Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (219/2014).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 219/2014, por instancia de Lidia Monserrat Casais Giadáns contra a executada Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 9 de outubro de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado, en situación de insolvencia total, por importe de 11.048,19 euros de principal, máis 18,03 euros en concepto de xuros de demora, máis 1.106,62 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

A secretaria xudicial