Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 49018

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S. A.

ANUNCIO do 24 de novembro de 2014 polo que se publica a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos/as candidatos/as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal desta empresa.

A Dirección-Xerencia de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos/as candidatos/as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública
de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)