Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia (10 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e 981 54 62 24 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21572

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SEXU 05 a 14-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: dez.

Lote 1: sede do Rexistro Civil da Coruña.

Lote 2: sede do Rexistro Civil de Ourense.

Lote 3: sede dos xulgados do mercantil e do contencioso-administrativo da Coruña (plantas 5ª, 6ª e 7ª do Edificio Proa. Matogrande).

Lote 4: sede do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui.

Lote 5: edificio dos xulgados de Cangas do Morrazo.

Lote 6: sede da Subdirección do Imelga na Coruña.

Lote 7: edificio dos xulgados de Lalín.

Lote 8: edificio xudicial vello de Vigo.

Lote 9: edificio do xulgado de Arzúa.

Lote 10: edificio dos xulgados de Ferrol-xulgado de garda.

d) Lugar de execución: en cada unha das sedes indicadas na alínea anterior.

e) Prazo de execución: doce meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79710000-4 (servizos de seguridade) e 79714000-2 (servizos de vixilancia).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 685.080,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 311.400,00 €.

Importe total: 376.794,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1. Importe sen IVE: 39.310,00 €. Importe IVE (21 %): 8.255,10 €. Total: 47.565,10 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 39.310,00 €. Importe IVE (21 %): 8.255,10 €. Total: 47.565,10 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 51.725,00 €. Importe IVE (21 %): 10.862,25 €. Total: 62.587,25 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 5. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 6. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 7. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 8. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 9. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 10. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21%): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: para o suposto en que se licite a un número de lotes no cal os orzamentos de licitación sumen un importe superior ao establecido no artigo 25.1 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, no que se fala de orzamento igual ou superior a 120.202,42 € (IVE incluído), sen ter en conta, polo tanto, o valor estimado do contrato máis as posibles prórrogas e modificacións (disposición transitoria cuarta do TRLCSP) exíxese clasificación no grupo M, subgrupo 2 e 3. A categoría da clasificación establecerase en función da suma dos orzamentos de licitación dos lotes a que concorran, de acordo cos seguintes importes:

Categoría A: inferior a 150.000,00 €.

Categoría B: igual ou superior a 150.000,00 € e inferior a 300.000,00 €.

Categoría C: igual ou superior a 300.000,00 € e inferior a 600.000,00 €.

b) Solvencia: no caso de presentarse a lotes cuxa suma sexa igual ou inferior a 120.202,42 € (IVE incluído) requirirase a seguinte solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público ás 12.15 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza