Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4345

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015 pola que se publica o Plan de formación do persoal da Administración da Comunidade Autónoma, das entidades locais de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia e do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas para o ano 2015.

O Plan de formación da Escola Galega de Administración Pública -en diante EGAP- recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia, e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo). Trátase da primeira vez que a formación dirixida a estes catro colectivos se integra nun único documento marco.

O plan integra, así pois, o conxunto de accións estratéxicas para a formación e actualización profesional dos empregados públicos da Comunidade Autónoma, a través dunha oferta ampla e variada con que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional. O feito de aglutinar a formación destinada aos distintos colectivos de empregados públicos nun único instrumento constitúe unha acción pioneira, coa cal se pretende dotar de unidade e coherencia o conxunto da oferta formativa.

O dito plan é o resultado dun proceso de detección das necesidades formativas, no cal participaron as distintas consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza, a Dirección Xeral de Administración Local e as tres universidades de Galicia. Para a elaboración deste plan tivéronse en conta as propostas dos coordinadores de formación de cada centro directivo, a colaboración de docentes e expertos de distintos eidos formativos e as achegas dos propios destinatarios da formación, os cales coas súas suxestións contribuíron a facer do plan un verdadeiro instrumento para a mellora continua.

Así mesmo, na súa configuración, tívose en conta a demanda real rexistrada nos cursos e os resultados da avaliación das actividades desenvoltas nos anos anteriores. Estas son as ferramentas chave que permitiron a creación dun programa de calidade e adecuado aos requirimentos dos usuarios, que tivese en conta ademais o marco de restrición orzamentaria en que nos atopamos.

Como resultado do anterior, a EGAP presenta un plan de formación estruturado en accións formativas de carácter transversal e específico. As primeiras teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal que capacite os empregados públicos para realizaren as funcións que son xenéricas e que constitúen as bases da organización da Administración. Doutra banda, as accións formativas específicas comprenden o conxunto de actividades cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo, incluíndo contidos sectoriais relativos a competencias concretas.

O Plan de formación para o ano 2015 supón unha clara aposta polos diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os cales se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial. Así pois, a pluralidade de formatos, modalidades e metodoloxías constitúe outra das liñas distintivas do plan, que ten o obxectivo de facilitar a formación continua por parte dos empregados públicos, ao eliminar calquera posible barreira no acceso e promover a conciliación.

Tendo en conta o éxito acadado nos dous últimos anos, amplíase o catálogo de actividades dispoñibles na modalidade de autoformación. Con esta actuación, o propósito é achegarlle a oferta formativa ao maior número de persoas, garantindo a equidade no acceso aos contidos máis demandados, e que os empregados públicos poidan acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria, que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia.

Continúase, así mesmo, apostando pola teleformación, cunha elevada porcentaxe de actividades formativas impartidas nesta modalidade, da cal temos constatado as súas múltiples vantaxes. A EGAP vén traballando, así pois, nos últimos anos, na consolidación dun espazo virtual de coñecemento, cunha formación en liña con que o alumnado pode xestionar o seu proceso de aprendizaxe.

Estas dúas modalidades, de carácter flexible, permiten incrementar o número de empregados públicos que acceden ás actividades, promovendo a formación continua daquelas persoas que, ben sexa por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación, teñen maiores dificultades para cursar formación presencial, garantindo a igualdade no acceso á formación.

Outro elemento destacado é a profunda renovación dos contidos e diversificación da oferta formativa, coa incorporación dunha elevada porcentaxe de cursos novos. Esta renovación efectuouse a partir dunha vixilancia permanente das actualizacións normativas e procedementais. En todo momento, procurouse ademais o obxectivo de garantir un enfoque eminentemente práctico.

O plan, ben que presenta carácter integral, atende en todo momento ás particularidades e especificidades dos distintos colectivos de empregados públicos a que se dirixen as actividades, procurando a máxima adecuación aos destinatarios. Ademais, á hora de determinar os contidos e modalidades formativas, atendeuse á diversidade dos perfís profesionais e á distribución territorial dos efectivos, e tívose en conta a diversidade de niveis e escalas de traballo a que se adscriben os destinatarios.

Cómpre salientar tamén, pola súa parte, o grande incremento da oferta dirixida ao persoal das entidades locais e o avance no desenvolvemento dos itinerarios para o persoal da Administración de xustiza, articulando unha formación modular estratéxica para a capacitación deste persoal. O PAS das universidades pode acceder a cursos transversais, na modalidade en liña, cos cales se pretende darlles resposta aos seus especiais requirimentos.

Na oferta formativa que presentamos, ampla e variada, incluíronse, por tanto, unha serie de contidos de referencia, que se atopan en consonancia cos temarios dos procesos de selección, co propósito de contribuír á mellora profesional dos empregados públicos e á ampliación das súas posibilidades de promoción.

Queremos que o plan sexa tamén un instrumento que contribúa a promover a igualdade no seo das administracións, a eliminar os estereotipos de xénero e a evitar calquera forma de discriminación. Con este propósito, reforzáronse e diversificáronse as actividades formativas nesta materia coa introdución de novos contidos.

A avaliación dos plans formativos, concibida como un proceso sistemático e permanente de recollida de información, é hoxe un dos alicerces nos cales se sustenta o modelo formativo da EGAP. Este permite mellorar a programación dos cursos, adecuar as actividades ás necesidades e expectativas dos usuarios, mellorar a calidade das actividades incluídas no plan e, en último termo, reforzar a transparencia, a rendición de contas e o control de resultados.

Polo demais, cómpre salientar que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria. Así mesmo, débese advertir que quedan excluídas as actividades derivadas de cursos selectivos; os cursos superiores; as actuacións en colaboración; as xornadas, conferencias e seminarios; as actividades doutras administracións públicas (agás as sinaladas) e as actividades de formación do persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do persoal sanitario. A estas últimas administracións dirixiranse convocatorias específicas de conformidade coa aprobación dos seus plans ou cos convenios que se asinen durante o ano 2015.

Feitas estas advertencias, resta tan só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán formalizar a súa matrícula despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.

Este plan de formación foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 22 de xaneiro de 2015.

De acordo co exposto, publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma, do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, do persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e do PAS das tres universidades galegas para o ano 2015.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Cursos da Administración autonómica

Formación en materias transversais

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia

2

50

15

Teleformación

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia

2

50

18

Teleformación

Os contratos do sector público

2

50

30

Teleformación

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia

2

50

25

Teleformación

Nova normativa da función pública de Galicia

1

20

15

Presencial

Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na Comunidade Autónoma. Tributos propios e tributos cedidos

1

50

18

Teleformación

Nóminas e retribucións do persoal

1

30

20

Presencial

O control do Goberno e da Administración: especial referencia aos gastos orzamentarios

1

50

15

Teleformación

A regulación do silencio administrativo tras a aprobación da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio

1

30

12

Presencial

Obradoiro de procedemento administrativo na vía de recurso

1

20

15

Presencial

Execución dos contratos administrativos: réxime aplicable e facultades da Administración

1

20

15

Presencial

Liquidación práctica dos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia

1

50

15

Teleformación

Novos retos do sector público en materia económica

1

50

15

Teleformación

Nocións básicas de contabilidade pública

1

25

20

Presencial

Contabilidade pública: nivel intermedio

1

20

20

Presencial

Análise e interpretación da información contable emitida polas entidades públicas

1

20

20

Presencial

A Administración electoral: o papel das administracións galegas

1

50

15

Teleformación

A calidade das leis

1

50

15

Teleformación

A transparencia da Administración e os mecanismos de información

1

50

15

Teleformación

A elaboración dos pregos de cláusulas para a adxudicación de contratos públicos

1

40

30

Presencial

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único do persoal laboral

1

50

20

Teleformación

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

1

50

20

Teleformación

A xurisdición contencioso-administrativa

1

50

20

Teleformación

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

1

50

20

Teleformación

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

1

50

20

Teleformación

Ética pública. Os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia

1

25

12

Presencial

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

4

20

20

Presencial

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

1

50

24

Teleformación

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas

1

50

20

Teleformación

Cooperación transfronteiriza e cohesión

1

50

24

Teleformación

Dereito da Unión Europea para a xestión administrativa de fondos europeos

1

25

30

Presencial

Administración pública e loita contra a discriminación: fundamentos europeos e praxe administrativa

1

25

24

Presencial

Dereito administrativo económico: novos procedementos e novos modelos de xestión

1

25

30

Presencial

Introdución ao dereito ambiental europeo

1

25

30

Presencial

Administración e políticas públicas en perspectiva europea

1

25

24

Presencial

Fundamentos de economía para a xestión pública

1

25

24

Presencial

O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control

1

50

15

Teleformación

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

2

50

30

Teleformación

Negociación e traballo en equipo

2

35

25

Mixta

Linguaxe xestual, corporal e oral. Técnicas de comunicación entre o empregado público e a cidadanía

1

25

15

Presencial

Técnicas elementais de arquivos

2

50

25

Teleformación

Información e atención ao cidadán

4

60

25

Teleformación

Presentacións de alto impacto

1

12

16

Presencial

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

2

50

15

Teleformación

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

2

50

18

Teleformación

Liderado e intelixencia emocional

1

20

15

Presencial

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

1

50

20

Teleformación

A creatividade, unha gratificante ferramenta de xestión

1

12

12

Presencial

Informática básica

1

20

30

Presencial

Comunicación escrita e elaboración de informes

6

25

20

Presencial

A Administración pública nos medios de comunicación de masas

1

25

15

Presencial

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

1

20

15

Presencial

Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

1

25

24

Presencial

Uso de ferramentas informáticas para a xestión do tempo

1

20

12

Presencial

A elaboración de disposicións de carácter xeral: técnica normativa e correcta redacción das normas

1

20

15

Presencial

Técnicas para falar mellor en público e nos medios de comunicación

1

20

15

Presencial

Dirección eficaz e xestión de equipos

1

20

30

Mixta

Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega

1

30

30

Presencial

Prevención e xestión de conflitos

1

50

25

Teleformación

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

1

50

30

Teleformación

Secretariado de dirección

1

25

25

Presencial

Elaboración de normativa con perspectiva de xénero

1

25

21

Presencial

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

1

50

50

Teleformación

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

1

50

50

Teleformación

Correo electrónico corporativo

2

50

12

Teleformación

Produtividade persoal co método GTD (Getting Things Done) e a súa relación coas TIC

1

25

15

Presencial

Habilidades pre-directivas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Perfeccionamento de xefatura de sección

3

50

120

Teleformación

Perfeccionamento de xefatura de negociado

4

50

80

Teleformación

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Certificado dixital

2

50

30

Teleformación

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

2

50

25

Teleformación

A protección de datos de carácter persoal. Nivel avanzado

1

50

40

Teleformación

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

2

50

25

Teleformación

Interpretación de datos estatísticos

1

30

20

Presencial

Xestión de documentos dixitais nas administracións. Rexistro electrónico. Dixitalización, identificación e autenticación

1

20

15

Presencial

Ferramentas de Administración electrónica na Xunta de Galicia

3

50

20

Teleformación

Introdución ao arquivo electrónico. Expediente electrónico. Ferramentas. Arquivo electrónico de Galicia

2

50

30

Mixta

Seguridade informática básica. Lei orgánica de protección de datos, esquema nacional de seguridade e aspectos xerais de seguridade

3

50

20

Teleformación

Programa de autoformación

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

1

100

25

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos

1

100

20

Introdución á informática. O procesador de textos Word 2010

1

100

25

OpenOffice Calc básico

1

100

25

OpenOffice Writer básico

1

100

25

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

1

100

15

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

1

100

30

Estatuto básico do empregado público

1

200

25

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia

1

100

18

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia

1

100

15

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa

1

100

25

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

1

100

24

Procedemento administrativo

1

200

25

A responsabilidade patrimonial da Xunta de Galicia

1

100

15

Subvencións e axudas económicas en tempos de crise

1

100

18

As subvencións. Regulación estatal e autonómica

1

100

40

Portal de idiomas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Conversa en inglés

4

60

50

Presencial

Inglés elemental (A2)

1

20

100

Presencial

Inglés intermedio (B2)

1

20

100

Presencial

Lingua inglesa A1.II

6

120

50

Presencial

Lingua inglesa B1.II

6

120

50

Presencial

Lingua francesa A1

2

40

50

Presencial

Lingua francesa A2

2

40

50

Presencial

Lingua inglesa (niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2)

6

500

80

Teleformación

Lingua francesa (niveis A1, A2, B1 e B2)

4

200

150

Teleformación

Lingua portuguesa (niveis A1, A2, B1 e B2)

4

200

150

Teleformación

Lingua alemá (niveis A1, A2, B1 e B2)

4

200

70

Teleformación

Lingua francesa B1 - Atención ao público (intermedio)

1

20

50

Presencial

Plan formativo ofimático de Galicia

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

6

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

6

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

6

50

30

Teleformación

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (LibreOffice Impress)

6

50

30

Teleformación

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)

2

50

30

Teleformación

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)

5

50

30

Teleformación

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

2

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

2

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

2

50

30

Teleformación

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)

2

50

30

Teleformación

Probas de avaliación de carácter libre do Plan formativo ofimático de Galicia

30

3.000

190

--

Formación en competencias específicas

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Xestión de instrumentos e programas de contabilidade empregados en turismo de Galicia

1

25

15

Presencial

Novas tecnoloxías aplicadas ao turismo

1

25

10

Presencial

Desenvolvemento de áreas e produtos turísticos

1

25

25

Presencial

Normativa turística e inspección turística

1

25

25

Presencial

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Administración remota do posto de traballo corporativo

1

20

30

Presencial

Plataformas SOA (arquitectura orientada a servizos) na Xunta de Galicia

1

20

50

Mixta

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Rexistro e información administrativa

7

20

20

Presencial

Condución segura

1

16

9

Presencial

Actualización en materia de tráfico e seguridade viaria

2

15

12

Presencial

Actualización en pericia de familia: o reto da custodia compartida

1

25

12

Presencial

Habilidades e recursos para a xestión e avaliación da calidade dos servizos públicos

1

25

30

Presencial

Transparencia e acceso á información pública

1

30

18

Presencial

O teletraballo no sector público autonómico de Galicia

2

30

6

Presencial

Secretaría Xeral da Igualdade

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Violencia de xénero

1

25

21

Presencial

Violencia de xénero e mulleres con discapacidade

2

50

30

Teleformación

Abordaxe integral da violencia de xénero

1

30

20

Presencial

Formación básica en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

1

25

21

Presencial

Igualdade de xénero: perspectiva xurídica

1

25

21

Presencial

A trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a nova escravitude do século XXI

1

25

21

Presencial

Xénero e políticas públicas. Os orzamentos con perspectiva de xénero

1

25

30

Presencial

Asesoría Xurídica Xeral

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Os defectos do procedemento administrativo e o seu reflexo na xurisdición contencioso-administrativa

1

25

21

Presencial

Aspectos prácticos sobre a incidencia da Lei 14/2013, de racionalización do sector público autonómico

1

20

15

Presencial

A distribución de competencias: en especial, unidade de mercado

1

20

12

Presencial

A xestión do persoal laboral nas administracións públicas. A ordenación da prestación laboral

1

20

15

Presencial

As administracións públicas en época de crise

1

20

15

Presencial

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Básico en prevención de riscos laborais

4

50

50

Teleformación

Os primeiros auxilios

4

50

20

Teleformación

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

4

50

15

Teleformación

Prevención de riscos laborais para o persoal responsable dos centros de traballo da Xunta de Galicia

1

25

15

Presencial

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

4

25

12

Presencial

Consellería de Facenda

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Feder: o período de programación 2014-2020

2

30

30

Presencial

Curso práctico de xestión orzamentaria

1

25

50

Presencial

FSE: o período de programación 2014-2020

2

30

30

Presencial

Elaboración dos orzamentos no Sistema de Información Orzamentario

1

15

21

Presencial

O Programa operativo de emprego xuvenil

1

30

30

Presencial

Certificación de Feder e FSE no Sistema de Información Fondos1420

2

15

12

Presencial

O Sistema de Información de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia

1

15

21

Presencial

Cálculos estatísticos básicos co software libre R

1

50

30

Teleformación

Xeito Alis (axuda á liquidación do imposto de sucesións)

1

15

12

Presencial

Xumco2. Principios básicos e funcionamento

1

15

12

Presencial

Xumco2. Usuario avanzado

1

15

15

Presencial

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Lexislación transversal no planeamento urbanístico

1

35

30

Presencial

Responsabilidade ambiental. Aplicación en Galicia

1

30

20

Presencial

O control no uso do solo

1

25

35

Presencial

Conservación e explotación de estradas

1

40

30

Presencial

Consellería de Economía e Industria

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Accidentes graves. Directiva Seveso

1

25

20

Presencial

Seguridade en máquinas e marcación CE

1

25

20

Presencial

Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias (RD 842/2002, do 2 de agosto)

1

30

35

Presencial

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Realización de titoriais e presentacións en vídeo para xestores da información

1

25

24

Presencial

Internet e as novas tecnoloxías dixitais para bibliotecas: linguaxes, esquemas, normativas e directrices

1

25

12

Presencial

Educación

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Xestión da aplicación informática do persoal docente

2

25

24

Presencial

Xestión académica e administrativa nos centros de educación non universitarios a través de Xade

2

50

30

Teleformación

Prevención e coidados especiais en materia de saúde desde os centros de ensinanza

1

25

20

Presencial

Mellorando a convivencia nos centros de ensinanza: atención e coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

1

25

20

Presencial

Atención educativa e coidado do alumnado con necesidades derivadas do trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH)

1

25

20

Presencial

Consellería de Traballo e Benestar

Traballo

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Evolución tecnolóxica e novidades de xestión no Servizo Público de Emprego de Galicia para o ano 2015

5

20

24

Presencial

Os rexistros de cooperativas e doutras entidades de economía social

1

35

30

Presencial

Fotografía pericial: investigación de sinistralidade laboral

1

25

24

Presencial

Benestar

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Módulo de cálculo económico na plataforma do Sistema de Información Galego de Atención á Dependencia

2

20

8

Presencial

O dereito da persoa adoptada a coñecer as súas orixes

1

35

20

Presencial

Detección e intervención ante situacións de maltrato de persoas maiores e/ou con discapacidade

1

25

20

Presencial

Deterioración cognitiva. Pautas de comunicación e actitudes para o manexo de situacións conflitivas

1

25

12

Presencial

A reincidencia: medida o risco da reincidencia

1

25

20

Presencial

Aplicación informática de soporte ao procedemento de valoración e recoñecemento do grao de discapacidades: novas funcionalidades

1

30

12

Presencial

Formación básica en normas de accesibilidade universal

1

25

30

Presencial

Consellería do Medio Rural e do Mar

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Claves do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020

1

30

20

Presencial

Aplicación de ferramentas de medición e de sistemas de información xeográfica (SIX)

2

25

30

Presencial

Aplicacións de sistemas de información xeográfica: ARCGIS

4

30

20

Presencial

Formación de inspectores de sanidade vexetal

1

25

30

Presencial

Formación para a divulgación da prevención de incendios forestais

1

50

30

Teleformación

Etiquetaxe dos produtos alimentarios. Entrada en vigor do Regulamento UE 1169/2011

1

30

25

Presencial

A Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia - texto consolidado

1

50

30

Teleformación

Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia

1

50

30

Teleformación

Cursos da Administración local
Réxime xurídico e xestión das entidades locais

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Lei de garantía dos servizos públicos

1

25

15

Presencial

Fórmulas de cooperación na xestión de subvencións nos concellos de Galicia

1

25

15

Presencial

Constitución e disolución de consorcios e mancomunidades en Galicia

1

25

20

Presencial

Disolución e constitución de corporacións locais tras o proceso electoral

1

25

15

Presencial

A aplicación da Lei de transparencia nas entidades locais

1

25

15

Presencial

A aplicación en Galicia da Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local

1

25

15

Presencial

Liquidación práctica dos tributos locais de Galicia

1

20

15

Presencial

A nova instrución de contabilidade local: especial referencia ás contas anuais

1

25

20

Presencial

Racionalización de recursos humanos na Administración local

1

25

25

Presencial

Xestión patrimonial nas entidades locais

1

25

30

Presencial

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia

1

25

15

Presencial

Fiscalización de subvencións

1

25

25

Presencial

A función consultiva para a Administración local

1

25

20

Presencial

A función de control e inspección urbanística nos pequenos municipios

1

25

25

Presencial

A contratación pública local. Fiscalización e xestión da contratación menor e negociada de pequenos concellos

1

25

30

Presencial

Os orzamentos das entidades locais. Informes de viabilidade e regra de gasto

1

25

25

Presencial

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Técnicas de coaching para a xestión do cambio nas entidades locais

1

25

25

Presencial

Técnicas elementais de arquivos

1

50

25

Teleformación

Información e atención ao cidadán

1

50

25

Teleformación

Negociación e traballo en equipo

1

35

25

Mixta

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

1

50

18

Teleformación

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

1

50

20

Teleformación

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

1

50

15

Teleformación

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Contratación electrónica no ámbito local

1

25

25

Presencial

Adaptación dos concellos á Lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos

1

50

40

Mixta

Certificado dixital

1

50

30

Teleformación

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

1

50

25

Teleformación

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

1

50

25

Teleformación

Plan formativo ofimático de Galicia

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

1

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

1

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

1

50

30

Teleformación

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)

1

50

30

Teleformación

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)

1

50

30

Teleformación

Cursos da Administración de xustiza

Itinerarios formativos

Civil

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Modulo I. Execución civil: disposicións xerais

2

50

25

Teleformación

Modulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria

2

50

25

Teleformación

Modulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais

2

50

25

Teleformación

Social

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Módulo I. Lexislación social I

2

50

25

Teleformación

Modulo II. Lexislación social II

2

50

25

Teleformación

Modulo III. A execución no proceso laboral

2

50

25

Teleformación

Contencioso

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Módulo I. Contencioso

2

50

25

Teleformación

Módulo II. Contencioso

2

50

25

Teleformación

Penal

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Módulo I. Xulgados de garda e xulgados de instrución. Xestión do servizo de garda

2

50

30

Teleformación

Módulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación

2

50

30

Teleformación

Módulo III. Execución penal. Análise das normas de aplicación. Guías de tramitación

2

50

25

Teleformación

Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

O uso das tecnoloxías da información e da comunicación na Administración de xustiza (Lei 18/2011)

2

50

25

Teleformación

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (OpenOffice)

1

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (OpenOffice)

1

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (OpenOffice)

1

50

30

Teleformación

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (OpenOffice)

1

50

30

Teleformación

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

1

50

30

Teleformación

Coñecementos transversais

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Básico de prevención de riscos laborais

1

50

30

Teleformación

Protección de datos

2

50

25

Teleformación

Medicina forense

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Biomecánica dos accidentes de tráfico: análise pormenorizado da escordadura cervical

1

30

12

Presencial

Curso práctico de fotografía forense: usos en clínica e patoloxía médico legal

1

30

12

Presencial

Cursos das universidades galegas

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Estatuto básico do empregado público

1

50

25

Teleformación

Procedemento administrativo

1

50

25

Teleformación

Nocións básicas de contabilidade pública

1

50

20

Teleformación

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

1

50

24

Teleformación

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

1

50

18

Teleformación

Negociación e traballo en equipo

1

35

25

Mixta

Información e atención ao cidadán

1

50

25

Teleformación

Técnicas elementais de arquivos

1

50

25

Teleformación

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

1

50

30

Teleformación

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

1

50

15

Teleformación

Habilidades pre-directivas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Perfeccionamento de xefatura de negociado

1

50

80

Teleformación

Perfeccionamento de xefatura de sección

1

50

120

Teleformación

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

1

50

25

Teleformación

Certificado dixital

1

50

25

Teleformación

Programa de autoformación

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa

1

100

25

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

1

100

25

Cambio e motivación nas organizacións

1

100

15

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos

1

100

20

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación

1

100

20

Responsabilidade patrimonial da Administración pública

1

100

25

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

1

100

15

Portal de idiomas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Lingua inglesa (básico)

1

50

80

Teleformación

Plan formativo ofimático de Galicia

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Modalidade

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

1

50

30

Teleformación

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

1

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas de bases de datos (Microsoft Office 2010)

1

50

50

Teleformación

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)

1

50

30

Teleformación

Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)

1

50

30

Teleformación

Nota aclaratoria: o número de prazas consignado nas táboas corresponde a cada unha das edicións programadas, agás no portal de idiomas dos cursos da Administración autonómica, en que se recolle o número total de prazas previstas para todas as edicións.