Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48392

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 19 de novembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 21 de novembro de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di:

«As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais, desde o seguinte ao desta publicación.»

Debe dicir:

«As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais, desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.»