Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46419

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de outubro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Por Orde do 16 de outubro de 2013 convocouse concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escola oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño e mestres.

En relación con esta orde pronunciáronse tres sentenzas do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela que anulan parcialmente o baremo de méritos. Estas sentenzas non son firmes ao estar presentados recursos de apelación contra elas.

Coa finalidade de garantir a execución da sentenza que se pronuncie no recurso de apelación, calquera que sexa o sentido desta, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non convoca concurso de traslados no ámbito autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia. En consecuencia, e en cumprimento do artigo 7 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal, limítase a convocar o concurso de traslados para os únicos efectos de garantir a concorrencia do profesorado con destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia a prazas ou postos doutras administracións educativas.

Bases

Primeira. Obxecto

1. Convócase concurso de traslados, de acordo coas especificacións que se citan nesta orde, para a provisión de prazas vacantes entre persoal funcionario docente dos corpos que a seguir se relacionan cos códigos de corpo que se indica:

Corpo

Código do corpo

Inspectores ao servizo da Administración educativa

509

Inspectores de educación

510

Catedráticos de ensino secundario

511

Profesores de ensino secundario

590

Profesores técnicos de formación profesional

591

Catedráticos de escolas oficiais de idiomas

512

Profesores de escolas oficiais de idiomas

592

Profesores de música e artes escénicas

594

Catedráticos de artes plásticas e deseño

513

Profesores de artes plásticas e deseño

595

Mestres de taller de artes plásticas e deseño

596

Mestres

597

2. Con independencia do código do corpo a que pertence o persoal funcionario, os corpos que a seguir se relacionan terán o seguinte código de participación:

Corpo a que pertence

Descrición do corpo de participación

511 Catedráticos de ensino secundario

590

512 Catedráticos de escolas oficiais de idiomas

592

513 Catedráticos de artes plásticas e deseño

595

509 Inspectores ao servizo da Administración educativa

555

510 Inspectores de educación

555

3. Este concurso rexerase polas seguintes disposicións: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes recollidos na Lei orgánica de educación e outros procedementos de provisión de prazas para seren cubertas por estes; Real decreto 989/2000, do 2 de xuño; Real decreto 1284/2002, do 5 de decembro; Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario; Real decreto 336/2010, do 19 de marzo, polo que se establecen as especialidades dos corpos de catedráticos e de profesores de escolas oficiais de idiomas a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificado polo Real decreto 516/2013, do 5 de xullo; Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñan as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; Real decreto 777/1998, do 30 de abril; Real decreto 1138/2002, do 31 de outubro; Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e regúlase o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei; Real decreto 1538/2003, do 5 de decembro; e a Orde ECD/1800/2014, do 26 de setembro.

Segunda. Participación conxunta de persoal funcionario de distintos corpos ás mesmas vacantes

De conformidade co establecido no número 5 da disposición adicional oitava da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 5 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño participará no concurso de provisión de postos conxuntamente co persoal funcionario dos corpos de profesores dos niveis correspondentes, ás mesmas vacantes, sen prexuízo dos méritos específicos que lle sexan de aplicación pola súa pertenza aos mencionados corpos de catedráticos.

Terceira. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos correspondentes corpos

Os funcionarios e funcionarias pertencentes aos correspondentes corpos poderán solicitar as prazas que oferten as administracións educativas das comunidades autónomas e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte sempre que cumpran os requisitos establecidos nas súas convocatorias.

Cuarta. Forma de participación

1. De conformidade co disposto na Orde ECD/1800/2014, do 26 de setembro, aínda cando se concurse por máis dunha especialidade ou se soliciten prazas de diferentes administracións educativas, o persoal concursante presentará unha única instancia, que se poderá imprimir e descargar unha vez cubertos os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt

2. No suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha instancia por cada corpo por que se participa.

3. A instancia cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt

Recórdase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es, polo que quen non a teña deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario/.

4. Persoal que completou o expediente persoal na base de datos.

Ao acceder á aplicación informática do concurso, o persoal que incorporou os datos persoais conforme a petición que lle foi formulada no seu momento pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos encontrarase cos méritos alegados que foron validados, verá os méritos que lle son baremables e os que non son considerados para os efectos de baremo, e ofreceráselle unha puntuación para o concurso.

Nos números 6.1 e 6.3 do anexo I e para o corpo de inspectores de educación no número 4.1 do anexo II desta convocatoria, o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou seguintes, concorrerá coa puntuación que nestes números lle foi outorgada pola comisión de avaliación, e pode presentar para a súa consideración novos méritos que fosen perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de solicitudes da última convocatoria pola cal participaron.

Sen prexuízo do anterior, con carácter excepcional, o persoal interesado poderá renunciar á puntuación total dun dos puntos relacionados, e debe, neste caso, volver alegar os méritos do devandito punto ou puntos e presentar todos os documentos xustificativos destes.

De estar conforme co baremo que se lle propón e se non quere alegar ningún novo mérito, imprimirá a instancia e presentaraa conforme as normas xerais recollidas na base sexta.

De alegar algún novo mérito, farao constar na base de datos, imprimirá a instancia e a folla de alegacións que xera a propia aplicación informática e, xunto coa documentación xustificativa a que se fai referencia no anexo I ou II, entregaraa conforme as normas recollidas na base sexta no prazo de solicitudes regulado na base sétima.

5. Persoal que non completou o expediente persoal na base de datos.

Ao acceder á aplicación informática do concurso, o persoal que non incorporou os datos persoais encontrarase con todos os datos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten informatizados do seu expediente persoal, cales deles son considerados para os efectos de concurso e cales non, e a puntuación que lle corresponde por cada subepígrafe do baremo en función dos datos que constan no expediente, agás nos números 6.1 e 6.3 do anexo I e para o corpo de inspectores de educación no número 4.1 do anexo II da presente convocatoria.

De estar o expediente incompleto, o persoal concursante interesado completarao na base de datos e imprimirá a instancia e a folla de alegacións que xera a propia aplicación informática e, xunto coa documentación xustificativa a que se fai referencia nos anexos I e II, entregaraa conforme as normas recollidas na base sexta no prazo de solicitudes previsto na base sétima.

6. Os aspirantes a prazas dos centros plurilingües, cando non conste no expediente, deberán achegar a documentación acreditativa de estaren en posesión dalgún dos requisitos que se establecen nas bases da correspondente convocatoria.

7. En todo caso, o persoal participante no concurso que alegue méritos nos números 6.1 e 6.3 do anexo I ou no número 4.1 do anexo II imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e, xunto cos documentos xustificativos, remitiraa, dentro do prazo establecido na base sétima, á comisión avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa Besada, San Lázaro, nº 107, código postal 15703.

8. Cando as novas alegacións sexan validadas pola comisión baremadora, aparecerá na aplicación informática do concurso de traslados a nova baremación resultante dos méritos alegados.

9. A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sen prexuízo do establecido na subepígrafe 7 desta base.

10. Todas as fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polas direccións dos centros ou das xefaturas territoriais de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

11. Aínda cando se concorra a prazas de diferentes especialidades, soamente poderá obterse un único destino.

Quinta. Data en que deben reunirse os requisitos de participación e de méritos

Todos os requisitos de participación, sen prexuízo do establecido na base oitava, así como os méritos alegados, deben reunirse na data de finalización do prazo de presentación de instancias e acreditarse na forma que se establece na presente convocatoria.

Non serán tidos en conta aqueles méritos alegados que non fosen debidamente xustificados no prazo de solicitudes establecido na base sétima.

Sexta. Presentación de solicitudes

A instancia orixinal, así como a documentación a que se alude no punto anterior, poderanse presentar nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na secretaría do centro educativo onde presta servizos o concursante ou en calquera das dependencias as que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En caso de que optasen por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Sen prexuízo do anterior, deberá terse en conta que, para outros efectos distintos do concurso de traslados, as secretarías dos centros docentes non son unha das oficinas en que poden presentarse documentos dirixidos a calquera organismo público, de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétima. Prazo de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será do 6 de novembro de 2014 ao 24 de novembro de 2014, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

Oitava. Modalidade de participación voluntaria

Poderá participar con carácter voluntario neste concurso de traslados.

a) O persoal funcionario que está en situación de servizo activo con destino definitivo en centros dependentes de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 12.1 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, transcorresen ao final do presente curso académico, polo menos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) O persoal funcionario que se encontre en situación de servizos especiais declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sempre que transcorresen ao final do presente curso académico, polo menos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

c) O persoal funcionario que estea en situación de excedencia voluntaria declarada desde centros actualmente dependentes de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sempre que obtivese o seu primeiro destino definitivo.

Se se trata dos supostos de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar recollida nos números 2 e 3 do artigo 57 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido de Lei da función pública de Galicia, só poderán participar se ao finalizar o curso escolar en que se realicen as convocatorias tivesen transcorrido dous anos desde que pasaron a esta situación.

d) O persoal funcionario que se encontre en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sempre que ao finalizar o presente curso escolar tivese transcorrido o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión, e sempre que obtivese o seu primeiro destino definitivo.

Para os efectos previstos nesta base entenderase como data de finalización do curso o 31 de agosto de 2015.

Novena. Forma de realizar as peticións

1. O persoal asinante das instancias deberá manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos exixidos, consignando os centros que soliciten por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran nos correspondentes anexos ás convocatorias de concurso de traslados efectuadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e os departamentos de educación das administracións educativas convocantes.

2. Nas prazas dos centros plurilingües especificarase na solicitude o código 1, 2 ou 3 segundo que o idioma sexa francés, inglés ou alemán, respectivamente, no recadro correspondente da petición da sección bilingüe (B). Cando a praza no centro queira solicitarse sen impartirse en lingua estranxeira e posteriormente impartíndose en lingua estranxeira, deberá repetirse o código do centro, nun caso sen poñer o código 1, 2 ou 3, e noutro poñéndoo.

3. Peticións a centro ou á localidade.

As peticións poderán facerse a centro concreto ou á localidade, e ambas as dúas modalidades son compatibles.

4. Número de peticións máximas que poden realizarse.

O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude non poderá exceder 300, aínda que estas poderán ser a centro e/ou localidades, como se específica no número anterior.

Décima. Comisión de avaliación

1. Para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire aos puntos 6.1 e 6.3 do anexo I e 4.1 do anexo II á presente orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria designará unha comisión avaliadora composta polos seguintes membros:

– Presidencia: un funcionario ou funcionaria do corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa designado/a polo director xeral de Centros e Recursos Humanos.

– Vogais:

• Un funcionario ou funcionaria do corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa.

• Dous funcionarios do corpo de catedráticos de ensino secundario ou do corpo de profesores de ensino secundario.

• Un funcionario ou funcionaria do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

• Un funcionario ou funcionaria do corpo de catedráticos ou de profesores de escolas oficiais de idiomas.

• Un funcionario ou funcionaria do corpo de profesores de música e artes escénicas.

• Un funcionario ou funcionaria do corpo de profesores ou de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

• Dous funcionarios ou funcionarias do corpo de mestres.

Actuará como secretario ou secretaria da comisión o vogal con menor antigüidade na función pública docente como funcionario/a de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro modo.

Os vogais serán designados por sorteo público entre os funcionarios de carreira do corpo correspondente con destino definitivo na localidade de Santiago de Compostela, adecuándose ao criterio de paridade entre muller e home. O sorteo terá lugar o día 3 de decembro de 2014, ás 9.00 horas, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Poderá asistir ás reunións da comisión avaliadora un representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

A comisión avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Os membros da comisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta comisión avaliadora terá a súa sede na Inspección educativa de Santiago de Compostela, sita na rúa Besada, San Lázaro, nº 107, código postal 15703.

A asignación de puntuación que corresponde aos concursantes polos restantes puntos do baremo de méritos será levada a efecto por unha comisión constituída por funcionarios ou funcionarias destinados na Subdireción xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Estas comisións estarán cualificadas na categoría primeira, para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo).

Décimo primeira. Adxudicación ordinaria

Sen prexuízo da prioridade determinada polo exercicio dos dereitos preferentes previstos nas correspondentes convocatorias, o concurso será resolto por cada comunidade autónoma ou polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte atendendo á puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contidos nos anexos I ou II.

No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada unha das epígerafes do baremo, conforme a orde en que aparecen nel. Se persistir o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas subepígrafes pola orde, igualmente, en que aparecen no baremo. En ambos os dous casos a puntuación que se tome en consideración en cada epígrafe non poderá exceder da puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo, nin, no suposto das subepígrafes, a que corresponda como máximo á epígrafe en que se encontren incluídos. Cando ao aplicar estes criterios, algunha ou algunhas das subepígrafes alcance a máxima puntuación outorgada á epígrafe a que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto das subepígrafes. De resultar necesario, empregarase como criterio de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación por que resultou seleccionado.

Décimo segunda. Reclamacións e renuncias

O persoal concursante poderá presentar reclamacións ás resolucións provisionais, a través do órgano en que presentaron a súa instancia de participación, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte á publicación da adxudicación de destinos provisionais por cada comunidade autónoma ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Sen prexuízo do parágrafo anterior, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

Así mesmo, no mesmo prazo, poderán presentar renuncia á súa participación no concurso entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións e especialidades consignadas na súa instancia de participación.

Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base sexta.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva.

Décimo terceira. Toma de posesión

A toma de posesión dos novos destinos terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2015. Non obstante, o profesorado que obteña destino nestes concursos deberá permanecer no seu centro de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Décimo cuarta

Esta convocatoria do concurso non computará para os efectos do establecido nos artigos 8 e 10 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, e o curso académico 2014/15 non computará para os efectos do establecido no artigo 2 da Orde do 30 de abril de 2007 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.

Décimo quinta. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de resposición ante esta mesma consellería, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Baremo de prioridades na adxudicación de destinos por medio de concurso de traslados de ámbito estatal nos corpos de persoal funcionario docente que imparten docencia

Méritos

Valoración

Documentos xustificativos

1. Antigüidade.

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, no seu caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1. Antigüidade no centro.

1.1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o que concursa.

Para os efectos desta subepígrafe unicamente serán computables os servizos prestados como persoal funcionario de carreira no corpo ou corpos a que corresponda a vacante.

Polo primeiro e segundo ano:

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

2,0000 puntos por ano

Polo terceiro ano:

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

4,0000 puntos

Polo cuarto ano e seguintes:

A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo.

6,0000 puntos por ano

Para a valoración da subepígrafe 1.1.1. teranse en conta as seguintes situacións:

– Considérase como centro desde o cal se participa no concurso aquel a cuxo equipo pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no que se estea adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente, sendo unicamente computables por esta subepígrafe os servizos prestados como persoal funcionario de carreira no corpo a que corresponda a vacante.

– Nos supostos de persoal funcionario docente en adscrición temporal en centros públicos españois no estranxeiro, ou en supostos análogos, a puntuación desta subepígrafe virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na devandita adscrición. Este mesmo criterio seguirase cos que foron nomeados para postos ou outros servizos de investigación e apoio á docencia da Administración educativa sempre que o nomeamento tivese suposto a perda do seu destino docente.

Cando se cese na adscrición e se incorpore como provisional á súa Administración educativa de orixe, entenderase como centro desde o cal se participa o destino servido en adscrición, ao cal se acumularán, se é o caso, os servizos prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera outro centro.

– Cando se participe desde a situación de provisionalidade por suprimirse a praza ou posto que se viña desempeñado con carácter definitivo, por ter perdido o seu destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa, considerarase como centro desde o cal se participa o último servizo con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera centro. Así mesmo, terán dereito, ademais, a que se lles acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último servizo con carácter definitivo. Se é o caso, a devandita acumulación estenderase aos servizos prestados con carácter definitivo nos centros que, sucesivamente, lles foron suprimidos.

No suposto de que non se tivese desempeñado outro destino definitivo distinto do suprimido, terá dereito a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter provisional antes da obtención deste, e neste caso a puntuación que se outorgue axustarase ao disposto na subepígrafe 1.1.2 do baremo.

O disposto nos dous parágrafos anteriores será igualmente de aplicación aos que participen no concurso por perderen o seu destino en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado forzoso con cambio de localidade de destino.

– Nos supostos de primeiro destino definitivo obtido tras a supresión da praza ou posto que se viña desempeñando anteriormente con carácter definitivo, consideraranse como servizos prestados no centro desde o cal se concursa os servizos que se acrediten no centro no que se lles suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicarase aos que obtivesen o primeiro destino tras perder o anterior por cumprimento de sentenza, resolución de recurso ou por provir da situación de excedencia forzosa.

1.1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade, sempre que se participe desde esta situación:

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Cando se trate de persoal funcionario de carreira que participe con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á subepígrafe 1.1.1 sumaráselle a obtida por esta subepígrafe. Unha vez obtido un novo destino non poderá acumularse esta puntuación.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.3. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Esta puntuación engadirase á puntuación obtida polas subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2.

Non obstante, non se computará para estes efectos o tempo que se permanecese fóra do centro en situación de servizos especiais, en comisión de servizos, con licenzas por estudos ou en supostos análogos que supoñan que non hai desempeño efectivo do posto de traballo.

2,0000 puntos

– Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, acompañada dunha certificación expedida por esta, acreditativa de que a praza, posto ou centro, ten esa cualificación ou

– Certificación da Administración educativa competente onde conste a data de comezo e fin da prestación efectiva dos servizos prestados na devandita praza, posto ou centro, especificándose que estes teñen a cualificación de especial dificultade.

– Antigüidade no corpo.

1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario de carreira no corpo ou corpos a que corresponda a vacante:

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.2. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira noutros corpos docentes a que se refire a LOE do mesmo ou superior subgrupo:

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.

1,5000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.3. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira noutros corpos docentes a que se refire a LOE de subgrupo inferior:

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.

0,7500 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

– Nos supostos previstos neste número 1, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade tanto no centro coma no corpo, valoraránselles os servizos prestados como persoal funcionario de carreira dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario de carreira dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes plásticas e de oficios artísticos.

– Os servizos aludidos nas subepígrafes 1.2.2. e 1.2.3. non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servizos das subepígrafes 1.1.1. ou 1.1.2.

– Para os efectos das subepígrafes 1.1.1.,1.1.2, 1.2.1., 1.2.2. e 1.2.3., serán computados os servizos que se tivesen prestado en situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nos puntos previstos no artigo 87 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente serán computados, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, que non poderá exceder de tres anos.

2. Pertenza aos corpos de catedráticos.

Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de música e artes escénicas, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.

5,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente onde conste a pertenza ao corpo de catedráticos ou fotocopia compulsada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento.

3. Méritos académicos.

Para os efectos da súa valoración por esta epígrafe, unicamente se terán en conta, os títulos universitarios oficiais con validez no Estado español.

(Ver disposición complementaria terceira)

Máximo 10 puntos

3.1. Doutoramento, postgraos e premios extraordinarios.

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo) ou na Orde do 13 de agosto de 2007 (BOE do 21 de agosto) ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

3.1.1. Por posuír o título de doutor.

5,0000 puntos

3.1.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso na función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos, 60 créditos.

3,0000 puntos

3.1.3. Polo recoñecemento da suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.

Este mérito non se valorará cando sexa alegado o título de doutor.

2,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado-diploma correspondente.

3.1.4. Por ter obtido premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios superiores de música, pola mención honorífica no grao superior.

1,0000 puntos

Fotocopia compulsada da documentación xustificativa.

3.2. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non sexan as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se participa, valoraranse da forma seguinte:

3.2.1. Titulacións de grao:

Polo título universitario oficial de grao ou equivalente.

5,0000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 3.1.1.

3.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:

Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A2, non se valorará por este punto, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presenten.

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este punto, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.

3,0000 puntos

Fotocopia compulsada de todos os títulos que se posúan ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos ou ciclos.

3.2.3. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este punto, en ningún caso, os estudos desta natureza que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo, ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

As titulacións de só segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciado unicamente se valorarán como un segundo ciclo.

3,0000 puntos

Fotocopia compulsada de todos os títulos que se posúan ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos ou ciclos.

3.3. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional:

As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e superiores de música e danza e escolas de arte, así como as da formación profesional, caso de non ter sido as exixidas como requisito para ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non fosen necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:

Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e título profesional de música ou danza:

Fotocopia compulsada do certificado/título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do devandito título ou certificación acreditativa de ter superado os estudos conducentes á súa obtención.

Para valorar as titulacións da alínea e) deberá presentarse certificación académica en que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos.

a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa.

4,0000 puntos

b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa.

3,0000 puntos

c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa.

2,0000 puntos

d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa.

1,0000 punto

Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nos puntos anteriores só se considerará a de nivel superior que presente o participante.

e) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente.

2,0000 puntos

f) Por cada título profesional de música ou danza.

1,5000 puntos

4. Desempeño de cargos directivos e outras funcións.

(Ver disposición complementaria cuarta)

Máximo 20 puntos

4.1. Por cada ano como director/a de centros públicos docentes, en centros de profesores e recursos ou institucións análogas establecidas polas administracións educativas nas súas convocatorias específicas, así como director/a de agrupacións de lingua e cultura españolas:

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

4,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento nos devanditos cargos ou fotocopia compulsada do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo.

4.2. Por cada ano como vicedirector/a, subdirector/a, xefe/a de estudos, secretario/a e asimilados en centros públicos docentes:

A fracción de ano computarase a razón de 0,2083 puntos por cada mes completo.

2,5000 puntos

4.3. Outras funcións docentes.

Ata 5,0000 puntos

Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, asesor Amtega, coordinador de centro plurilingüe, coordinador de sección bilingüe, coordinador de auxiliares de conversación, responsable/coordinador do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinador das dinamizacións das TIC, responsable/coordinador de biblioteca, responsable/coordinador da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, xefe/a de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesor/a de formación permanente, asesor/a Siega, asesor/a da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou director/a dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, así como polo desempeño da función titorial exercido a partir da entrada en vigor da LOE.

A fracción de ano computarase a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

1,0000 punto

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente na que consten as tomas de posesión e cesamento nas devanditas funcións, ou fotocopia compulsada do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa desempeñando a función docente.

Polas subepígrafes 4.1, 4.2, 4.3, 6.4 e 6.6 só se valorará o seu desempeño como persoal funcionario de carreira. No caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun destes cargos ou funcións, non poderá acumularse a puntuación e valorarase o que poida resultar máis vantaxoso para o concursante. Para estes efectos, no caso de persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, teranse en conta os servizos prestados nos devanditos cargos como persoal funcionario de carreira dos correspondentes corpos de profesores, incluídos os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, catedráticos de escolas oficiais de idiomas e profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

5. Formación e perfeccionamento.

Máximo 10

puntos

5.1. Actividades de formación superadas:

Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza o participante, ás prazas ou postos a que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, as consellerías que teñan atribuídas as competencias en materia educativa das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 6,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

5.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 5.1.

Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 3. Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 3,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación de Administración educativa.

5.3. Por cada especialidade de que sexa titular correspondente ao corpo polo cal se concursa e distinta á de ingreso neste, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades previstas no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, e Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro.

(Para os efectos desta subepígrafe, no caso dos corpos de catedráticos valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores).

1,0000 punto

Fotocopia compulsada da credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa correspondente.

6. Outros méritos.

Máximo 15 puntos

6.1. Publicacións:

Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o editor destas.

Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nesta subepígrafe coas exixencias que así se indican.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por este punto:

a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor...................................... ata 1,0000 punto

– Coautor.................................. ata 0,5000 puntos

– 3 autores............................... ata 0,4000 puntos

– 4 autores............................... ata 0,3000 puntos

– 5 autores............................... ata 0,2000 puntos

– Máis de 5 autores.................. ata 0,1000 puntos

b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor..................................... ata 0,2000 puntos

– Coautor................................. ata 0,1000 puntos

– 3 ou máis autores................. ata 0,0500 puntos

Ata 8,0000 puntos

– No caso de libros, a seguinte documentación:

• Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

• Certificado da editorial onde conste: título do libro, autor/es, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados polas administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado debe constar o título do libro, autor/es, data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.)

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

– No caso de revistas, a seguinte documentación:

• Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

• Certificado en que conste: o número de exemplares, lugares de distribución e venda, ou asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, autor/es, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

En relación coas revistas editadas polas administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais, no certificado debe constar o título da revista, autor/es, data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

– No caso de publicacións que soamente se dan en formato electrónico, presentarase un informe no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os autores, o ano e a URL. Ademais, presentarase un exemplar impreso.

6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas.

Pola participación en proxectos de investigación e innovación no ámbito da educación.

Ata 2,5000 puntos

A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente.

6.3. Méritos artísticos e literarios:

– Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

– Por composicións ou coreografías estreadas como autor ou gravacións con depósito legal.

– Concertos como director, solista, bailarín, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos...).

– Por exposicións individuais ou colectivas.

Ata 2,5000 puntos

No caso de exposicións: programas onde conste a participación do interesado e certificación da entidade organizadora.

No caso dos premios: certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome do premiado, o ámbito deste e a categoría do premio.

No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é o autor e o seu depósito legal.

No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é o autor ou intérprete e o seu depósito legal.

No caso dos concertos: programas onde conste a participación do interesado e certificación da entidade organizadora, onde conste a realización do concerto e a participación como director, solista ou solista con orquestra/grupo.

6.4. Por cada ano de servizo desempeñando postos en Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo cal participa.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1200 puntos por cada mes completo.

1,5000 puntos

Fotocopia compulsada do nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no posto.

6.5. Por cada convocatoria en que se actuase efectivamente como membro dos tribunais dos procedementos selectivos de ingreso ou acceso aos corpos docentes a que se refire a LOE.

Por esta subepígrafe unicamente se valorará ter formado parte dos tribunais a partir da entrada en vigor do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro (BOE do 2 de marzo).

0,2500 puntos

Certificado expedido polo órgano da Administración educativa convocante que teña a custodia das actas dos tribunais destes procedementos.

6.6. Por cada curso de titorización das prácticas do título universitario oficial de máster para acreditar a formación pedagóxica e didáctica exixida para exercer a docencia en determinadas ensinanzas do sistema educativo, así como pola titorización das prácticas para a obtención dos títulos universitarios de grao que o requiran.

0,1000 puntos

Certificado expedido pola Administración educativa competente ou, se é o caso, do director do centro público docente en que se realizase a titorización, con indicación do curso académico e duración das prácticas.

6.7. Exclusivamente para prazas situadas en Navarra, no País Vasco, en Valencia, en Baleares e en Cataluña.

Máximo 5,0000 puntos

Os que se determinen nas correspondentes convocatorias específicas desas administracións educativas.

Disposición complementaria primeira

Os méritos acreditados polas persoas participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, por tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización deste.

Disposición complementaria segunda. Antigüidade

Procederá asignar puntuación pola subepígrafe 1.1.3 aos participantes no concurso que se encontren nas seguintes situacións:

– Os que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.1 con destino definitivo en praza, posto ou centro de especial dificultade.

– Os que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.2 e durante o tempo de provisionalidade estivesen nunha praza, posto ou centro de especial dificultade.

- Os participantes das subepígrafes 1.1.1 e 1.1.2 que teñan concedida unha comisión de servizo noutra praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.

Disposición complementaria terceira. Méritos académicos

1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse fotocopia compulsada de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo.

2. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación.

3. Nas subepígrafes do 3.1 só se valorará un título por cada un deles. Non se baremará pola subepígrafe 3.1.2 ningún título de máster exixido para o ingreso na función pública docente.

4. Cando os títulos fosen obtidos no estranxeiro ou fosen expedidos por institucións docentes doutros países, deberá achegarse, ademais, a correspondente homologación.

5. Non se baremarán polo número 3 os títulos universitarios non oficiais que conforme a disposición adicional décimo primeira do Real decreto 1397/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, sexan expedidos polas universidades en uso da súa autonomía.

Disposición complementaria cuarta. Valoración dos cargos directivos e outras funcións

1. Para os efectos previstos nos números 4.1, 4.2 e 4.3 do baremo de méritos consideraranse centros públicos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:

– Institutos de bacharelato.

– Institutos de formación profesional.

– Centros de educación de persoas adultas, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que os centros a que se refiren estas subepígrafes.

– Centros de ensinanzas integradas.

Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos os que corresponden ás prazas dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas de conservatorios de música:

– Conservatorios superiores de música ou danza.

– Conservatorios profesionais de música ou danza.

– Conservatorios elementais de música.

– Escolas superiores de artes dramáticas.

– Escola superior de canto.

2. Para os efectos previstos na subepígrafe 4.2. do baremo de méritos, consideraranse como cargos directivos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:

– Secretario adxunto.

– Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.

– Xefe de estudos adxunto.

– Xefe de residencia.

– Delegado do xefe de estudos de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

– Director-xefe de estudos de sección delegada.

– Director de sección filial.

– Director de centro oficial de padroado de ensino medio.

– Administrador en centros de formación profesional.

– Profesor delegado no caso da sección de formación profesional.

Disposición complementaria quinta

Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables polo número 5.1 deste anexo. Non se valorarán as validacións cando de forma simultánea se acredite a realización dos correspondentes cursos. Ao mesmo tempo, puntuaranse por este número 5.1 os cursos de especialización.

Disposición complementaria sexta

O nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas, o ciclo superior e o certificado de aptitude puntuaranse no número 3.3 como nivel B2.

O nivel intermedio de galego da escola oficial de idiomas e o ciclo elemental puntuaranse no número 3.3 como nivel B1.

Disposición complementaria sétima

En relación coa puntuación dos números 6.1 e 6.3 non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutorado, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola comisión baremadora do concurso de traslados convocado por Orde do 8 de novembro de 2010.

Disposición complementaria oitava

As actividades realizadas a partir do 23 de maio de 2013, relacionadas nos artigos 32 a 40 da Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente de profesorado, para que sexan baremables no concurso de traslados deberán estar debidamente rexistradas no Rexistro Xeral das actividades de formación do profesorado.

Anexo II
Baremo de prioridades do concurso de traslados de ámbito nacional no corpo
de inspectores ao servizo da Administración educativa e de inspectores
de educación

Méritos

Valoración

Documentos xustificativos

1. Antigüidade

1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida, como persoal funcionario de carreira con destino definitivo, no mesmo equipo provincial ou, se é o caso, das unidades territoriais en que estea organizada a inspección educativa.

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

Polo primeiro e segundo anos:

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

2,0000 puntos por ano

Polo terceiro ano:

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

4,0000 puntos

Polo cuarto e seguintes:

A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo.

6,0000 puntos por ano

No caso do persoal funcionario obrigado a concursar por ter perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, por provir da situación de excedencia forzosa ou por supresión expresa con carácter definitivo da súa praza, considerarase como posto desde o cal participa, para os fins de determinar os servizos a que se refire esta subepígrafe, o último servizo con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera posto da inspección educativa. Igualmente, os mesmos criterios serán de aplicación ao persoal funcionario que participe desde o destino adxudicado en cumprimento de sanción disciplinaria, de traslado forzoso, con cambio de localidade de destino.

1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Cando este persoal participe por primeira vez con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á subepígrafe 1.1 sumaráselle a obtida por esta subepígrafe.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.3. Antigüidade no corpo.

1.3.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario de carreira no corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa ou no corpo de inspectores de educación:

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Para os efectos de determinar a antigüidade nestes corpos recoñeceranse os servizos efectivos prestados como persoal funcionario de carreira nos corpos de inspectores de procedencia e os prestados desde a data de acceso como docentes á función inspectora de conformidade coa disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.3.2. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario de carreira noutros corpos docentes aos que se refire a LOE.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

1,0000 punto

Os servizos aludidos na subepígrafe 1.3.2 non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos cos servizos das subepígrafes 1.1 ou 1.2.

Para os efectos previstos nas subepígrafes 1.1, 1.2, 1.3.1 e 1.3.2, serán computados os servizos que se tivesen prestado na situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nos puntos previstos no artigo 87 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, así como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente será computado, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, que non poderá exceder tres anos.

2. Méritos académicos:

Para os efectos da súa valoración por esta epígrafe, unicamente se terán en conta os títulos con validez oficial no Estado español.

(Ver disposición complementaria segunda)

Máximo 10 puntos

2.1. Doutoramento, postgraos e premios extraordinarios:

2.1.1. Por posuír o título de doutor.

5,0000 puntos

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo) ou na Orde do 13 de agosto de 2007 (BOE do 21 de agosto) ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

2.1.2. Polo título universitario oficial de máster, distinto do requirido para o ingreso na función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos, 60 créditos.

3,0000 puntos

2.1.3. Polo recoñecemento da suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.

Non se valorará este mérito cando sexa alegado o título de doutor.

2,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado-diploma correspondente.

2.1.4. Por ter obtido premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao.

1,0000 punto

Fotocopia compulsada da documentación xustificativa.

2.2. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se concursa ou para o acceso, no seu día, aos postos de inspección educativa, valoraranse da forma seguinte:

2.2.1. Titulacións de grao:

Polo título universitario oficial de grao ou equivalente.

5,0000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 2.1.1.

2.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:

Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría.

Por esta subepígrafe non se valorarán, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.

3,0000 puntos

Fotocopia compulsada de todos os títulos que se posúan ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica de todos os títulos ou ciclos que se posúan, onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos ditos título ou ciclos.

2.2.3. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.

Por esta subepígrafe non se valorarán, en ningún caso, os estudos desta natureza que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

No caso de titulacións de só segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciado, unicamente se valorarán como un segundo ciclo.

3,0000 puntos

2.3. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional:

As titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e superiores de música e danza e escolas de arte, así como as da formación profesional, caso de non ter sido as exixidas como requisito para no ingreso na función pública docente ou, no seu caso, non fosen necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:

a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa.

4,0000 puntos

Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e título profesional de música ou danza:

Fotocopia compulsada do certificado/título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do devandito título ou certificación acreditativa de ter superado os estudos conducentes á súa obtención.

Para valorar as titulacións da alínea e) deberá presentarse certificación académica en que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos.

b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa.

3,0000 puntos

c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa.

2,0000 puntos

d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa.

1,0000 punto

Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nas alíneas anteriores, só se considerará a de nivel superior que presente o participante.

e) Por cada título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente.

2,0000 puntos

f) Por cada título profesional de Música ou Danza.

1,5000 puntos

3. Formación e perfeccionamento.

Máximo 10 puntos

3.1. Actividades de formación superadas:

Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento na función inspectora ou con aspectos relacionados coa organización escolar ou co ensino, organizados polo Ministerio de Educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 6,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

3.2. Pola impartición, dirección ou coordinación de actividades de formación que teñan por obxecto o perfeccionamento na función inspectora ou cos aspectos relacionados coa organización escolar ou co ensino, organizados polo Ministerio de Educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro sempre que fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como polas organizadas polas universidades.

Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 4,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado ou documento acreditativo da impartición en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberá, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

4. Outros méritos:

Máximo 20 puntos

4.1. Publicacións.

Por publicacións de carácter didáctico e científico directamente relacionadas co ensino.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro modificado polo Real decreto 2063/2008, de 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o editor.

Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nestas subepígrafes coas exixencias que así se indican.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

- Autor............................ ata 1,0000 punto

- Coautor....................... ata 0,5000 puntos

- 3 autores..................... ata 0,4000 puntos

- 4 autores..................... ata 0,3000 puntos

- 5 autores..................... ata 0,2000 puntos

- Mais de 5 autores........ ata 0,1000 puntos

b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

- Autor.......................... ata 0,2000 puntos

- Coautor...................... ata 0,1000 puntos

- 3 ou máis autores...... ata 0,0500 puntos

Máximo 5,0000 puntos

– No caso de libros a seguinte documentación:

* Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

* Certificado da editorial onde conste título do libro, autor/a, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais. En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en librarías comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar o título do libro, autor/a, o número de exemplares, data da primeira edición, os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado deberán de xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

– No caso de revistas, a seguinte documentación:

* Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

* Certificación en que conste o número de exemplares, lugares de distribución e venda, ou asociación científica ou didáctica legalmente constituída á que pertence a revista, título da publicación, autor/a, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en establecementos comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar o título da revista, autor/a, número de exemplares, data da primeira edición, os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

– No caso de publicacións que soamente se dan en formato electrónico, para ser valorado deberá ir acompañado por un informe no cal, o organismo emisor, certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o titulo da publicación, autor/a, o ano e a URL. Ademais presentarase un exemplar impreso.

4.2. Valoración do traballo desenvolvido.

(Ver disposición complementaria terceira)

Máximo 10 puntos

4.2.1 Por cada ano de servizo en postos de subdirector xeral da Inspección de Educación, inspector xeral ou inspector xefe da Inspección Central de Educación Básica, de Bacharelato ou Ensino Medio do Estado, coordinador xeral de Formación Profesional, ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.

1,5000 puntos

Fotocopia compulsada do nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de posesión e cesamento ou, no seu caso, certificación na que conste que á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo.

4.2.2. Por cada ano de servizo en postos de inspector central, inspector central de Educación Básica, Bacharelato, ou Ensino Medio do Estado, ou coordinador central de Formación Profesional, secretario ou administrador da Inspección Central, inspector da Subdirección Xeral da Inspección Educativa, ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0830 puntos por cada mes completo.

1,0000 punto

4.2.3. Por cada ano de servizo en postos de inspector xefe provincial de Educación Básica ou inspector xefe de distrito de bacharelato ou ensino medio do Estado ou coordinador xefe provincial de Formación Profesional, ou xefe de servizo provincial de Inspección Técnica de Educación, xefe de división, ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0620 puntos por cada mes completo.

0,7500 puntos

4.2.4. Por cada ano como inspector xefe de distrito, xefe adxunto, coordinador de equipos sectoriais, coordinador de demarcación ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0410 puntos por cada mes completo

0,5000 puntos

4.2.5. Por cada ano de servizos desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo cal participa, sempre que estes sexan distintos dos enumerados nas subepígrafes 4.2.1 ao 4.2.4 deste anexo.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0620 puntos por cada mes completo.

0,7500 puntos

No caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun cargo dos indicados nas subepígrafes 4.2.1 a 4.2.5, non poderá acumularse a puntuación, e valorarase o que poida resultar máis vantaxoso para o concursante.

4.3. Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño.

3,000 puntos

Fotocopia compulsada do título Administrativo ou da credencial ou, se é o caso, do boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento

4.4. Exclusivamente para prazas situadas en Navarra, no País Vasco, en Valencia, en Baleares e en Cataluña.

Máx. 5,0000 puntos

Os que se determinen nas correspondentes convocatorias específicas desas administracións educativas.

Disposición complementaria primeira

Os méritos acreditados polos participantes deben terse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, por tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización deste.

Disposición complementaria segunda. Méritos académicos

– Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse fotocopia compulsada de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo.

– No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación.

– Nas subepígrafes do 2.1 só se valorará un título por cada unha delas.

– Cando os títulos sexan obtidos no estranxeiro ou sexan expedidos por institucións docentes doutros países, deberá incluírse, ademais, a correspondente homologación.

– Non se baremarán polo número 2 os títulos universitarios non oficiais que, conforme a disposición adicional décimo primeira do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, sexan expedidos polas universidades en uso da súa autonomía.

Disposición complementaria terceira. Valoración de traballo desenvolvido

– Só se valorará o seu desempeño como persoal funcionario de carreira.

Disposición complementaria cuarta

En relación coa puntuación dos números 4.1 non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola comisión baremadora do concurso de traslados convocado por Orde do 8 de novembro de 2010.