Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46271

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de outubro de 2014 polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Festa do Botelo do Barco de Valdeorras, o Entroido de Maceda e o Belén Electrónico de Begonte.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, este organismo dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de outubro de 2014 e que a continuación se transcribe:

Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:

– A Festa do Botelo, que se celebra no mes de xaneiro no concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

– O Entroido de Maceda, que se celebra coincidindo co Entroido no concello de Maceda (Ourense).

– O Belén Electrónico de Begonte, que se realiza durante os meses de decembro e xaneiro no concello de Begonte (Lugo).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia