Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 50993

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto vacante de supervisor/a de unidade.

Por Resolución do 7 de abril de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 83, do 2 de maio), convocouse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, un posto vacante de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da comisión de valoración a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico polo aspirante, que constan nas actas da dita comisión,

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 5 de xullo), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (Diario Oficial de Galicia 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 130, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicarlle o posto de traballo convocado ao aspirante que obtivo a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O aspirante nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2006 avaliará fundamentalmente o cumprimento dos obxectivos da unidade.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 10 de novembro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a de unidade de Consultas Externas-Urxencias do Hospital de Verín.

Nome e apelidos: Benito Quiñones García.

DNI: 34996404-H.