Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario para a contratación da subministración sucesiva de refrixerados, lácteos, coloniais e hortalizas conxeladas (expediente MS-EIO1-14-013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos-Sección de contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Casetas administración, planta baixa. Sección de Contratación.

2º. Domicilio: rúa Ramón Puga, 52.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 59 49.

5º. Rightfax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil del contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de documentación.

d) Número de expediente: MS-EIO1-14-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de forma sucesiva e por prezo unitario de refrixerados, lácteos, coloniais e hortalizas conxeladas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: ver punto VIII do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de execución/entrega: ver a alínea 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver a alínea 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: ver a alínea 7.1.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV: 15320000-4; 15540000-5; 15331170-9; 15511000-3; 15131130-5; 15313000-5 e 03142500-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver número 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 917.279,03 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 352.799,63 euros.

b) Importe total: 382.483,05 euros.

6. Garantías exixidas. Provisional: ver a alínea 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver as alíneas 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22 de xaneiro de 2015. Se o último día de presentación de ofertas coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3. desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver a alínea 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ver a alínea 19 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver número 11.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: ver alínea 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 5ª planta do Edificio Cirúrxico, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Data e hora: apertura dos sobres B: publicaranse no perfil do contratante:
www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: ver a alínea 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Fecha de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de decembro de 2014.

12. Outras informacións.

Ourense, 17 de decembro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras