Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal.

O 27 de setembro de 2014, o Pleno do Concello de Oroso adoptou este acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oroso nos termos que constan no expediente.

Segundo. Iniciar un período de información pública do expediente durante dous (2) meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o dito período o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Terceiro. Non procede a suspensión do outorgamento de licenzas prevista no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á vista de que, segundo os servizos urbanísticos municipais, as modificacións propostas non afectan a ordenación urbanística vixente.

Cuarto. Darlles audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo de información pública, e proceder a solicitar os informes aos organismos afectados por razón das súas competencias sectoriais, os cales deberán emitilo no prazo dun mes, agás que unha disposición autorice un prazo máis longo».

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do expediente atópase ao dispor do público na oficina municipal de Urbanismo, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Oroso, 1 de decembro de 2014

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde