Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53198

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do nomeamento de funcionarios de carreira.

O concelleiro de Goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante Resolución do 17 de outubro de 2014, nomeou funcionarios de carreira deste concello a María del Carmen Quintáns Graña, con DNI 76826932-D; Mª Isabel Formoso Salgado, con DNI 76727301-Z, e Alberto Arosa Landín, con DNI 35470496-B, para ocuparen tres (3) prazas de auxiliar administrativo, encadradas na subescala auxiliar da escala da Administración xeral, integradas dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna e oposición libre, que tomaron posesión con efectos económicos e administrativos do día 1 de novembro de 2014.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 4 de decembro de 2014

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde