Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49619

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2013, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na norma 7.3 dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2013, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2014 e publicados por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 9 de maio de 2014 (DOG nº 92, do 15 de maio), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/as solicitantes ou dos/as causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 14 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 200, do 20 de outubro) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do Fondo de Acción Social do exercicio económico do ano 2013.

Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición Fondo de Acción Social do exercicio económico 2013 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Terceiro. Contra a resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axuda

Entradas

Aprobadas

Denegadas

Importe euros

1. Atención de persoas con discapacidade

765

685

80

892.575,98