Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4336

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da Policía local dos concellos de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2015 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor na súa xuntanza do 23 de decembro de 2014, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2015, cuxas bases, características e contido se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 26 de xaneiro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que estean en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que de producirse esta situación os/as interesados deberán comunicalo á Agasp de xeito inmediato. No caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp durante un ano contado desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, e no caso de estar realizando efectivamente un curso non se emitirá diploma ningún do mesmo.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando esta se producise por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

No caso de quedar prazas vacantes, poderá acceder aos cursos persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es) e non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de encontrarse nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso se tal documentación xa consta en poder da Agasp; neste caso deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o cal presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22), por correo electrónico (formación.agasp@xunta.es) ou de acordo co establecido no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a seguir se indican, sen prexuízo de que en cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas con, polo menos, 10 días naturais antes do inicio de cada curso.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publicación.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Todos aqueles que non figuren na relación non foron seleccionados, ben por que ocupan un posto máis afastado na listaxe de reservas, ben por que foron excluídos por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto no artigo 59.6.b) da LRXPAC.

A Agasp resérvase o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas ou necesidades do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo/a xefe/a do corpo da Policía local do concello en que traballe ou persoa responsable del.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os seus motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que convoque o Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e en que a persoa figurase como posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que, polo menos, teñan a mesma carga horaria do curso polo que foi penalizada.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, e poderán realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma. No caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior. En todo caso, para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin certificado acreditativo ningún.

3. O alumnado que solicite cursos na modalidade de teleformación deberá dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

a) Ordenador con conexión á internet.

b) Calquera navegador web co plugin de flash.

c) Sistema operativo Windows 7.

No caso dos cursos de teleformación de contido informático, o/a alumno/a deberá posuír o programa informático do que se vai impartir o curso, non será xustificación suficiente de renuncia do curso unha vez seleccionado non posuílo e tal circunstancia será penalizada coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde a data da renuncia.

Sexta. Certificación

1. Para poder superar os cursos o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao finalizar estes.

2. No caso dos cursos de teleformación ou mixtos, para poder superalos é obrigatorio cumprir os seguintes requisitos:

a) Asistencia ás sesións presenciais que se determinen.

b) Correcta realización das actividades que o/a titor/a propoña no prazo que se determine.

c) Lectura detallada dos contidos do curso.

d) Superación das probas finais que se establezan e que se realizarán sempre nunha sesión presencial na Agasp.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Data de comezo

Data de remate

Obs.

151009

Educación viaria: taller de deseño de recursos didácticos

20

20

26.5.2015

9.6.2015

Teñen preferencia aqueles que acrediten que fan labores de educación viaria nos seus concellos

151010

Básico de control de mercadorías perigosas e actuación en accidente

25

20

17.3.2014

27.3.2015

151011

O tacógrafo analóxico

25

16

8.6.2015

16.6.2015

151012

Detección de drogas na condución

25

15

16.3.2015

17.3.2015

151013

Condución de motocicletas

16

8

5.5.2015

5.5.2015

151014

Condución evasiva

20

8

12.5.2015

12.5.2015

151015

Condución de vehículos en servizo de urxencia

15

16

2.6.2015

3.6.2015

151016

Básico de investigación de accidentes de tráfico. A toma de datos

25

25

16.3.2015

25.3.2015

151017

Operadores de radar

20

20

3.3.2015

5.3.2015

Precísase que o concello teña asinado convenio coa DXT

151042

Operadores de radar

20

20

21.4.2015

23.4.2015

Precísase que o concello teña asinado convenio coa DXT

151018

Falsidade documental en materia de tráfico

25

20

9.3.2015

11.3.2015

151019

Aplicación e páxinas web de comprobación en materia de tráfico

25

20

7.4.2015

9.4.2015

Requírese ter realizado o curso de falsidade documental en materia de tráfico

151020

Casuística dos delitos contra a seguridade viaria: aspectos prácticos, modelos. Dilixencias

20

25

13.5.2015

27.5.2015

151021

Comunicación de malas novas

20

16

25.3.2015

26.3.2015

151043

Comunicación de malas novas

20

16

27.5.2015

28.5.2015

151022

Habilidades sociais en situacións de estrés

30

20

27.4.2015

29.4.2015

151023

Aspectos psicolóxicos en mulleres vítimas de violencia de xénero

30

20

10.3.2015

12.3.2015

151044

Aspectos psicolóxicos en mulleres vítimas de violencia de xénero

30

20

15.4.2015

17.4.2015

151024

Condutas predelitivas de menores

30

16

28.4.2015

29.4.2015

151025

Grafopsicoloxía

15

40

11.3.2015

6.4.2015

151026

Grafopsicoloxía criminolóxica

25

65

15.4.2015

3.6.2015

151027

Habilidades de comunicación e interacción con nenos e adolescentes en situacións de desamparo

20

12

3.6.2015

4.6.2015

151029

Policía administrativa de seguridade cidadá

25

20

26.5.2015

28.5.2015

151030

Control de ocio nocturno e/ou xuvenil

25

20

28.4.2015

30.4.2015

151031

Ambiente: urbanismo

25

20

4.3.2015

6.3.2015

151032

Ambiente: protección do patrimonio

30

8

16.4.2015

16.4.2015

151052

Ambiente: protección do patrimonio

30

8

26.3.2015

26.3.2015

151033

Básico de medición de ruídos

20

8

151047

Básico de medición de ruídos

20

8

151034

Avanzado de medición de ruídos

20

16

Require ter feito o básico

151048

Avanzado de medición de ruídos

20

16

Require ter feito o básico

151035

A inspección ocular

25

16

22.4.2015

23.4.2015

151036

Intervención policial con graffiti

25

8

9.3.2015

9.3.2015

151051

Intervención policial con graffiti

25

8

13.4.2015

13.4.2015

151037

Intervención policial con vehículos

20

20

25.3.2015

27.3.2015

151038

Básico no uso e manexo do bastón policial extensible

20

12

9.4.2015

23.4.2015

151039

Intervención en inmobles

16

20

24.2.2015

5.3.2015

151050

Intervención en inmobles

16

20

24.2.2015

5.3.2015

151040

Básico de formación en seguridade e destreza no manexo da arma de fogo regulamentaria

16

20

6.4.2015

9.4.2015

151053

Avanzado en formación en seguridade e destreza no manexo da arma de fogo regulamentaria

9

20

26.5.2015

29.5.2015

Require ter feito o básico

151054

Básico de técnicas de tiro policial para a protección

20

8

20.4.2015

27.4.2015

151055

Avanzado de técnicas de tiro policial para a protección

16

12

11.5.2015

25.5.2015

Require ter feito o básico

151056

Tiro policial en situacións de estrés

12

12

8.6.2015

9.6.2015

Requírese ter realizado o curso avanzado no manexo de armas

151057

Introdución á linguaxe de signos

16

20

17.4.2015

28.4.2015

151058

Técnicas de fotografía aplicadas á función policial

20

20

10.6.2015

12.6.2015

151059

Iniciación aos sistemas de información xeográfica para o tratamento de datos policiais: gvSIG I

50

55

16.3.2015

15.5.2015

Teleformación

151060

Aplicacións web relacionadas coa información espacial para o tratamento de datos policiais

50

50

20.4.2015

19.6.2015

Teleformación