Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fan públicos dous inicios do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao Programa de fomento da contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (anexo A), (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa aos expedientes TR348A 2010/65-2 e TR348A 2010/149-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidad co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 24 de novembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/65-2.

Nome: Disgarsil, S.L.

DNI/NIF: B27166693.

Último enderezo coñecido: lg. Corvelle, s/n, 27690 Sarria, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada ao abeiro desta orde durante un período de tres anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR348A 2010/149-2.

Nome: Jesús Ángel Martínez Fernández.

DNI/NIF: 333444537.

Último enderezo coñecido: r/ Magnolia, 28, 3º A, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de tres anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.