Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 13 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da notificación do trámite de audiencia do expediente de sanción por infracción na orde social 11/2003.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, a quen non puido facerse por correo certificado, o trámite de audiencia no expediente de sanción, por infraccións na orde social (materia seguridade e hixiene):

Empresa: Construcciones Drua, S.L.

Domicilio: r/ Alcalde Electo Carballo, 15, Culleredo (A Coruña).

NIF: B15810310.

Número de expediente: 11/2003.

O interesado disporá dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para presentarse con poder suficiente, perante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días desde a data da súa comparecencia, quedando o expediente sancionador visto para resolución.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Traballo e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 13 de novembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo