Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de decembro de 2014 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión do viveiro María Teresa I, sita no polígono Redondela A, cuadrícula número 26.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro María Teresa I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 31 de outubro de 2014, María del Carmen González Otero (78781082N) solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro María Teresa I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa a favor de María del Carmen González Otero (78731082N) e María del Pilar González Otero (78732858V) da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: María Teresa I.

Localización:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20.5.1964 (BOE nº 133).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: María Otero Rocha (35844779S), María del Carmen González Otero (78731082N) e María del Pilar González Otero (78732858V).

Novos titulares: Mª del Carmen González Otero (78781082N) e María del Pilar González Otero (78732858V).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de decembro de 2014

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo