Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de dúas resolucións de expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica as resolucións do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que consta nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal, 8, 1ª planta, 36201 Vigo, onde poderá comparecer no plazo de 5 días hábiles (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas) para coñecemento do contenido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Nº expedientes: 2014/188-5 e 2014/189-5.

Interesado: Javier Galiñanes Campaña.

Domicilio: descoñecido.

Asunto: notificación de duas resolucións administrativas con data do 14 de outubro de 2014.

Vigo, 4 de decembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo