Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48423

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG do 13 de xuño), e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinala no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no Rexistro Xeral (rúa Maestranza, nº 9, 15001 A Coruña) e nos rexistros auxiliares desta universidade (Casa do Lagar-Campus de Elviña, A Coruña e Doutor Vázquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol) ou a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude acompañaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Esta convocatoria, así como os actos administrativos que dela deriven, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

Anexo I

Nº de posto

Denominación

Centro

Tipo

Grupo

Compl. destino

Compl.

específ.

Forma

provisión

152

Secretario/a

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

S

A2/C1

21

560,71

Libre designación

356

Secretario/a

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

S

A2/C1

21

560,71

Libre designación

386

Secretario/a

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

S

A2/C1

21

560,71

Libre designación

Requisitos: funcionarios/as de carreira dos grupos que se indican para o posto, con destino definitivo na Universidade da Coruña e os que pertenzan a corpos ou escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.

Anexo II

Apelidos

Nome

NIF

Data de nacemento

Corpo ou escala

Grupo

Nº rexistro persoal

Enderezo

Localidade

Provincia

Teléfono fixo

Teléfono móbil

Correo electrónico

Posto que solicita

Destino actual

Departamento

Organismo

Localidade

Solicito: ser admitido/a ao concurso convocado por Resolución da Universidade da Coruña do 13 de novembro de 2014 para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba relaciono.

A Coruña, _________de_______________________de 2014

(Sinatura do/a solicitante)

Xerente da Universidade da Coruña