Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meira

ANUNCIO de exposición pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno Municipal acordou, o 9 de xuño de 2014, aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Meira, mediante a delimitación dos núcleos rurais de Riocabo, A Pena, A Valiña e Paredes. De acordo co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia durante un período de dous meses e en dous dos xornais de maior difusión na provincia, na web do concello (concellodemeira.com) e no seu taboleiro de anuncios, para que os interesados poidan examinar o expediente no concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, formular as alegacións que consideren oportunas. Ao mesmo tempo, darase audiencia aos municipios limítrofes.

Meira, 20 de novembro de 2014

Ramiro Pérez Freijo
Alcalde