Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que a seguir se relacionan, a quenes non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de xogo, o seu número citase no anexo.

Desígnase instrutor do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, podendo ser recusados en calquera instante da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a sua responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo establecido no Decreto 227/2012, do 2 de decembro polo que se fixa a estructura orgánica da Xunta de Galicia e o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 5 de decembro de 2014

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº de expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Serafín Vázquez Costa

33308445Y

L-9/2014

Artigo 29.j) Lei14/1985

R/ Carril das Hortas, nº 39, 4ª B

Gil Vázquez Vázquez

33247993G

L-8/2014

Artigo 29.j) Lei14/1985

R/ Camiño de Pipín, nº 113, 1ª