Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2015/20).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE número 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: ADIF Alta Velocidad.

Domicilio social: Sor Ángela da Cruz, 3, planta 9, 28020 Madrid.

Denominación: acometida de liña eléctrica 220 kV, dobre circuíto á subestación de tracción Osebe do eixe atlántico de alta velocidade Vigo-A Coruña.

Situación: concellos de Santiago de Compostela e Ames.

Características técnicas: acometida de liña eléctrica 220 kV dobre circuíto a subestación de tracción Osebe do eixe atlántico de alta velocidade Vigo-A Coruña, con inicio na subestación Santiago, propiedade de rede eléctrica e remate na subestación de tracción Osebe (expte. IN407A 2014/215) do AVE Vigo-A Coruña. Trazado soterrado na súa totalidade, dous circuítos, 2.046 m para o circuíto 1 e 2.036 m para o circuíto 2, en cable RHZ-2OL 127/220 kV de 630 mm2 Al, con capacidade de transporte de 111 mVA por circuíto.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña