Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4838

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de publicación de extracto de convocatoria de prazas.

No Boletín Oficial da provincia nº 16, do 26 de xaneiro de 2015, publicáronse as bases dun proceso selectivo convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para prover a seguinte praza:

– Unha praza de técnico medio en Administración especial, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2015

Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada