Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CT A Lanzada, no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2014/59-4).

A instalación denominada LMTS CT A Lanzada, no concello de Sanxenxo, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 27 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Pola imposibilidade de notificación aos afectados, déixase sen efecto a Resolución do 30 de outubro de 2014.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 14 de xaneiro de 2015, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Sanxenxo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 18 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

LMTS e CT A Lanzada

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

CP - Concello

Nº apoio

m2 chan

Concello

1

Labradío

Prado

Alfonso Magán Conde e Mª Carmen Carrillo López

Xeneral Pardiñas, 7, 4º A

15701 - Santiago de Compostela

CT

15,50

Sanxenxo

2

Labradío

Prado

Alfonso Magán Conde e Mª Carmen Carrillo López

Xeneral Pardiñas, 7, 4º A

15701 - Santiago de Compostela

CT

27,69

Sanxenxo