Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e anticipado de gasto, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de dinamización demográfica de Galicia (expediente 125/2014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 01 13.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 125/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de dinamización demográfica de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e rematará antes do 30 de novembro de 2015.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 servizos de publicidade.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto e suxeito á regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en adiante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: catrocentos noventa e cinco mil oitocentos sesenta e sete euros con setenta e sete céntimos (495.867,77 €).

5. Orzamento base de licitación: o importe total deste contrato é de catrocentos noventa e cinco mil oitocentos sesenta e sete euros con setenta e sete céntimos (495.867,77 €), ao cal se lle engaden cento catro mil cento trinta e dous euros con vinte tres céntimos (104.132,23 €) que corresponden ao 21 % de IVE, o que supón un orzamento total de seiscentos mil euros (600.000 €) con cargo á anualidade de 2015.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo T (servizos de contido), subgrupo 1 (servizos de publicidade), categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, será suficiente que estes acrediten a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional da maneira relacionada nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 12 de xaneiro de 2015.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo, segundo o establecido na cláusula 6 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia. Serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de decembro de 2014.

12. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21621

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar