Insurance Company, Ltd. fronte a Transportes y Maquinaria CP, S.L. ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 97/2014

En Tui, o 3 de setembro de 2014.

Vistos por min, Marcos Amboage López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, estes autos de xuízo verbal seguidos por instancia de:

– Millennium Insurance Company, Ltd., representada pola procuradora Begoña Bugarín Saracho e asistida pola letrada Sonsoles Diz Gamallo.

– Transportes y Maquinaria CP, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Estimo a demanda presentada pola procuradora Begoña Bugarín Saracho, en nome e representación de Millennium Insurance Company, Ltd. contra Transportes y Maquinaria CP, S.L. e condénoa ao aboamento de 1.210,73 euros máis o seu xuro legal desde a interpelación xudicial e das custas deste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme, polo que non cabe recurso fronte a ela salvo o previsto no artigo 500 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Así, por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos da súa razón e quedará a orixinal no libro de sentenzas, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O xuíz».

Ao se atopar a dita demandada, Transportes y Maquinaria CP, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 3 de setembro de 2014

A secretaria xudicial