Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2014/143-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/143-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: reordenación LMT SBN-713 e CR Seixeda.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

LMT soterrada a CR Seixeda, a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,036 km, con orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado que se vai realizar no apoio existente nº 46 da LMT GRN-708 onde se realiza o paso aéreo-subterráneo ao CT avenida Fisterra nº 1 (expte. 2001/89) en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en cela de liña telecontrolada proxectada no CR Seixeda (expte. 51.276).

Celas de media tensión en CR Seixeda (expte. 51.276) telecontroladas con envolvente metálica de illamento SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 20 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña