Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 922

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2015.

A Consellería do Medio Rural e do Mar publicou o 24 de decembro de 2013 as bases reguladoras das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA), mediante a Orde do 18 de decembro de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2014.

Estas axudas derivan do Regulamento (CE) 1234/2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas, e do Regulamento (CE) 555/2008 que o desenvolve, así como do Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español.

Os cambios normativos producidos obrigan a introducir algunhas modificacións nas condicións das axudas, así como no seu sistema de xestión. En particular, no marco da reforma da Política Agrícola Común ditouse o Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea unha organización común de mercados dos produtos agrarios e que derroga, entre outros, o Regulamento (CE) 1234/2007. Así mesmo, con data do 20 de decembro de 2014 publicouse o Real decreto 1079/2014 para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola, que derroga o Real decreto 548/2013.

Por todo isto, considérase aconsellable volver a publicar na súa integridade as bases reguladoras das axudas e a convocatoria correspondente ao ano 2015. En todo caso, e para os efectos de garantir o coñecemento por parte dos potenciais beneficiarios da normativa aplicable a estas subvencións, óptase por reiterar literalmente o real decreto estatal.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2015.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras para a concesión das axudas para a execución de
medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 2 Tipos de accións e duración dos programas

1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países mencionadas no artigo 45 de Regulamento (UE) nº 1308/2013 poderán incluír calquera das accións e actividades relacionadas no anexo III desta orde.

2. As ditas accións deberán levarse a cabo preferentemente no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolvan en un ou varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.

3. Os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos por beneficiario e país. No entanto, poderán ser prorrogados por un período de non máis de dous anos, logo de solicitude, de acordo co previsto no parágrafo 5 do artigo 6.

Artigo 3 Beneficiarios

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas, tal como se definen na alínea m) do artigo 2 do Real decreto 1079/2014.

b) As organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas nos artigos 152, 156 e 157 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, recoñecidas polo Estado membro e que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

c) Órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas vínicas.

d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas do sector vitivinícola.

e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

f) As cooperativas de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas.

g) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados en terceiros países.

Non obstante, conforme o disposto no número 2 do artigo 8 do Real decreto 1079/2014, non serán admisibles as solicitudes de organismos públicos de ámbito nacional, que, en todo caso, deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

2. Os beneficiarios deberán demostrar suficiente capacidade técnica e financeira para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e medios para asegurar que a medida se implementa o máis efectivamente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos, para asegurar a resposta fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada.

Artigo 4 Produtos e países que poden ser obxecto de accións

1. Poderán ser obxecto das medidas de promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

a) Viños con denominación de orixe protexida.

b) Viños con indicación xeográfica protexida.

c) Viños en que se indique a variedade de uva de vinificación.

2. Consideraranse elixibles para realizar medidas de promoción todos os terceiros países, sendo prioritarios os enumerados no anexo VII.

Artigo 5 Características das accións e programas

1. As accións e programas estarán claramente definidos especificando o país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.

2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses que comezarán o 1 de xuño de cada ano.

3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinados.

4. No caso dos viños que conten cunha indicación xeográfica, deberá especificarse a orixe do produto como parte da campaña de información e promoción.

5. Sen prexuízo do disposto nos números 3 e 4, as referencias a marcas, de ser o caso, poderán formar parte da mensaxe.

6. Poderanse considerar subvenciobales os custos de persoal da empresa adicado ás actividades de promoción. Tamén serán subvencionables os custos xerais do beneficiario, sempre e cando os devanditos custos se consignen nunha partida específica do orzamento recapitulativo do programa. As condicións para a subvencionalidade dos devanditos gastos, así como para outro tipo de gastos, son as establecidas no anexo VIII desta orde.

7. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo IX desta orde.

8. O órgano colexiado previsto no artigo 19 do Real decreto 1079/2014, para favorecer a coherencia e eficacia da medida, poderá establecer anualmente directrices sobre as campañas de información e de promoción, que se regularán polo disposto normativamente.

Artigo 6 Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

– Memoria que deberá conter, polo menos, a información prevista no anexo II.

– Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante (fotocopia do NIF no caso de persoa xurídica ou fotocopia do DNI no caso de persoa física). No caso de DNI só será necesario presentalo se o beneficiario non outorga expresamente a autorización á consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

– Fotocopia compulsada do poder ou acordo do órgano competente, de ser o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes na data da solicitude.

– Fotocopia compulsada das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

– Fotocopia das declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos.

– Fotocopia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

– Declaración de concorrencia de axudas seguindo o modelo do anexo VI.

-Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado.

3. O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente e, en todo caso, rematará antes do 15 de febreiro de cada ano.

4. As accións e programas presentados deberán conter polo menos a información prevista no anexo II (Memoria) e:

– Cumprir o disposto nesta orde.

– Respectar a normativa da Unión Europea relativa aos produtos considerados e a súa comercialización.

– Incluír co suficiente grao de detalle todos os requisitos necesarios para que se poida evaluar a súa conformidade coa normativa aplicable e a súa relación calidade/prezo.

– Especificar os medios propios ou externos con que se contará para desenvolver as accións previstas.

Conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto supere a contía de 50.000 € no caso de obras, ou de 18.000 € no resto dos casos, deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes proveedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o suministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos cales non se acredite o cumprimento deste requisito.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

5. No caso de prórroga dun programa, de acordo co parágrafo 3 do artigo 2, ademais da documentación prevista nos parágafos 1 e 4 deste artigo, os interesados deberán presentar un informe de resultados dos dous primeiros anos de execución para a súa avaliación. O devandito informe conterá, polo menos, información relativa aos efectos no mercado de destino do programa desenvolvido, ademáis de detallar as razóns para solicitar a prórroga.

6. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que no estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda) de acordo co establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para estes efectos, a presentación da solicitude de axuda supón a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Consellería de Facenda, de acordo co establecido no artigo 10 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento original para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén se poderá presentar en formato papel en cualquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á dispor das personas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente empregados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7 Instrución e resolución

1. Corresponde á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria a instrución do procedemento. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nesta orde e no artigo 4 do Regulamento (CE) 555/2008, a unidade correspondente da dita dirección xeral requirirá o interesado para que a repare no prazo máximo e improrrogable de dez días, e indicaralle que, se non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, de ser o caso, o de emenda establecido no número anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales se solicita axuda.

3. O exame e valoración das solicitudes levaraos a cabo unha comisión de valoración constituída do seguinte xeito:

– Presidente: o subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

– Vogais: dous funcionarios do Servizo de Industrialización e Comercialización.

– Secretario: un funcionario do dito servizo, que actuará con voz e sen voto.

4. A valoración das solicitudes terá dúas fases:

a) Fase de avaliación da calidade dos programas: os programas puntuaranse de acordo cos criterios establecidos no número 1 do anexo V. Só se consideraran aprobados aqueles programas que acadasen, polo menos, o 50 % da puntuación total establecida no devandito número.

b) Fase de aplicación dos criterios de priorización: só aplicable aos programas que teñan superado a fase anterior. A puntuación adxudicarase de acordo cos criterios do número 2 do anexo V.

5. A comisión de valoración, seguindo o procedemento indicado no número anterior, emitirá un informe coa valoración das solicitudes que teñan superado a fase de avaliación da calidade dos programas, aplicando os criterios de priorización establecidos, e que elevará á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria. Esta dirección xeral elaborará unha lista provisional coas accións e programas ordenados por puntos, e a puntuación final de cada un deles será a suma das puntuacións obtidas nas alíneas 4.a) e 4.b) anteriores, e que remitirá ao Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente antes do 1 de abril de cada ano xunto coa documentación dos programas seleccionados (copia dos formularios).

6. De acordo co establecido no artigo 10 do Real decreto 1079/2014, no seo da Mesa de Promoción Alimentaria, aprobada na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 19 de febreiro de 2007, integrada por representantes do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e das comunidades autónomas, constituirase unha Comisión Nacional de Selección de Programas.

Esta comisión será a responsable de elaborar, para cada exercicio Feaga, a lista definitiva das accións e programas que se propoñan á Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural para a súa aprobación.

7. A lista definitiva de accións e programas elaborarase por orde de puntuación a partir das listas provisionais remitidas polas comunidades autónomas.

En caso de empate nas puntuacións, serán prioritarios os programas con mellor relación calidade prezo.

A Comisión poderá, segundo proceda, propoñer:

a) Se o gasto total previsto nas solicitudes aprobadas non excede o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida:

1º. A aprobación da lista.

2º. A aprobación da lista, condicionada á aceptación de certas adaptacións que se axusten á estratexia e directrices establecidas, se é o caso, polo Comité previsto no artigo 19 do Real decreto 1079/2014.

b) Se o gasto total previsto nas solicitudes aprobadas excede o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida:

1º. A aprobación da lista, ata o límite da ficha financeira para a medida.

2º. A aprobación da lista dentro dos límites dos fondos dispoñibles para o programa.

8. Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial a lista definitiva das accións e programas seleccionados e as condicións establecidas para eles, as solicitudes correspondentes á Comunidade Autónoma serán resoltas pola persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo máximo de 6 meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Transcorrido o prazo de seis meses sen terse notificado aos interesados resolución ningunha, estes poderán entender desestimada a súa solicitude de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

9. A resolución de concesión indicará os gastos considerados como subvencionables, así como as condicións xerais e particulares que se consideren necesarias para garantir o cumprimento dos obxectivos da axuda. Especificamente indicará o prazo máximo para a realización e xustificación dos gastos efectuados.

A dita resolución de concesión indicará tamén expresamente a procedencia dos fondos.

10. As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria anual esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se a resolución é expresa.

11. No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicarán á Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo máximo de dous meses a aceptación da resolución nos termos establecidos, así como a xustificación da constitución dunha garantía, de acordo coas condicións previstas no Regulamento de Execución (UE) nº 282/2012 da Comisión, do 28 de marzo de 2012, polo que se establecen as modalidades comúns de aplicación do réxime de garantías para os produtos agrícolas, por un importe non inferior ao 15% do montante anual do financiamento da Unión Europea, co fin de asegurar a correcta execución do programa.

No caso de que os beneficiarios sexan organismos públicos, estes estarán exentos de cumprir co requisito de ter que depositar a garantía de boa execución, tal e como establece o artigo 6.a) do Regulamento de execución nº (UE) 282/2012 da Comisión, do 28 de marzo.

12. A exixencia principal, de acordo co artigo 20 do Regulamento de Execución (UE) nº 282/2012 da Comisión, do 28 de marzo, será a execución das accións obxecto da resolución favorable, que deberá acadar, polo menos, o cumprimento do 50% do orzamento total aprobado en conferencia sectorial (sen modificacións). Por debaixo deste procederase á execución total da garantía de boa execución, ademáis de non pagar a parte executada independentemente da porcentaxe que sexa.

Artigo 8 Modalidades de pagamento das axudas

1. As axudas para execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países pagaranse despois da xustificación dos investimentos de acordo co establecido no artigo 9.

2. Non obstante, o beneficiario poderá solicitar un anticipo polo 80 % da contribución comunitaria anual.

O pagamento dun anticipo supeditarase á constitución dunha garantía financeira, por un importe igual ao 110 % do anticipo da axuda, de conformidade coas condicións establecidas no capítulo III do Regulamento de Execución (UE) nº 282/2012 da Comisión, do 28 de marzo.

A garantía será liberada cando se teña recoñecido o dereito definitivo a percibir o importe anticipado.

Artigo 9 Tramitación do pagamento das axudas

1. Os beneficiarios poderán elixir entre a posibilidade de solicitar un único pagamento ou pagamentos intermedios da contribución comunitaria anual. As solicitudes referiranse a accións realizadas e pagadas.

2. Todos os pagamentos deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusiva a este fin.

3. Unha vez finalizadas as accións de cada anualidade, e antes do 1 de xullo dese ano, o beneficiario solicitará o pagamento da axuda e presentará, preferentemente nos servizos centrais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sempre destinada á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, en Santiago de Compostela, a seguinte documentación:

a) Un informe resumo das actuacións desagregadas en actividades co correspondente importe orzamentario e o custo final de cada unha delas, e unha avaliación dos resultados obtidos que poidan verificarse na data do informe.

b) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo XI, xunto cos orixinais e copias das facturas e xustificantes dos pagamentos realizados.

c) Declaración responsable relativa á conta bancaria mencionada no número 2 (nome do banco, sucursal e codificación bancaria) así como extracto bancario dela en que se poida comprobar a realización dos pagamentos xustificados mediante as facturas citadas na letra b) do presente número.

d) No caso de material promocional, de información e publicitario (catálogos, folletos, carteis etc…), deberase presentar un exemplar orixinal deste. Ademáis, o beneficiario deberá presentar unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material coa normativa da Unión Europea e que se cumpre a normativa de aplicación correspondente.

e) No caso de estudos de mercado e de avaliación de resultados, deberase presentar unha copia do estudo ou informe realizado.

f) Relación de ofertas solicitadas e elixidas seguindo o modelo do anexo X, acompañada coa copia de todas as ofertas solicitadas incluídas na dita relación.

g) Declaración de concorrencia de axudas seguindo o modelo do anexo VI.

4. O pagamento estará supeditado á presentación das contas auditadas e informes de auditoría de contas realizados por un auditor de contas ou sociedade de auditoría legalmente recoñecidos ou, na súa falta, a verificación por parte do persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar das facturas e os documentos mencionados no parágrafo 4 deste artigo.

5. Así mesmo, cara á xustificación técnica das accións, poderanse solicitar ao beneficiario medios de proba da realización das accións promocionais.

6. A comunidade autónoma realizará o pagamento nun prazo máximo de 75 días desde a recepción completa da solicitude de pagamento.

Artigo 10 Financiamento das axudas

1. O financiamento da Unión Europea das accións contidas nesta orde realizarase de conformidade co artigo 4 do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e o Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola comunitaria.

2. A participación financeira da Unión nos programas seleccionados non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables. Nos programas de dous ou tres anos de duración, o devandito límite considérase para cada ano de execución.

Só se concederá unha axuda financeira do 50 % dos gastos subvencionables a aqueles programas en que a execución sexa igual ou maior do 75 % do aprobado en Conferencia Sectorial.

Se a execución se atopa entre o 50 e o 75 % do orzamento aprobado en Conferencia Sectorial, o importe da axuda para ese programa calcularase restando ao importe do orzamento executado a axuda recoñecida ao beneficiario na resolución.

3. A contía máxima de axuda por beneficiario non poderá superar o 5% do orzamento destinado á medida na ficha financeira do programa de apoio para o exercicio correspondente. Tal limitación non será aplicable aos beneficiaros recollidos nas alíneas b), c) e f) do artigo 5 sempre que os programas presentados non estean centrados na promoción dunha marca

4. A achega económica dos beneficiarios poderá proceder de tarifas ou contribucións obrigatorias.

Artigo 11 Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Así mesmo, a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Non se poderán modificar produtos, actividades e custos das accións e programas salvo cando sexa patente que se obterán mellores resultados coas modificacións propostas, condición que deberán demostrar de forma fidedigna e obxectiva os beneficiarios. Calquera destas modificacións debe ser obxecto dunha notificación previa á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar nun prazo de, cando menos, 15 días antes da súa realización, e sempre antes do 1 de maio. A dita Dirección Xeral de Producción Agropecuaria deberá comprobar e, de ser o caso, autorizar as modificacións propostas, que deberán cumprir os requisitos para ser subvencionables.

3. A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria comunicará ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, antes do 1 de xuño, as modificacións producidas que afecten as anualidades en curso.

4. En ningún caso se poderán modificar á alza os orzamentos aprobados para os programas nin se poderán incluír novos países.

Artigo 12 Incumprimento da resolución de concesión

Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos dos gastos aprobados nos prazos establecidos, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, procederá a aboarlle a totalidade da subvención concedida.

No caso contrario, existirá un incumprimento, polo que se aplicarán os seguintes criterios:

– Cando o beneficiario realice parcialmente e xustifique nos prazos establecidos as actuacións obxecto da axuda, aboaráselle a subvención proporcional correspondente sempre que estea relacionada con actuacións finalizadas, xustifique cando menos o 75 % do orzamento total obxecto de resolución favorable e se cumpra o resto das condicións establecidas.

– Cando o beneficiario execute entre o 50 % e o 75 % do orzamento total obxecto de resolución favorable e se cumpra o resto das condicións establecidas, aboaráselle unha subvención cuxo importe se calculará restando ao importe do orzamento executado a axuda recoñecida ao beneficiario na resolución.

– Cando o beneficiario non realice ou xustifique nos prazos establecidos ningunha das actuacións obxecto da axuda, ou ben se a dita execución ou xustificación non alcanza como mínimo o 50 % do orzamento total obxecto da resolución favorable, existirá un incumprimento total e non se lle pagará ningunha axuda.

Artigo 13 Pagamentos indebidos e sancións

1. En calquera caso, procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas ao abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en xeral, nos casos establecidos na normativa de aplicación vixente. Para estes efectos, os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución. O tipo de xuro que se aplique será o de demora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño; nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Artigo 14 Controis

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar adoptará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control que deberá establecer o Fondo Español de Garantía Agraria, en colaboración coas comunidades autónomas. Para eses efectos, os beneficiarios das axudas deberán conservar a documentación relacionada coas operacións obxecto de axuda.

2. O plan xeral de control será executado anualmente sobre a base dunha análise de riscos que incluirá, polo menos, o 20% dos programas pagados no ano anterior e terá por obxecto comprobar na contabilidade xeral:

a) A exactitude da información facilitada coa solicitude de pagamento.

b) A realidade e regularidade das facturas presentadas como xustificantes dos gastos.

c) A exactitude do extracto bancario presentado.

d) Que non se perciben axudas establecidas no artigo 20 letra c), inciso iii), do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvementollo rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), do artigo 16.2 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e o Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, ou do artigo 2.3 do Regulamento (CE) nº 3/2008 do Consello, do 17 de decembro de 2007, sobre accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países.

3. Con independencia do plan xeral de control a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería do Medio Rural e do Mar poderá desenvolver todas aquelas actuacións de control que considere precisas.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 15 Comprobación do material

Os beneficiarios da axuda deberán asegurarse da conformidade do material de información e promoción elaborado no marco dos programas tanto coa normativa comunitaria como coa lexislación do terceiro país en que se desenvolva o programa. Para iso o beneficiario presentará ante a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material e o cumprimento da normativa de aplicación correspondente. Así mesmo, o beneficiario deberá presentar un exemplar do material promocional, de información e publicitario subvencionado.

Artigo 16 Obrigas do beneficiario

O beneficiario deberá cumprir as obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

Artigo 17 Compatibilidade das axudas

Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que están recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural e as accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países recollidas no número 3 do artigo 2 do Regulamento (CE) nº 3/2008 do Consello, do 17 de decembro de 2007.

En ningún caso estas axudas poderán ser acumuladas ou complementadas con outras axudas nacionais ou das comunidades autónomas dedicadas á mesma finalidade.

Artigo 18 Comunicación relativa aos anticipos

Para os anticipos concedidos segundo o número 2 do artigo 8, o beneficiario deberá realizar cada ano ao organismo pagador antes do 31 de xullo xunto coa solicitude do pagamento do saldo da anualidade correspondente, unha declaración dos gastos que xustifiquen o uso dos anticipos na anualidade correspondente e a confirmación do saldo restante do anticipo non utilizado. Esta declaración de gastos que xustifique o uso de anticipos farase por primeira vez para as solicitudes de saldo correspondentes á anualidade 2014.

Artículo 19 Consentimientos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. En caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán xuntar os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán xuntar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembre, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requerir á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridad Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso este en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que como consecuencia delas puideren impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artículo 20 Datos de carácter personal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxectivo é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural e do Mar, Secretaría Xeral Técnica, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es.

CAPÍTULO II
Convocatoria das axudas para execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 21 Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde, as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2015.

Artigo 22 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde.

Artigo 23 Gastos atendibles na convocatoria de 2015

Para a convocatoria de 2015 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de xuño de 2015 e o 31 de maio de 2016.

Artigo 24. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase con cargo ao concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, cunha dotación de 1.848.937 €, e para o ano 2016 cunha dotación de 1.750.000 €.

Esta dotación poderá verse incrementada con fondos transferidos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de acordo co previsto no Real decreto 1079/2014, sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro do 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2015 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e en trámite parlamentario actualmente.

Disposición adicional única

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013; e o Regulamento (CE) 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño; e no Real decreto 1079/2014, do 19 de decembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, que recolle o conxunto de disposicións que desenvolve o programa de apoio do sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea para o período 2014 a 2018; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a/o director/a xeral de Producción Agropecuaria para ditar as instrucións que sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO II
Memoria

I. Formulario do beneficiario:

Encher un único formulario por beneficiario.

1. Beneficiario.

1.1. Presentación.

Nome, enderezo, enderezo de correo electrónico, teléfono, fax, persoa de contacto responsable do programa.

1.2. Tipo de beneficiario (de acordo co artigo 3 da presente orde).

1.3. Trátase dun novo beneficiario? SI/NON.

1.4. Características da organización ou empresa propoñentes.

– Representatividade (figuras de calidade a que pertence e número de tipos de viño que comercializa para cada unha)

– Importancia no sector (volume comercializado total e respecto á DOP/IXP a que pertence; valor da produción comercializada, valor da produción comercializada no exterior).

– A empresa utiliza marcas colectivas? SI/NON. En caso afirmativo, indíquense as marcas e as empresas amparadas por cada unha delas.

1.5. Tamaño da empresa.

Especificar se se trata dunha peme, conforme a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas.

1.6. O beneficiario é un grupo empresarial? SI/NON.

En caso afirmativo, especifíquese diagrama do grupo empresarial (indicando porcentaxes) e cales son as adegas do grupo que participan no programa.

2. Acreditación da capacidade financeira.

2.1. Balance de contas.

Copia das declaracións do IRPF (persoas físicas) ou do imposto de sociedades (persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

3. Acreditación da capacidade técnica.

3.1. Descrición dos recursos para a execución do programa (persoal, capacitación e medios).

Especifíquese se os recursos son propios ou alleos.

Se se seleccionaron varios organismos de execución, indíquense as actuacións que aplicarán cada un deles.

Definir a estrutura interna/externa (departamentos e funcións). Datos do departamento de comercio exterior (experiencia, persoal), datos do departamento de márketing (experiencia, medios para o desenvolvemento das accións no país de destino, distribución no país de destino, carteira de produtos da empresa).

3.2. Xustificación da capacidade para executar o programa. Experiencia en actuacións de promoción.

4. Capacidade de resposta comercial.

4.1. Diversidade de tipos de viño e zonas xeográficas en que está presente. Indíquense as marcas comerciais dos diferentes tipos de viño.

4.2. Volume de comercialización e volumen exportado (detallando o volume para os países obxecto do programa).

4.3. Volume de comercialización dispoñible para posible resposta comercial.

II. Formulario de programa:

Énchase un formulario para cada programa.

1. Características do programa.

1.1. Produto(s).

Especifíquese a carteira de produtos obxecto da promoción, indicando número, caraterísticas e prezos de venda previstos. Indíquese o valor engadido previsto para os produtos obxecto do programa, calculado como o incremento medio previsto (en %) do prezo de venda de todos os produtos obxecto do programa tras a súa execución con respecto ao prezo de venda actual.

1.2. Mercado(s) destinatario(s).

Especifíquense os países de destino e detállense os motivos por que foron seleccionados e as posibilidades de comercialización dos produtos nos mercados elixidos.

1.3. Trátase dun programa dirixido a un novo destino (país)? SI/NON.

En caso afirmativo, especifíque(n)se o novo(s) país(es) de destino, así como o orzamento total destinado a eses novos países e a porcentaxe que representa sobre o total do programa.

1.4. Duración: 12-24-36 meses.

1.5. É continuación dun programa presentado no exercicio anterior? SI/NON.

1.6. Trátase dunha prórroga? Si/NON.

2. Obxectivo.

Especifíquense os obxectivos concretos e, se for posible, cuantificados.

3. Estratexia.

Especifíquese que instrumentos de márketing e comunicación se utilizarán para alcanzar os obxectivos do programa.

4. Accións.

4.1. Descrición detallada de cada unha das accións e actividades por país. Deben indicarse expresamente as canles elixidas previstas para o público destinatario.

4.2. Calendario previsto.

Lugares e datas onde se levarán a cabo as actividades (menciónase a cidade ou, en casos excepcionais, rexión; por exemplo, «os Estados Unidos» non é suficientemente preciso).

5. Público obxectivo.

Especifíquese o número e tipo de destinatarios a que se dirixe o programa: consumidores, distribuidores (supermercados, grosistas, retallistas especializados, abastecedores, restaurantes) importadores, líderes de opinión (xornalistas e expertos gastronómicos), escolas de gastronomía e restauración…

6. Mensaxes.

Sobre as cualidades intrínsecas dos produtos, ou no caso de tratarse de viños que contan cunha indicación xeográfica, a orixe do produto.

7. Repercusión previsible e método para medila.

Polo que se refire á evolución da demanda, a notoriedade e a imaxe do produto ou calquera outro aspecto vinculado aos obxectivos.

7.1. Especifíquese e cuantifíquese a repercusión previsible en termos de resultados realistas. En particular, indicarase a repercusión económica previsible estimando o incremento de vendas previsto (importe e %) nos países obxecto do programa.

7.2. Especifíquese o método (cuantitativo e/ou cualitativo) e os indicadores que se utilizarán para medir os resultados ou repercusións.

8. Interese nacional e comunitario do programa.

Describir o posible interese para a Comunidade Autónoma de Galicia, España e/ou a Unión Europea.

9. Orzamento.

9.1. Cadro recapitulativo.

Elabórese conforme os modelos indicados:

– Un cadro recapitulativo de accións e actividades para cada país de destino.

– Un cadro xeral cos totais das actividades, gastos xerais e custos de persoal.

A presentación do orzamento debe aterse á mesma estrutura e á mesma orde que a descrición das accións e actividades.

Orzamento do país: para o período 1.6.2015 a 31.5.2016

Acción

Actividade

Importe (€)

1. Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade.

Importe total acción «Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade»:

2. Participación en feiras e exposicións.

Importe total acción «Participación en feiras e exposicións»:

3. Campañas de información

Importe total acción «Campañas de información»:

4. Estudos de novos mercados

Importe total acción «Estudos de novos mercados»:

5. Avaliación de resultados

Importe total acción «Avaliación de resultados»:

Importe total pais

Orzamento total do programa para o período 1.6.2015 a 31.5.2016

Importe (€)

Custos das accións e actividades en todos os países:

Gastos xerais (máximo do 4 % dos custos efectivos de execución das actividades promocionais subvencionables):

Custos de persoal (máximo do 13 % do custo total do programa):

Importe total do programa (custos das actividades de todos os países máis gastos xerais e custos de persoal):

10. Plan de financiamento.

Financiamento

Importe (€) para o período 1.6.2015 a 31.5.2016

%

UE

Propoñente

50

50

Total

100

11. Outros datos pertinentes.

Indicar outros datos non citados anteriormente que se consideren relevantes para xustificar a idoneidade e interese do programa proposto.

ANEXO III
Accións e actividades de promoción

Accións

Actividades

a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente

Misións comerciais

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.)

Promocións en puntos de venda

Portais web para promoción exterior

Misións inversas

Oficinas de información

Gabinete de prensa

Presentacións de produto

b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional

Feiras e exposicións internacionais, etc, sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores

c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas

Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores

Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.

d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais

Estudos e informes de mercado

e) Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información

Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción

Auditorías de execución de medidas e gastos das operacións

ANEXO IV
Lista de produtos que poden ser obxecto de accións

1. Viño.

2. Viño de licor.

3. Viño espumoso.

4. Viño espumoso de calidade.

5. Viño espumoso aromático de calidade.

6. Viño de agulla.

7. Viño de agulla gasificado.

8. Viño de uvas pasificadas.

9. Viño de uvas sobremaduradas.

10. Viños ecolóxicos.

ANEXO V

1. Criterios de avaliación do programa.

Puntuación máxima

Calidade e eficacia do programa:

a) Produtos obxecto de promoción

10 puntos

b) Mercado de destino

10 puntos

c) Duración e execución do programa

5 puntos

d) Presentación e calidade do programa

20 puntos

e) Alcance e cobertura do programa

15 puntos

f) Coherencia técnica

20 puntos

g) Repercusión prevista

10 puntos

h) Método para medir a repercusión do programa

10 puntos

Valoración total xeral

100 puntos

Calidade e eficacia do programa:

a) Produtos obxecto de promoción (10 puntos):

10 puntos, considerando produtos: os recollidos no anexo II. Se se inclúe un produto, 2 puntos, se son dous produtos, 6 puntos e se son tres produtos ou máis, 10 puntos.

b) Mercado de destino (10 puntos):

Os 10 puntos repartiranse segundo o mercado elixido. Concederanse 10 puntos para os mercados considerados prioritarios e 4 puntos se o mercado de destino non se atopa entre os prioritarios detallados no anexo VII.

A repartición farase de forma proporcional á porcentaxe do orzamento destinado aos países prioritarios, correspondendo os 10 puntos só aos programas en que estes destinos supoñan o 100 % do orzamento.

c) Duración e execución dos programas (5 puntos):

Só se concederá esta puntuación aos novos programas ou a aqueles cuxo grao de execución en exercicios anteriores fose de polo menos o 75 %.

No caso de programas plurianuais: concederanse os 5 puntos aos programas cuxa duración sexa polo menos de 24 meses.

No caso de programas anuais: concederanse os 5 puntos se son continuación de un programa presentado no exercicio anterior.

d) Presentación e calidade do programa (20 puntos), repartidos segundo o grao de detalle e concreción de:

• Obxecto do programa (4 puntos).

• Actividades e calendario (4 puntos).

• Medios para o desenvolvemento do programa (4 puntos).

• Grupo destinatario da promoción (4 puntos).

• Mensaxe e creatividade (4 puntos).

e) Alcance e cobertura do programa (15 puntos):

A puntuación concederase da seguinte forma:

– 7,5 puntos en función do alcance e cobertura en termos de actividades previstas: unha actividade, 1,5 puntos, dúas actividades, 3 puntos, tres ou máis actividades, 7,5 puntos.

– 7,5 puntos en función do alcance e cobertura en termos de grupo destinatario (número de contactos previstos, etc.) entendendo por grupo destinatario distribución, restauración, consumidor final distribuidor importador e líderes de opinión Un único destinatario, 1,5 puntos, dous destinatarios, 3 puntos, tres ou máis destinatarios, 7,5 puntos.

f) Coherencia técnica entre as actividades e as canles empregadas para chegar ao público obxectivo e cumprir os obxectivos marcados (20 puntos).

A puntuación repartirase de forma proporcional ao grao de adecuación das actividades e canles elixidas ao público destinatario previsto no programa, para dar cumprimento aos obxectivos marcados.

g) Repercusión do programa (10 puntos): terase en conta o obxectivo e repercusión esperada para o programa.

– No caso de que a repercusión prevista sexa en termos de acadar un maior coñecemento do producto ou unha mellora da imaxe, os 10 puntos repartiranse tendo en conta as actividades incluídas no programa que van dirixidas a aumentar a notoriedade, é dicir, actividades que prevexan unha gran repercusión e impacto, como, por exemplo, o uso de medios (televisión, radio, internet, redes sociais…), feiras, …

– No caso de que a repercusión esperada do programa sexa de tipo económico (incrementos de vendas….), os 10 puntos concederanse da seguinte maneira:

Se é superior ao 5 %, 10 puntos.

Se é menor do 5 %, 5 puntos e

Se o incremento se prevé cero, 0 puntos.

h) Método para medir a repercusión.

A asignación dos 10 puntos realizarase da seguinte maneira:

• 10 puntos, se existe un método de avaliación descrito e coherente co obxectivo que se avalía.

• 6 puntos, se existe un método descrito pero non totalmente axeitado ao obxectivo que se valora.

• 0 puntos, se existe un método descrito pero non se axeita ao obxectivo que se valora ou se non existe método para valorar a repercusión.

2. Criterios de priorización.

 

Puntuación máxima

1. Propoñente

 

a) Representatividade do propoñente

5 puntos

b) Microempresas e pequenas e medianas empresas e entidades asociativas prioritarias

10 puntos

c) Programas presentados por novos beneficiarios

5 puntos

2. Programa

a) Programas que teñan como obxectivo un novo país

10 puntos

b) Relación calidade/prezo

15 puntos

3. Interese para a Comunidad Autónoma

a) Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade

10 puntos 

b) Grao de execución

5 puntos

Valoración total xeral

60 puntos

1. Características do propoñente.

a) Representatividade do propoñente: concederanse os 5 puntos en caso de que o beneficiario sexa un dos enumerados na alínea c) do artigo 3 desta orde.

b) Microempresas e pequenas e medianas empresas, segundo se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas, e entidades asociativas prioritarias que estean recoñecidas ao abeiro do Real decreto 550/2014.

c) Programas presentados por novos beneficiarios que no tivesen presentado programas en anos anteriores.

2. Características do programa.

a) Programas que teñan como obxectivo un novo país: a puntación repartirase de forma proporcional á porcentaxe de orzamento destinada a novos países, correspondendo os 10 puntos só aos programas en que estes destinos supoñan o 100% do orzamento.

b) Relación calidade prezo:

• 7,5 puntos a repartir en función da adecuación dos custos do programa aos prezos de mercado.

• 7,5 puntos en función da repercusión estimada polo propoñente en termos de impactos ou incremento previsible das súas vendas en relación co custo da acción proposta.

– 0 puntos se non existe información suficiente para valorar este apartado

– 7,5 puntos repartidos segundo o índice resultante da división seguinte:

Índice=impactos ou vendas en país(es) obxecto de programa × % incremento previsto / investimento en promoción.

– Cando o índice sexa > 0.60, danse 7,5 puntos.

– Cando o índice esté entre 0.30 e 0.60, danse 5 puntos.

– Cando o índice sexa < de 0.30, danse 2,5 puntos.

3. Interese para a comunidade autónoma:

a) Asignaranse 10 puntos aos programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade.

b) Asignaranse 5 puntos por boa execución aos programas que tivesen executado polo menos o 75 % do orzamento no exercicio anterior.

ANEXO VII
Lista de países prioritarios

Países incluídos nos plans integrais de desenvolvemento de mercados da Secretaría de Estado de Comercio:

a) Alxeria.

b) Australia.

c) Brasil.

d) China.

e) Corea do Sur.

f) Estados Unidos.

g) India.

h) Indonesia.

i) Xapón.

j) Marrocos.

k) México.

l) Rusia.

m) Singapur.

n) Sudáfrica.

o) Turquía.

p) Países do Golfo (Arabia Saudita, Kuwait, Bahrein, Qatar, EAU, Omán).

Outros países:

a) Canadá.

b) Colombia.

c) Costa Rica.

d) Cuba.

e) Ecuador.

f) El Salvador.

g) Filipinas.

h) Guatemala.

i) Honduras.

j) Nicaragua.

k) Noruega.

l) Panamá.

m) Perú.

n) Suíza.

o) Tailandia.

p) Ucraína.

q) Venezuela.

r) Vietnam.

ANEXO VIII
Condicións para a subvencionabilidade dos custos de persoal
e gastos xerais, e outros

a) Custos de persoal da empresa dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato e cotización á Seguridade Social a cargo da empresa, e os impostos persoais á renda (IRPF). Tanto se é persoal técnico como administrativo deberase demostrar a dedicación en exclusiva ás actividades de promoción establecidas no programa aprobado.

b) Custos de persoal da empresa non dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato cotización á Seguridade Social e o IRPF. Ademáis, deberán fornecer as correspondentes táboas horarias onde se indique categoría profesional, número de horas de dedicación, custo horario e custo total, así como certificación do responsable de persoal da empresa que acredite a relación do traballador co programa aprobado. Avaliarase a coherencia das devanditas táboas co programa e subvencionarase unicamente o importe xustificado mediante as devanditas táboas.

A suma das alíneas a e b (custos de persoal), non poderá superar o 13 % do total de custos do programa aprobado, por este motivo os ditos gastos deberán figurar convenientemente desagregados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.

c) Gastos xerais: serán subvencionables os custos xerais do beneficiario ata un límite dun 4 % dos custos efectivos de execución das actividades promocionais. Estes gastos, para seren subvencionables, deberán estar considerados como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite eses gastos de administración e xestión do programa aprobado.

d) Aloxamento, manutención e comidas colectivas. Aboaranse as seguintes cantidades máximas:

– Para el aloxamento: 120 euros/día en España e 180 euros/día en terceiros países.

– Para a manutención: 80 euros/día en España e 90 euros/día en terceiros países. Na axuda de custo por manutención serán posibles dúas opcións:

* Solicitar o importe a tanto global sen presentar xustificantes.

* Solicitar o importe exacto das facturas presentadas.

– Para comidas colectivas: 60 euros/persona en España e 70 euros /persona en terceiros países. Para a súa xustificación será necesario presentar lista de participantes e a súa relación coa acción ou programa promocional obxecto da reunión.

e) Viño que se empregará como material promocional: no caso de catas, misións inversas e similares, será dun máximo dunha botella por cada 6 participantes.

f) No caso de gastos en material promocional e de merchandising, o importe máximo de gasto admisible para cada un deses dous conceptos será do 30 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

g) No caso de actividades consistentes en oficinas de información e gabinetes de prensa, o importe máximo de gasto admisible conxunto será o 50 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

ANEXO IX
Relación de gastos non subvencionables

• Provisións para futuras posibles perdas ou débedas.

• Gastos de transporte en taxi ou transporte público, cubertos polas axudas de custo diarias.

• Gastos bancarios, xuros bancarios ou primas das pólizas de seguros. Entre os ditos gastos atópanse, en particular, os gastos de constitución e mantemento dos avais bancarios que responden como garantía.

• Perdas por cambio de divisas.

• No caso de que se repita ou solicite unha prórroga para realizar o programa de promoción no mesmo país, non se poderán incluír gastos de actividades promocionais xa solicitadas no programa anterior (ex. custos de creación de páxinas web, anuncios de TV e radio, elaboración de material audiovisual, estudos de mercado, etc.).

• Gastos que estean fóra do obxecto do programa.

• Creación e rexistro de marcas.

• Tampouco poderán considerarse subvencionables gastos equivalentes a descontos comerciais nin os asimilables a axudas directas ao produtor.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file