Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO das bases e da convocatoria do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 170, do 8 de setembro de 2014, aparecen publicadas integramente as bases xerais, específicas e a convocatoria que ten por obxecto os procesos de funcionarización das prazas de persoal laboral fixo; no número 198, do 18 de outubro de 2014, corrección de erros, e no número 205, do 27 de outubro de 2014, modificación das bases específicas dun operario condutor. As prazas obxecto de funcionarización son as seguintes:

Postos de traballo de persoal laboral fixo

Responsable Axencia do Desenvolvemento Local

1

Axente de desenvolvemento local

1

Técnico en promoción económica

1

Traballadora social

3

Administrador sistema informático

1

Informático auxiliar

1

Auxiliar biblioteca-arquivo

6

Auxiliar monitora 3ª idade

1

Oficial de obras

1

Operario parque móbil e inmobles

1

Operario condutor

2

Operario-servizos

1

Traballadora familiar

1

As solicitudes presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases (base terceira das xerais), dirixidas ao alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Cambre (A Coruña).

Cambre, 28 de outubro de 2014

Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación