Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 305

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 12 de decembro de 2014 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Cented, de Santiago de Compostela.

O representante da titularidade do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Cented, de Santiago de Compostela, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Fútbol e Fútbol Sala, reguladas no Decreto 353/2003, do 11 de setembro; no Decreto 372/2003, do 16 de setembro; no Decreto 356/2003, do 11 de setembro e no Decreto 374/2003,
do 16 de setembro.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e o funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Cented, que queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

Denominación específica: Cented.

Código do centro: 15032901.

Titular: 2010 Tecnicosports, S.L.

Domicilio: rúa San Roque, 6.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Ensinanzas que se autorizan:

Grao medio:

– As conducentes á obtención do título de Técnico Deportivo en Fútbol.

– As conducentes á obtención do título de Técnico Deportivo en Fútbol Sala.

Grao superior:

– As conducentes á obtención do título de Técnico Deportivo Superior en Fútbol.

– As conducentes á obtención do título de Técnico Deportivo Superior en Fútbol Sala.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria